FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Visita a Lugo (3.º e 4.º ESO)
Enviado por admin o Xov, 25/02/2016 - 21:21
Este xoves o alumnado de 3.º e 4º ESO tivo a oportunidade de realizar unha completa visita á cidade de Lugo organizada polo departamento de inglés. A viaxe incluíu o templo de Santa Eulalia de Bóveda, o centro de interpretación da muralla, a casa do Mitreu e un percorrido polo adarve da muralla.