FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Club de lectura (adultos). Visita á casa-museo de Wenceslao Fernández Flórez
O club de lectura de adultos, formado por nais de alumnos, profesores e persoal non docente, realizou a última sesión na Casa-Museo de Wenceslao Fernández Flórez. A visita non sería o mesmo sen a recepción de Alicia, a anfitrioa da casa, que nos recibiu e acompañou cunha magnífica exposición sobre o escritor e a súa obra. Á sombra da "fraga-xardín" de vila Florentina en Cecebre (Cambre), a conversa amena e distentida xirou arredor da obra El bosque animado.
O club retomará as súas actividades o próximo outono coa obra Volvoreta, agasallo da Fundación WFF. Grazás!!!