FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Visita da escritora Antía Yáñez
Enviado por Serafín o Mér, 20/03/2019 - 09:52
Este mércores, 20 de marzo, visitounos a escritora ANTÍA YÁÑEZ para analizar e comentar co alumnado as súas dúas obras: O misterio de Portomarín, cos lectores de 1.º ESO; e Senlleiras, cos de 2.º de bacharelato. Os encontros coa autora desenvolvéronse na biblioteca con atención e moita participación dos lectores/as. Ao final das sesións, tamén asinou numerosos exemplares.
E ti, aínda non coñeces a ANTÍA YÁÑEZ? Deixámosvos co booktrailler realizado polos lectores máis novos do instituto: