FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Proxectos para o Premio Desafío Emprende, 2017
Os profesores do Departamento de Economía, Carmen Meiriño e Manuel López, animaron a todo o alumnado dos distintos cursos de Economía 4º ESO e 1ºBAC. e máis Fundamentos da Administración e Xestión de 2º BAC. a participar no concurso Desafío Emprende organizado pola Fundación La Caixa. Este concurso ten os obxectivos de promover os valores e a actitude emprendedora entre os estudantes. Trátase de desenvolver un proxecto empresarial que solucione unha necesidade detectada na sociedade de xeito innovador e creativo.
A resposta do noso centro foi abraiante, tanto polo número de alumnos que participaron (un total de 14 grupos de 4 a 6 alumnos cada un) coma polo nivel de implicación, traballo e os resultados, mesmo coa presenza en redes sociais, dos proxectos desenvolvidos.
Moitos destes grupos crearon unha web onde divulga as características dos seus produtos como se fose unha empresa profesional. Algúns tamén crearon contas en Facebook, Twitter e outras redes sociais.
Estamos moi orgullosos do traballo feito por todos eles e agora estamos agardando os resultados do concurso. O 7 de abril coñeceranse os 35 seleccionados entre máis de 1400 presentado en toda España que irán ao Campus Desafío Emprende en Barcelona a principios de maio. Deses 35, cinco serán os afortunados que han gozar dunha semana de formación en Silicon Valley, San Francisco, a comezos de xullo.
Estaremos entre os elixidos? En calquera caso, o traballo destes rapaces e rapazas merece gran recoñecemento da nosa parte. Parabéns! Gran traballo!
Velaquí os proxectos:
OUTROS:
Hot Freeze, aparello para arrefriamento rápido de bebidas.
Key out, dispositivo para localizar axiña chaves y outros obxectos.
Bag Vibrator, mochila que dá masaxes cervicais e alivia problemas de columna.
Light Consum, aplicación que nos avisa se deixamos luces acesas así como dos consumos eléctricos dos aparellos do fogar fogar.