FAMILIAS - ANPA O Castro
|
De viaxe con Erasmus+ (Formación do profesorado)
O profesor de Xeografía e Historia Miguel García Valencia viaxará a próxima semana a Oxford para participar nun interesante curso que leva como título "Developing Problem Solving and Critical Thinking Skills in the classroom".
O programa ten como obxectivo apoiar aos docentes de todas as materias para desenvolveren no seus alumnos/as a capacidade de pensar por si mesmos/as, as habilidades do pensamento lateral, o razoamento verbal e non verbal e a análise crítica.
Esta actividade está incluída no proxecto ERASMUS+ aprobado pola Unión Europea para a formación profesional do claustro do IES de Mugardos e a mellora da competencia lingüística. Ao longo de dous cursos académicos, realizaremos máis de vinte mobilidades polo vello continente, desde Finlandia a Malta (xa realizadas) ou do Reino Unido a Chipre ou Portugal por citar as viaxes previstas para este curso por diferentes representantes do claustro do IES de Mugardos.
Podemos seguir as mobilidades no blog https://concuidadocontienen.blogspot.com/
Boa viaxe, Miguel V.