Caderno de Serafín Álvarez 

  Tintarrás

blogue deSerafín

Bailamos a "nosella"

 

 

 

 

Somos un pobo de artistas

Somos un pobo de artistas
                  Programa de Radio na Biblio
                                    1.º ESO

 

 

Obradoiro de música e orgullo neofalante

O 1 de outubro, aniversario do nacemento de Andrés Dobarro, está a ser a data elixida para celebrar o día do Orgullo Neofalante. Con ese gran obxectivo de unir música e novos falantes para a lingua galega, o alumnado de 1.º ESO asistiu hoxe ao obradoiro de creación de pódcast sobre música en galego. Foi impartido por Andrea Rico, organizado como unha das últimas actividades do servizo de dinamización lingüística da mancomunidade de concellos.

Tras un breve repaso musical desde os tempos de Andrés Dobarro ata os do Xabarín Club, escoitamos moita música galega actual.Rematamos co gran tema dos Dakidarría, "Somos un pobo de artistas". Agora tócalles aos rapaces contarnos esta historia nun próximo programa de radio. Atentos logo a Radio na Biblio.

 

Maios, 2023

Un ano mais, Mugardos voltou a recuperar a festa dos Maios impulsada pola asociación cultural Apelón Educación para os centros educativos. O alumnado deuse cita no cantón de Cora para a realización dos monumentos vexetais. No noso caso, participapamos co alumnado de 1.º ESO, que confeccionou unhas coplas, e o mais FP Básica, que se encargou da estrutura do barco floral. Ademais, axudaron aos máis cativos a colocar as flores.

Maios, 2022

Este luns, 9 de maio, Mugardos voltou a recuperar a festa dos Maios impulsada pola asociación cultural Apelón Educación para os centros educativos. Logo de dous anos sen podermos baixar á vila, o alumnado deuse cita no cantón de Cora para a realización dos monumentos vexetais. No noso caso, participapamos co alumnado de 1.º ESO, que confeccionou unhas coplas, e o mais FP Básica, que se encargou da estrutura do barco floral. Ademais, axudaron aos máis cativos a colocar as flores. Para completar a festa actuou a cantautora MJ Pérez.

 

Escritoras SENLLEIRAS das Letras Galegas con Pedro Brandariz

 

 

Para celebrarmos as Letras deste ano contamos coa presenza de PEDRO BRANDARIZ (cómico, actor, clown, monologuista, contacontos, cabareteiro...) Nas aulas de 1.º e 2.º ESO presentounos a historia das cinco figuras SENLLEIRAS do Día das Letras Galegas.

Só cinco mulleres entre máis de 50 homes elixidos para esta conmemoración. En fin, aprendemos ou lembramos moitos datos de Rosalía de Castro, Francisca Herrera, María Mariño, M.ª Victoria Moreno e, por suposto, Xela Arias.

 

Mural realizado polo alumnado de 1.º ESO.

    

 

Maios, 2021

Tampouco este ano non baixamos ao cantón de Cora cos nosos maios e coplas. Mais iso non foi motivo para que celebrásemos a chegada da primavera Estes son os maios do alumnado de 1.º ESO e FPBásica.

Día de Rosalía

Murais e lectura expresiva

1.º ESO 

Maios confinados, 2020

Este ano non baixamos ao cantón de Cora cos nosos maios e coplas. Mais iso non foi motivo para que celebrásemos a chegada da primavera con esta celebración que en Mugardos se intenta revitalizar desde hai tres anos. Estes son os maios confinados do alumnado de 1.º ESO.

 

Versión cantada por MARTINA S.G.

Día da Lusofonía (5 de maio)

Hoje é o  Dia da Língua Portuguesa e da Cultura Lusófona.  Lembrai o mapa, o trabalho de pesquisa e o vídeo:

A seguir podes visitar o site da RAG dedicado ao autor das Letras Galegas de este ano, Ricardo Carvalho Calero.

Teletraballo

1.º ESO

No período de suspensión das clases presenciais, as actividades lectivas continuarán

no Espazo Virtual de Aprendizaxe (EVA) do proxexto EDIXGAL.

Soporte Premium
Correo electrónico: soporte.premium@edu.xunta.es
Teléfono: 881 86 99 00

Visita da escritora Antía Yáñez

  

 Este mércores, 20 de marzo, visitounos a escritora ANTÍA YÁÑEZ para analizar e comentar co alumnado as súas dúas obras: O misterio de Portomarín, cos lectores  de 1.º ESO; e Senlleiras, cos de 2.º de bacharelato. Os encontros coa autora desenvolvéronse na biblioteca con atención e moita participación dos lectores/as. Ao final das sesións, tamén asinou numerosos exemplares. 

 

E ti, aínda non coñeces a ANTÍA YÁÑEZ? Deixámosvos co booktrailler realizado polos lectores máis novos do instituto:

Día de Rosalía

Marcapáxinas na corcheira de 1.º ESO

Obradoiro de poesía: recursos estilísticos

Festa dos Maios, 2018

O alumnado de 1.º ESO participou esta mañá na recuperación da Festa dos Maios, impulsada pola asociación cultural Apelón Educación, cos centros educativos do concello. Velaquí o noso maio e as coplas lidas esta mañá no Cantón de Cora.

 

 

 

Modalidades oracionais (1º ESO)

 A través da modalidade do enunciado, o emisor transmítelle á persoa destinataria da mensaxe a súa actitude perante esta.

 Repasa o libro de texto (páxina 17):

 

  Preme na imaxe para comezar os exercicios:

Ligazón

(Se non funciona: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/repositorio/cont/modalidades-oracionais)

Vídeo titorial "Pulseira trenzada de catro cabos"

Anuncios publicitarios (1.º ESO)

Logo da estrea no pasado Festival das Letras, presentamos a media ducia de anuncios gravados polos "creativos e creativas" de 1.º ESO. A súa realización foi o produto final da unidade final levada a cabo durante as prácticas de mestrado da profesora Beatriz M. Vilasánchez.

Selecciona na Lista de Reprodución cada un dos vídeos ou accede pola ligazón:

Fregosecadora, Rebentabechos, Polbeitor 6000,
Caramelízate, Gominola mola, Power batido

Homenaxe a Amada García

A Asociación Memoria Histórica Democrática organiza este venres unha homenaxe á figura da mugardesa Amada García en lembraza de todas as mulleres represaliadas durante a Guerra Civil. O acto terá lugar no Castelo de San Filipe, o 27 de xaneiro, ás 17:00 horas.

Máis información

Indefensión aprendida

Linguas e máis linguas (webquest)

Para dar resposta ás cuestións das páxinas 21, 41 e 61 do libro de texto que requiren a consulta de enciclopedias, dicionarios e tradudores na intertet, estas son as páxinas que debemos consultar:

Linguamón (A Casa das Linguas) 

Loia (1 e 2)

Dicionarios:

Dicionario multilingüe

Tradutores:

Tradutor automático Cervantes

Traslate google

Tradutor con voz (Text to speech)

 

E xa postos tamén podemos resolver doadamente a seguinte caza do tesouro:

http://www.edu.xunta.es/contidos/phpwebquest/caza/soporte_derecha_c.php?id_actividad=80&id_pagina=1

Nos tempos rebeldes de María Castaña

De seguro que tes oído e mesmo empregado a expresión "do tempo de maricastaña" referida a acontecementos de hai moitos, moitos anos. Pois esta María Castaña existiu de verdade e era galega. Propómosche coñecer a súa historia nestas dúas ligazóns con dous xeitos de abordar o asunto. 

TAREFA: Le con atención ambos os textos e completa o cuestionario.

Páxina do Consello da Cultura Galega.

Biografía de mulleres galegas ou relacionadas con Galicia. 
Achega datos históricos para explicar, ademais da vida do personaxe, a época en que viviu.

http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=203

En forma de lenda:

http://www.galiciadigital.com/pcd/Biblioteca/narrativa/contos/vellos_pra_nenos/maria_castana.html

Informe "Adolescentes e Internet en Galicia" do Valedor do Pobo

O Valedor do Pobo de Galicia deu a coñecer recentemente os resultados do traballo de investigación e análise sobre as actitudes, crenzas, habilidades e uso de internet por parte da mocidade galega. O informe, que se pode descargar da rede, achega todos os datos estatísticos e unhas valiosas conclusións que deberían ser coñecidas e reflexionadas por toda a comunidade educativa.

"A poesía vén dun lugar que ninguén controla"

Discurso de Leonard Cohen na entrega dos Premios Príncipe de Asturias (2011)

Dous xeitos de contar a mesma historia da lingua galega

A primeira forma é a Liña do tempo da páxina LOIA, aloxada no portal do Consello da Cultura Galega. Trátase da versión "oficial", por así dicilo, e que che servirá para realizar a tarefa proposta no libro de texto de 2º ESO (Páxina 14; exercicio 1)

                                                                          Preme sobre a imaxe

A segunda versión da mesma historia con máis humor é a do debuxante PEPE CARREIRO en Historia da Lingua Galega (Do latín ao acento de Burgos)

                                   Tamén existen exemplares do libriño no departamento

Canta en lingua busuu cos seus últimos oito falantes

Esta semana lemos o texto que conta a triste historia de Boa Sr, a derradeira falante da súa lingua. Igual ca ela, neste momento da historia da humanidade outros centos de culturas e linguas están a piques de extinguirse para sempre. Pero moitos destes pobos están a empregar as novas tecnoloxías para facerse oír e deixar constancia da súa existencia. Algúns, malia as cirsunstancias polas que atravesan, con moito sentido do humor. É o caso dos busuu, cuxos últimos oito falantes convidan a todo o mundo a unirse ao seu canto:

 

 

Distribuir contido