Blog de Laura ViñasTeacher |
blogue delauravinas
Probas de certificación CUALE-inglés na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol
Enviado por lauravinas o Ven, 07/04/2023 - 13:26Informámosovos de que o prazo de matrícula nas probas de certificación de inglés do alumnado CUALE será do luns 10 de abril ao venres 14 de abril (ata as 12.00 do mediodía). O alumnado pode matricularse directamente, accedendo á ligazón https://www.informaticacentros.com/xunta/.
Para máis información en canto a estas probas, achégase aquí a Instrución 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se regulan as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial polo réxime oficla para o curso 2022/23.
En canto ás datas das probas, pódense consultar na páxina da EOI-Ferrol.
Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023
Enviado por lauravinas o Sáb, 25/02/2023 - 13:16
|
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca 643 axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, que se distribuirán do seguinte modo: - 491 axudas para alumnado de cota de reserva - Guía confirmación praza para alumnado de cota reserva - 152 axudas para alumnado de cota xeral - Guía solicitude praza para alumnado de cota xeral Pertence á COTA DE RESERVA SÓ o alumnado ao que lle correspondería praza na convocatoria 2022. Se non ten praza adxudicada na convocatoria 2022 entón pertence á COTA XERAL. Prazo de solicitudes aberto dende o 14 de FEBREIRO ata o 13 de MARZO Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos que aparecen na seguinte táboa:
Para obter información ampliada sobre a convocatoria pode consultar os seguintes arquivos: |