FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Programa ADA. Iniciación á tecnoloxía en igualdade
Enviado por josebd o Sáb, 27/05/2017 - 12:15
O alumnado de 1.º ESO pasou a mañá de luns na aula de Tecnoloxía para participar no programa ADA do Instituto de la Mujer para la Igualdad de Oportunidades. O obxectivo é promover o interese nas ramas tecnolóxicas de estudo. A actividade ten como fío condutor a vida de Ada Byron de quen vos propomos que busquedes referencias na rede porque supón toda unha sorpresa.