Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Obradoiro "Cambio climático no prato"

O alumnado de FP Básica asistiu este martes ao obradoiro de cociña sustentablee, impartido polo chef Alejandro Iglesias coa finalidade de concienciar sobre o cambio climático. Ao longo de dúas sesións, cociñaron tres pratos: salpicón de polbo e fabas con ovo encurtido, polbo asado con pataca e cebola e de sobremesa, torrada de coco e chocolate branco con toffe. Todo iso aderezado de boas explicacións e prácticas de baixo consumo enerxético, produtos de proximidade... Abofé que o resultado estaba saboroso!!!

A actividade estivo organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade solicitada polo Concello de Mugardos.