FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Torneo XOGADE de fútbol sala fenimino
Enviado por pcanteroc o Dom, 22/01/2023 - 13:08
O xoves 19 de xaneiro tivo lugar o comezo do torneo feminino de fútbol sala organizado polo programa XOGADE. As nosas rapazas competían nos cursos de primeiro e segundo da ESO formando dous equipos con mestura de idades. As alumnas do IES Mugardos estiveron practicando e formando equipo durante as semanas previas aproveitando os recreos para xogar ao fútbol no pavillón. Nestes momentos foron coñecéndose e formando amizades. Chegou o día, a primeira sede foi no CPI Plurilingüe Virxe da Cela en Monfero. Durante a viaxe en autobús ata o instituto as alumnas aproveitaron para ir quentando...a voz. Un concerto en homenaxe a Shakira cantando todos os seus temas especialmente o tema dedicado a Piqué...notábase o bo ambiente entre as nenas e as gañas de falar de fútbol. Unha vez no pavillón do instituto as nosas rapazas abriron o torneo xogando elas. A entrega, as ganas de xogar e as caras de felicidade deixaban clara a ilusión que tiñan por participar neste evento. Os resultados son o de menos xa que o obxectivo era fomentar o deporte feminino e forxar amizades entre elas, aínda así gañáronse varios partidos polo bo facer das alumnas. Quedamos á espera do seguinte evento que enfrontará ás alumnas do IES Mugardos coas alumnas do IES As Mariñas de Betanzos e do IES Breamo de Pontedeume. Ata o momento gran ambiente e moi bos recordos os vividos, oxalá este tipo de eventos expándase e a todos “nos salpique”. |