Todos os sectores educativos van ter a posibilidade de participar nunha enquisa para coñecer o clima escolar da nosa comunidade. A recollida de datos realizarase por medio dun cuestionario accesible desde calquera dispositivo conectado á internet. Para iso, a dirección faralles chegar o enlace e a mais unha clave aleatoria que garante o anonimato do proceso. Ás familias esta información chegaralles nunha carta que entregaremos directamente aos seus fillos e fillas. No caso dos irmáns, encargaráselle esta tarefa ao maior.
A enquisa, que só se tarda dez minutos en cubrila, consta dunhas 20 preguntas. Cada familia cubrirá un único cuestionario independentemente do número de matriculados/as. O prazo de remate fixado pola aplicación informática é o 30 de novembro. As claves son de uso único. No caso de perda ou problemas de acceso, poderá solicitar outra.
|