FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Entrega do equipamento E-dixgal (1.º e 2º. ESO)
Enviado por admin o Sáb, 23/06/2018 - 12:14
Información sobre a xestión do equipamento E-dixgal
ALUMNADO SEN OBRIGA DE ENTREGA
- Alumnado de 1.º ESO que aproba todo en xuño e promociona o vindeiro curso para 2.º ESO. Neste caso poderán dispoñer do equipo durante o período estival, facéndose cargo de todos os elementos e incorporándose ao próximo curso co material limpo e en perfectas condicións.
As familias que o desexen tamén poden depositar o equipo no centro ata o comezo do curso 2018-2019, pero deberán asinar o documento de devolución (ANEXO) - Alumnado de 1.º e 2.º ESO con materias pendentes para a convocatoria de setembro.
ALUMNADO CON OBRIGA DE ENTREGA EN XUÑO
- Alumnado que non vaia cursar estudos no centro o vindeiro curso e non teña que examinarse en setembro.O
- Alumnado de 2.º ESO que aproba todas as materias E-Dixgal.
Deberán entregar o equipo (limpo e co seu correspondente maletín, cargador e punteiro) no centro durante a semana do 25 ao 30 de xuño e asinar o documento de entrega:
ANEXO: Devolución material E-Dixgal
ALUMNADO CON OBRIGA DE ENTREGA EN SETEMBRO
- Alumnado que pasa para 3.º ESO e acode á convocatoria de setembro.
Deberán entregar o equipo (limpo e co seu correspondente maletín, cargador e punteiro) no centro antes do 7 de setembro e asinar o documento de entrega.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Devolución E-Dixgal 1.º e 2º ESO.pdf | 103.82 KB |