Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

TIK TOK TRATA con MABEL LOZANO

Unha cousa quedounos clara esta semana na campaña de TIK TOK Trata de Mabel Lozano: a trata non é un problema, é un delito. Un delito que se exerce contras as mulleres en situación de alta vulnerabilidade. 

A prostitución é un negocio lucrativo que non se aloxa unicamente en burdeles como hai décadas, hoxe en día instálase en pisos máis difíciles de controlar e, sobre todo, nas redes sociais. 

Ningunha muller quere ser prostituída (si, prostituída, non prostituta, a linguaxe sempre é importante). Todas as persoas queremos ser felices. Ise é o noso motor principal. Cada quen procura a felicidade ao seu xeito. Pero incluso as mulleres que escollen nun primeiro momento ser prostituídas, o fan porque teñen unha necesidade urxente e de tipo económico que as empurra a isto. Poden elexir entrar, si, pero non elixen o cárcere de explotación no que se convirte a súa vida e que as destrúe chegando, con moita frecuencia, ao suicidio.

As mulleres prostituídas son silenciadas, non teñen nome, o mundo as xulga sen coñecer o maltrato ao que están expostas. Os seus verdugos son simplemente proxenetas para o resto do mundo, non delicuentes, e consiguen que outras persoas sexan cooperantes necesarios nunha cadea de maltrato.

As violacións, as palizas, o maltrato psicolóxico que as anula, as xornadas agotadoras que so deixan tempo para o descanso mínimo, a situación de soidade e reixeitamento da sociedade, as ameazas a familiares, as débedas, e mesmo o asasinato, fan que as mulleres prostituídas non denuncien nunca. Aprenden a non defenderse, a calar, a non contar. Impactante, non? Urxe cambiar a mirada, urxe actuar. Se somos cómplices de algo que sexa da xustiza social, se somos cómplices de alguén que sexa das mulleres vítimas da trata.

Mabel deunos a coñecer varios documentais entre os que se encontraba o seu premiado documental Biografía do cadáver dunha muller, para contarnos todo esto. Alertou ás rapazas das estratexias moi estudadas dos proxenetas nas redes, dos boots que case seguro recibides unha gran parte, do risco de responder. Lembrade, buscarán namorarvos, prestarvos a atención que igual non tendes, facervos sentir especiais. Fixo conscientes a rapazas e tamén a rapaces de como se move este mundo tan oscuro e cheo de maltrato ás mulleres.

Falamos de Onlyfans, plataforma moi coñecida polos adolescentes e tamén por adultos. Onlyfans é a antesala perfecta da prostitución para normalizar e propiciar a mercadoría dos corpos entre a xente máis nova. Estades máis expostos que xeracións anteriores pero como ben dixeron os compañeiros e compañeiras cando presentaron a Mabel:

Sodes a xeración que pode cambialo todo.

Sodes a xeración que pode parar a trata e a prostitución. 

Sodes a xeración que pode romper o teito de cristal. 

Sodes a xeración que pode recoñecer o camiño percorrido.

Sodes a xeración que pode acompañar ás mulleres vulnerables, olvidadas.

Sodes a xeración que pode actuar de forma responsable e construír un mundo mellor, respectuoso, xusto, equitativo.

Sodes a xeneración de rapaces e rapazas pola igualdade!!.

Rematamos a sesión cunha pequena entrevista na biblio co equipo da radio que se estreará polo 25 N, e cun agasallo floral do alumnado de FP que moito gustou a Mabel. E rematamos tamén cunha promesa, Mabel volverá a Mugardos porque quedou prendada da xente e o pobo.

Ata a seguinte Mabel, grazas por todo o que nos ensinaches. Moita sorte nos próximos Goya para os que volves a estar nominada!