FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Actividade "Chicas nuevas 24 horas"
O alumnado de 1.º bacharelato e 4.º ESO participaron esta semana na actividade "Chicas nuevas 24 horas". Trátase dun proxecto baseado no documental da realizadora Mabel Lozano que denuncia o rendible "negocio" xerado pola compra e venda de mulleres para a súa explotación sexual.
Ao longo de tres sesións guiadas pola especialista Carlota Díaz, cada grupo realizou en primeiro lugar unha visita guiada da exposición fotográfica disposta no corredor do centro. De seguido, procédese á proxección autorizada do documental e remata cun obradoiro de traballo en grupo e reflexións.
A actividade, impulsada pola Secretaría Xeral da Igualdade, está encamiñada cara á concienciación por parte especial da mocidade para a desaparición da demanda de servizos sexuais.