O luns 10 de xaneiro retomamos as clases seguindo as pautas establecidas pola administración a nivel estatal:
- Os casos activos de COVID deberán seguir un illamento de 7 días máis 3 de vixilancia activa dende o inicio dos síntomas ou a toma de mostra para proba diagnóstica no casos dos casos asintomáticos.
- Os contactos estreitos de 12 ou máis anos con pauta vacinal completa seguirán unha vixilancia activa durante 7 días con especial atención ao inicio de síntomas.
- O alumnado menor de 12 anos e outras persoas sen a pauta vacinal completa deberán facer unha corentena de 7 días máis 3 días de vixilancia activa.
A pertinencia de probas diagnósticas, test de detección, etc. serán sempre determinada por Sanidade en función da situación e protocolos en cada momento. En todo caso, os períodos de corentenas e illamentos serán os que Sanidade paute nas súas guías e protocolos, que son documentos que se van adaptando en función desta situación cambiante.
|