FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Ciclos Básicos: Agroxardinería e composicións florais
Sabías que a FP ten máis grados que o medio e o superior? Pois si, temos ademáis os ciclos básicos, e os cursos de especialización (másters de FP).
Nesta ocasións imos centrarnos nos Ciclos da Formación Profesional FP Básica. Lonxe do que pensa moita xente, non son unha medida de atención á diversidade, son un itinerario diferente á ESO que permite conseguir: o título da ESO, un título profesional básico, e o nivel básico de riscos laborais. Se as aulas da ESO non se axustan ás túas necesidades, esta pode ser a túa opción. Para cursala, iso si, precisas ser orientada/o polo equipo docente hacia este itinerario.
Tes unha oferta variada na comarca que poderás atopar neste enlace:https://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10228. No noso centro contamos cun ciclo vinculado coa natureza, con alta empregabilidade e con posibilidades de ampliar estudos: podes cursar un ciclo medio, un superior e incluso un grao univesitario (Paisaxismo). Se non queres continuar nesta familia profesional, non tes problema en solicitar praza noutra familias diferente. Como podes ver as ventaxas son moitas!
Déixovos este folletiño coa información mási destacada, espero que sexa do voso interese:
Copia de FPB ACCESO A CURSO 22-23 de Piensosiento Soy