FAMILIAS - ANPA O Castro
|
DISCAPACIDADE, INCLUSIÓN, XUSTIZA SOCIAL E BALONCESTO
Que estupendo contar con Angel e Jesús, que viñeron acompañados dunha figura do baloncesto feminino como Patri Cabrera, Patri psicóloga e , outra das súas entrenadoras, para repensar a inclusión e a situación das persoas con discapacidade.
Comezamos a sesión visionando o video Querela é creala, un video que como vos dicía hoxe pode facer o mesmo efecto que o petazeta na boca, pode facer estoupar a nosa maneira de ver a inclusión. Ver o capacitismo, a discriminación da persoas polas súas capacidades, no mesmo nivel ca outras discriminacións (xénero, raza, orixe, etc) realmente pode ter o efecto dun estoupido.
Pero dende logo no IES estamos dispostos a mellorar calquera situación para que todas as persoas poidan participar dos mesmos dereitos e non haxa cidadáns de primeira e terceira. Logo dun tempo de reflexión ao que contribuiu un dos nosos alumnos con NEE, que corroborou as situacións que adoitan vivir as persoas con discapacidade, fixemos unha parada nunha cuestión: por que hai datas que todo o mundo coñece, como o 25 N e o 8 M, e outras que case ninguén coñece como o 3D, día da discapacidade? Será isto unha diferenza que marca o nivel de discriminación e da necesidade de percorrer xuntas e xuntos un camiño de igualdad e xustiza social?
A continuación escoitamos a Jesús e Angel, que nos contaron o que representa para eles a oportunidade de ter un entrenamento en baloncesto. Tamén escoitamos todo o que lles aporta ás súas entrenadoras. As persoas con discapacidade adoitan ter escasas oportunidades de ocio, de relación con outras persoas, e iste tipo de iniciativas son realmente importantes nas súas vidas. Vivir nunha cidade é unha grande ventaxa, pero vivir nun sitio pequeno reduce ainda mais estas oportunidades. Lembramos ademáis que unha persoa pode nacer cunha discapacidade ou pode adquirila ao longo da súa vida. Pódenos tocar a todas as persoas, un motivo máis que xustifica que debemos aprender a incluír e respectar calquera diferenza por discapacidade.
Incluír implica necesariamente compartir metas, dereitos e espazos de convivencia. Os centros educativos son os primeiros espazos logo dos espazos familiares que permiten construír a inclusión. Hoxe celebramos o 3D compartindo historias, e construíndo os pilares da inclusión. Para demostralo fixemos un pequeno partido inclusivo no que creo que demostráchedes valores moi ilusionantes. Ogallá estas pequenas experiencias vos axuden no voso percorrido persoal e profesional. Creo que non me equivoco afirmando que tendes madeira noble e que construiredes un futuro máis xusto!