FAMILIAS - ANPA O Castro
|
O papel da muller na ciencia e na tecnoloxía.
O papel de muller no mundo da ciencia e da tecnoloxía estivo, ata o de agora, oculto e infravalorado pola humanidade. Sen embargo, houbo, hai (e seguirá habendo) no mundo grandes investigadoras e científicas das cales pouco se sabe. Entre elas, cabe citar os casos de Marie Curie, Ada Lovelace, Mary Anderson ou Ángela Ruiz Robles.
É tarefa de todos darlle visibilidade ao seu traballo. O alumnado de TIC de 4º ESO púxose mans á obra na primeira avaliación, investigando sobre a vida e os descubrimentos e inventos destas e doutras mulleres científicas e inventoras, creando unha presentación multimedia sobre o tema.
A continuación amósanse, en formato pdf, algúns dos traballos realizados polo alumnado.