FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Ampliación da oferta educativa: CICLO DE FP BÁSICA
O Diario Oficial de Galicia publica no día de hoxe a ORDE do 14 de xuño de 2017 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2017/18 na que se recolle a ampliación da oferta educativa do IES de Mugardos coa autorización para impartir un ciclo formatito de Formación Profesional Básica de "Agroxardinaría e composicións florais" en réxime de estudos presenciais.
Desde a dirección do centro queremos manifestar o noso recoñecemento á Consellería de Educación pola aprobación desta demanda do noso Consello Escolar. Asemade, de xeito especial, agradecemos o apoio constante e colaboración imprescindible do Concello de Mugardos e Grupos Municipais para a tramitación e consecución deste proxecto.
Agroxardinaría e composicións florais Que se aprende a facer? En que ámbitos se traballa? Están, ademais, capacitadas para realizar tratamentos praguicidas de nivel básico, segundo a actividade regulada pola normativa correspondente. Que ocupacións desempeñan? |
Adxunto | Tamaño |
---|---|
FPBásica.pdf | 401.84 KB |