FAMILIAS - ANPA O Castro
|
CANGURO MATEMÁTICO 2015
O martes 24 de marzo era o día sinalado internacionalmente para a proba do Canguro Matemático 2015. En Mugardos coincidiu coa convocatoria dunha folga o que provocou que non asistiron 18 dos 62 inscritos.
A proba, consistente en respostar a 30 preguntas tipo test con cinco opcións cada unha e so unha resposta válida, desenvolveuse con moita seriedade e concentración polo que toca felicitar aos participantes.
A finais de curso chegarán as puntuacións e poderemos ver si o nivel dos participantes se achega á media de todos os participantes, que son moitos e todo o mundo: o curso pasado ¡máis de 7 millóns!
Preme na imaxe para xogar na rede: |