FAMILIAS - ANPA O Castro
|
En marcha os programas PROA, Escala na Escola e Igualdade
Esta semana asinamos coa Consellería os denominados Contratos-Programa que son actuacións solicitadas polos centros para a consecución duns obxectivos determinados. Entre estas programas figura a Programa de Reforzo, Orientación e Apoio (PROA) dirixido ao alumnado de 1.º e 2º ESO e para o que contamos cunha docente nova no centro.
Outro programa céntrase na promoción da igualdade que se está a desenvolver a través das titorías coordinado polo departamento de Orientación. Moitas das súas actuacións encádranse no proxecto de centro deste curso arredor da coeducación, a visibilización da mulleres e a loita contra a violencia de xénero.
E tamén está en marcha o programa de excelencia Escala na Escola que nesta ocasión, coa cordinación da profesora Covadonga Rodríguez-Moldes, se convertirá nun club de científico. Entre a súa programación figuran obradoiros de anamorfoses e hologramas, prácticas de laboratorio e impresión 3D. Ademais, abre a aula de matemáticas nos recreos dos venres para xogar e experimentar coas actividades propostas.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Escala na Escola.pdf | 791.19 KB |