FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Samaín 2022
Este ano é terrorífico: temos monstros nas catedrais, cabazas peregrinas, cemiterios de peregrinos e a visita da Santa Compaña
Monstros nas catedrais O Camiño de Santiago conta con innumerables construccións románicas nas que escultura e pintura cumprían dúas funcións: decorar e instruir. Nun mundo cheo de analfabetos a imaxe cumpre un rol básico: é o xeito de transmitir as ensinanzas da Igrexa, indicando aos fieis cal é o camiño a seguir para acadar a salvación. Aos visitantes de igrexas e catedrais lembrábaselles con imaxes máis ou menos terroríficas a volta de Cristo á Terra e o xuizo que fará a vivos e mortos, os castigos reservados aos pecadores e os horrores do inferno |
||
Cabazas peregrinas As gañadoras do concurso foron Nuria D. e Mishelle C. Presentaron unhas cabazas que chegaron a Compostela despois de facer o camiño inglés máis dificultoso que ninguén poida imaxinar. Un camiño cheo de desgrazas e desventuras que deixaron a súa pegada nestas pobres cabazas. |
||
|
Cemiterios de peregrinos Na Idade Media o Camiño de Santiago era moi perigoso e moitos peregrinos morreron antes de chegar a Compostela. O alumnado de 3 ESO analiza eses perigos e sitúa no mapa antigos cemiterios nos que moitos peregrinos descansan para siempre. |