Caderno de Olga Cabalar

  Aula de Música

blogue deolga.mcabalar

Día Mundial da Radio

O alumnado de Oratoria de 3º ESO participou na celebración do Día Mundial da Radio, convocada pola plataforma Ponte...nas Ondas! cun podcast sobre o Entroido en Galicia.

día 13 de febreiro de 2024 coincide neste ano co martes de Entroido, e sendo ésta unha das manifestacións do Patrimonio Cultural Galego-Portugués é unha boa ocasión para encher as ondas de programas co entroido como tema principal.  

Festival de entroido

O 9 de febreiro celebramos unha festa de entroido da man de Martín, Enar, Mario e Laura. Nela participaron todos os cursos da ESO e parte do profesorado. Os gañadores do concurso de disfraces e comparsas foron os alumnos/as de 4º da ESO. Podedes ver as actuacións neste vídeo. 

Samaín, 2023


 

Entrevista a Endika

                            

Cancións no camiño

  Xa están listas as cancións feitas e interpretadas polo alumnado de Atención Educativa de 1° Bach.  Queremos agradecer o traballo de edición de son de Bea Roxana Bautista e o entusiasmo dalgúns alumnos-as que fixeron un traballo moi chulo.

Palabras en liberdade

 

Abordaxe pirata

   

 

   

 FONTE: Lecturamos

 

ESPECIAL DÍA DO LIBRO

Hoxe non estamos celebrando o Día do Libro na nosa biblioteca, nin nas nosas aulas, nin nas nosas librarías , pero hoxe celebramos esta data dun xeito moi especial porque, malia o que estamos vivindo, atopamos un motivo ilusionante para achegarnos e reunirnos ao redor do libro e da lectura.
 
Se a lectura é, a meirande parte das veces, un acto solitario e individual, o seu poder e o poder do libro puido facer posible esta colectiva e marabillosa resposta a unha convocatoria á que acudiron representantes de todos os sectores da comunidad educativa. E con todas as súas achegas é posible visualizar neste vídeo as moitas posibilidades que o libro nos ofrece.
 
Damos as grazas a todos os que participaron na súa creación e, en especial, aos alumnos e alumnas que xa non están neste curso no instituto, porque a súa colaboración deixa claro o vínculo creado: sabemos que podemos contar con eles, saben que poden contar con nós.
 

Neste mundo actualmente ameazado por un virus, hai moitísima xente que leva dentro outro virus, o da lectura, para o cal non hai que atopar vacina ningunha.

 
E desde aquí volvemos repetir #AbrimosUnLibroEQuedamosNaCasa
 
 
 

Traballo do departamento de Música

Suspensión das clases - marzo, 2020

Os materias e traballos das seguintes materias
impartidas pola profesora OLGA CABALAR:

                • Música (2.º e 3.º  ESO)
                • Artes Escénicas (4.º ESO)
                • Linguaxe e práctica musical (1.º Bacharelato)
                • Obradoiro de Teatro (1.º Bacharelato)
                • Valores Éticos (2.º ESO-B)

estarán dispoñibles no blog

https://lecturamos.blogspot.com/

 

 

Distribuir contido