FAMILIAS - ANPA O Castro
|
DESPEDIDA E PECHE...ESCAPE ROOM E DEPORTE PARA DESPEDIR O ANO
Onte 21 de decembro puxemos punto e seguido a esta incerta andaina que nos toca seguir no curso 2021-22. Fomos librando moi ben do bichiño durante todo o trimestre e tocaba celebralo...con sentidiño.
Empezamos a mañá cunhas pachanguiñas de baloncesto co incentivo de ver en acción a parte do profesorado.
O resultado é o de menos pero aparte de pasalo estupendamente descubrimos que a sección feminina xa non ten nada que envexar aos rapaces...pasáronlles por riba ja ja.
Despois dunha horiña de xogo, algúns (enténdase profes) xa pedían papas. Chegaba o momento de descansar un pouco e comezar a actividade estrela do día: un "escape room" masivo que poría a proba a capacidade do alumnado para botar man do inxenio e os coñecementos adquiridos durante estes 3 meses.
Participaron todas as clases, que durante máis de 2 horas trataron de resolver as preguntas, acertixos, adiviñanzas...que parte do profesorado preparou para eles.
Non podíamos deixar pasar a oportunidade de darlle a noraboa ao alumnado de teatro de 2ºBAC que foi o encargado de montar garda na porta de cada clase atendendo as dúbidas e respostas dos compañeiros e facendo que todo transcorrese segundo o previsto. Impresionante o "atrezzo" digno das mellores películas de Hollywood ;-)
Aínda que todo é susceptible que ser analizado desde moitos puntos de vista...creemos que foi todo un éxito que non cae en saco roto para o futuro.
A clase de 4ºESO B resultou a gañadora
A canción do pirata de josé de Espronceda (Non podía ser doutro xeito) foi a chave para reolver o misterio...
Noraboa a todos os que dalgunha maneira (participando, axudando...) levaron adiante esta iniciativa do equipo directivo que cristalizou nunha bonita experiencia.
Xa non quedaba moita mañá por diante pero para poñerlle o broche de ouro alá fomos de novo parte do profesorado para enfrontarnos, desta volta en futbol, contra oa animosos alumnos. O resultado foi marabilloso xa que ningún dos docentes acabou sendo atendido polos servizos médicos e non houbo que lamentar baixas salientables.
Agora o que toca é descansar e coller ánimos para a volta e seguir alerta contra a COVID que parece empeñada en non darnos tregua.
Podedes ver nos arquivos anexos algunha imaxe mais do día. Bo Nadal a todos.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
P1480167.JPG | 355.05 KB |
P1480172.jpg | 185.18 KB |
P1480174.JPG | 297.57 KB |
P1480176.JPG | 300.05 KB |
P1480188.JPG | 246.43 KB |
P1480190.JPG | 258.93 KB |
P1480194.JPG | 268.09 KB |
P1480191.JPG | 280.32 KB |
P1480196.JPG | 288.8 KB |
P1480219.JPG | 245.92 KB |
P1480225.JPG | 453.25 KB |
P1480227.JPG | 188.8 KB |
P1480232.JPG | 442.19 KB |
P1480235.JPG | 353.76 KB |
P1480247.JPG | 347.69 KB |
P1480252.JPG | 403.01 KB |
P1480260.JPG | 403.29 KB |
P1480257.JPG | 368 KB |
P1480270.JPG | 221.62 KB |