FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Recollida dos tapóns solidarios
AS.PA.NE.MI é a Asociación de Pais de Nenos con Minusvalías que apoia a campaña de recollida de tapóns solidarios para Alba. Trátase dunha rapaza de 17 anos con orixe familiar na nosa comarca que padece unha enfermidade chamada ataxia-telangectasia (Ver información en AEFAT).
Esta mañá, a presidenta de AS.PA.NE.MI, Monse Fraga e Mari viñeron buscar os tapóns recollidos ao longo do curso na entrada do instituto e contáronnos como vai a campaña "Alba la promesa". Ademais de agradecer a todas as familias a súa solidariedade e animar a todos a participar co pequeno xesto dun tapón, explicáronos cuestións sobre a reciclaxe do plástico.
No último tráiler enviado á planta de reciclaxe sumaron máis de dez toneladas de plástico. Todo un récord de peso debido ao traballo de selección e limpeza que realiza a propia avoa de Alba e moitos colaboradores. O prezo foi de 250 euros e o total recadado destínase a sufragar a consulta e o tratamento experimental cun especialista.
Por último, enterámonos que recentemente Alba foi operada nun nocello e de momento non pode asistir ás clases no seu instituto. Desde aquí enviámoslle un afectuoso saúdo e algúns quilos de tapóns co cesexo de que se recupere axiña.
1.º ESO