FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Difusión da experiencia PIALE en Canadá
Na mañá do pasado 21/12/23, o noso compañeiro do Departamento de Matemáticas, Fabio González, ofreceunos unha presentación sobre da súa estadía na cidade de Toronto, dentro do marco do programa PIALE, para a mellora de competencias lingüísticas do profesorado galego.
Ante a presencia dunhas doce docentes e corenta alumnas e alumnos, explicounos a súa integración no instituto canadense Forest Hill Collegiate Institute e as súas impresións sobre o sistema educativo da provincia de Ontario e o modo de vida na devandita metrópole.
Ademais, dentro do contexto de internacionalización no que está encadrado o IES de Mugardos, animounos a participar neste tipo de iniciativas de inmersión, polas riqueza achegada neste tipo de experiencias con estudantado e docentes doutros países.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
PIALE-Divulgación_IES_Mugardos-FGE.pdf | 6.59 MB |