FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Actividade no Club de Remo de Mugardos
Na semana do 7 ao 11 de xuño, todo o alumnado do IES Mugardos tivo a oportunidade e participar nunha actividade de promoción do Club de Remo de Mugardos. As sesións resultaron dunha colaboración entre o departamento de Educación Física e o club local, que tivo a ben dispoñer das embarcacións e dos monitores para realizar unha actividade ao aire libre, con todas as medidas de seguridade e de balde.
Os rapaces e rapazas puideron comprobar coma o esforzo é ineludible neste deporte, no que o adestramento é moi esixente pero a perseverancia da os seus froitos.
Unhas xornadas distintas para esquecer este curso tan duro que a rapazada superou con tanto ánimo. Parabéns a todos e todas!
Ao longo das segunda semana de xuño, todo o alumnado da ESO baixou á ribeira para realizar unha actividade práctica de coñecemento do remo. Grazas ao Club de Remo de Mugardos por abrir as súas portas aos centros educativos.
Para todas as familias animamos a seguir con esta toma de contacto cos deportes do mar coa inscrición na Escola de verán.