Blog de Montse Arza
|
blogue demontse.arza
CONMEMORACIÓNS DO MES DE OUTUBRO
Enviado por montse.arza o Xov, 24/10/2024 - 17:23No mes de outubro dende a Mugardosbiblio celebramos dúas datas importante para nós:
o Día das Escritoras e o Día das Bibliotecas.
Os nosos alumnos traballaron arreo para dar unha homenaxe ás escritoras. No nos caso eliximos a seis mulleres galegas: María Solar,
María Reimóndez, Andrea Maceiras, Arantza Portabales, Antía Yáñez e Ledicia Costas.
Con elas diseñamos e montamos un dominó que nos deu moito xogo.
A actividade realizouse na Biblioteca por iso aproveitamos para ler anacos dalguha obra desta escritoras.
Cada un elexiu un párrafo que lle chamara a atención e lérono para vos.
Aquí vos deixamos un podcast que esperamos que vos abra as ganas de seguir coñecendo algunha obra, se é que non a lestes inda!
O Día das Bibliotecas tamén nos serve para recordarvos como é e que hai na Mugardosbiblio. Mira este vídeo!
COMEZO DOS CLUBES DE LECTURA
Enviado por montse.arza o Sáb, 05/10/2024 - 15:44
Este curso os clubes de lectura amplíanse aos adultos.
Continuamos cos dous grupos de alumnos/as:
1º ESO con Laura
2º, 3º e 4º con Montse.
Esperámosvos!
E-LBE2: unha biblioteca dixital
Enviado por montse.arza o Ven, 04/10/2024 - 19:29Que é?
É unha plataforma préstamo de contidos dixitais que conta con milleiros de títulos que estarán dispoñibles para ler ou escoitar
en todo tipo de dispositivos (ordenador, tablet ou móbil), polo que poderás facer uso en calquera momento e lugar.
Como podo facer uso dela?
Todos os usuarios e usuarias (profesorado e alumnado) poden obter as claves para acceder pedíndoas na biblioteca do centro.
Algúns cursos xa están a facer uso da plataforma, pois imos entregandoas de forma gradual nas aulas.
Que nos ofrece a plataforma?
-Coleccións con temáticas específicas: aprendizaxe de idiomas, robótica, saúde, nutrición, apoio a materias, acceso a revistas
e literatura para todos os ciclos e etapas, entre outras.
-Catálogo intelixente: Recomendacións de lectura a medida que vai coñecendo os gustos dos/as usuarios/as.
-Módulo de accesibilidade para axudar aos lectores: tipografía específica para dislexia e lectura en audio de todos os libros dispoñibles.
-Lectura en calquera momento e lugar: accesible 24/7 e modalidade de lectura online e offline, o que permite ler sen conexión.
-Acceso desde 6 dispositivos diferentes e sincronización no último punto de acceso, permitindo tamén ás familias poder disfrutar desta solución.
-Estatísticas de lectura en tempo real.
Inicio da HORA DE LER
Enviado por montse.arza o Mér, 25/09/2024 - 17:26No mes de outubro comenzamos a
HORA DE LER
e dende Mugardosbiblio
recomendámosche que leas moito xa que abrirás máis os ollos
aos mundos que queiras imaxinar.
Trae un libro ou pídeo no centro e ...
DESFRUTA!
Actividade dos Clubs de lectura na biblioteca
Enviado por montse.arza o Sáb, 10/02/2024 - 11:50
No novo club de lectura de 1° e 2° estamos lendo Territorio descoñecido de Luis Leante, premio Edebé.
No club de lectura de 3° comenzamos a ler O tesouro de Artabria de Juanjo Lada.
Visita ao CIEC de Betanzos
Enviado por montse.arza o Lun, 29/05/2023 - 16:00Alumnado do Club de Lectura e mais de Debuxo Artístico I visitan o Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos.
Presentación do programa radiofónico "Con E de entrevista"
Enviado por montse.arza o Lun, 17/04/2023 - 20:02
Obradoiro de gravación e mestura para radio e pódcast
Enviado por montse.arza o Sáb, 01/04/2023 - 13:50
Durante a última semana de marzo, o alumnado de 1.º ESO participou no Obradoiro de radio impartido por Pedro Iglesias. |