Bitácora de Orientación 

 Pienso, siento, soy

blogue deorientacion

PROBAS LIBRES PARA OBTER O TÍTULO DE BACHILLER (MAIORES DE 20 ANOS)

 

 

                                  Mujer, Escribiendo, Mesa, Trabajo

Sabes que se cumpres co requisito de idade e non estás matriculado no Bacharelato, podes obter o título superarando unhas probas?. 

 

  1.  https://www.edu.xunta.gal/portal/ea/obtencion-de-titulos
  2. https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42162 

FP: INSCRICIÓN NAS PROBAS DE ACCESO A GRAO SUPERIOR 2024

                                                                               Pruebas de acceso a FP Madrid 2020 y modelos de exámenes |

 

Se tes dúbidas de se este ano vas superar o Bacharelato ou tes a seguridade de que este ano non vai ser, aínda tes unha opción para acceder a un Ciclo de Grao Superior o curso que ven. Tes a posibilidade de acceder ao 10% das prazas de FP superando unha proba de acceso. 

A continuación tes a información e as ligazóns máis destacadas:

  •  Requisitosé necesario ter cumpridos dezanove anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.
  • Partes da proba: A proba divídese en dúas partes:

 - Parte común: lingua galega, lingua castelá e matemáticas.

- Parte específica (debes consultar a que ciclos dá acceso cada opción. En cada opción te examinas de dúas materias. Ver instrucións):

   Opción A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía.
   Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial, e física.
   Opción C: ciencias da terra e ambientais, química, e bioloxía.

NOVIDADE NO ACCESO AO GRAO DE CIENCAS DA ACTIVIDADE FISICA E DO DEPORTE

                                                   Imagen pazojpg 2063069294

Para a admisión no Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte é requisito previo a superación dunha proba física, que recibe cualificación de Apto/Non apto. Ata o de agora, a Universidade de Vigo recoñecía o resultado da proba da Universidade da Coruña, pero non se daba reciprocidade.

Para a admisión do próximo curso, os resultados das probas físicas levadas a cabo por ambas universidades na ABAU 2024 serán recoñecidos en todo o Sistema Universitario Galego (SUG).

Atentas e atentos aos canais de información de orientación para coñecer cales son os prazos de inscrición ás probas e as datas nas que terían lugar. 

 

VENRES 26, LATRIBU BUSCA TIPPI

Mañá, LATRIBU terá como misión descifrar o lugar de encontro, o seu tippi, e acudir á chamada do Consello.
Latribu está formada por 16 alumnos e alumnas con moitas ganas de cambialo mundo. Desenvolverán campañas e farán "ruído", axudaranlles máis alumnos/as colaboradores/as porque LATRIBU buscará facer que o centro sexa máis tribu que nunca. Atentos ás novas porque isto non fixo máis que comezar.
Será este o comezo dunha bonita historia?. Temos a seguridade de que así será!
Estos códigos axudaránche a descifrar donde está o tippi de Latribu:
* A
&C
πD
?E
√F
@L
/O
!P
^S
6T
1U

CHARLA USC E ABAU

O mércores 24, o alumnado de 2º Bacharelato puido participar no programa A Ponte da USC para poder coñecer a nova etapa universitaria, a oferta da USC e como se desenvolverán as probas da ABAU. Acompañounos Celso, profesor universitario na Facultade de Matemáticas e colaborador do programa. Moitas grazas Celso pola túa explicación!.

Aviso: Lembrade que na aula virtual atoparedes nuns días as presentacións

PARÁMETROS PONDERACIÓN 2024

Publicados no DOG o 4 de xaneiro de 2024.

es

HORARIO ABAU 2024. Convocatoria Ordinaria.

APRENDIZAXE SERVICIO: FP COLABORA COA AECC EN NADAL

 

 

 

 

Moi felices de que moitos fogares de Mugardos teñan centros florais, arboliños e coroas feitos polo alumnado dos Ciclos Básico e Medio do IES Mugardos. Pero aínda máis felices de contribuír á unha boa causa. A doazón das composicións florais á AECC, e a súa venta no mercado deste xoves, permitiu que se recaudaran 774 euros.

Aprendizaxe e servizo á comunidade. Proxectos de profes moi especiais. Non hai mellor maneira de celebrar o Nadal!.

Contrato Programa Convive.

DISCAPACIDADE, INCLUSIÓN, XUSTIZA SOCIAL E BALONCESTO

 

 

 

 

 

Que estupendo contar con Angel e Jesús, que viñeron acompañados dunha figura do baloncesto feminino como Patri Cabrera, Patri psicóloga e , outra das súas entrenadoras, para repensar a inclusión e a situación das persoas con discapacidade.

Comezamos a sesión visionando o video Querela é creala, un video que como vos dicía hoxe pode facer o mesmo efecto que o petazeta na boca, pode facer estoupar a nosa maneira de ver a inclusión. Ver o capacitismo, a discriminación da persoas polas súas capacidades, no mesmo nivel ca outras discriminacións (xénero, raza, orixe, etc) realmente pode ter o efecto dun estoupido. 

Pero dende logo no IES estamos dispostos a mellorar calquera situación para que todas as persoas poidan participar dos mesmos dereitos e non haxa cidadáns de primeira e terceira. Logo dun tempo de reflexión ao que contribuiu un dos nosos alumnos con NEE, que corroborou as situacións que adoitan vivir as persoas con discapacidade, fixemos unha parada nunha cuestión: por que hai datas que todo o mundo coñece, como o 25 N e o 8 M, e outras que case ninguén coñece como o 3D, día da discapacidade? Será isto unha diferenza que marca o nivel de discriminación e da necesidade de percorrer xuntas e xuntos un camiño de igualdad e xustiza social? 

 A continuación escoitamos a Jesús e Angel, que nos contaron o que representa para eles a oportunidade de ter un entrenamento en baloncesto. Tamén escoitamos todo o que lles aporta ás súas entrenadoras. As persoas con discapacidade adoitan ter escasas oportunidades de ocio, de relación con outras persoas, e iste tipo de iniciativas son realmente importantes nas súas vidas. Vivir nunha cidade é unha grande ventaxa, pero vivir nun sitio pequeno reduce ainda mais estas oportunidades. Lembramos ademáis que unha persoa pode nacer cunha discapacidade ou pode adquirila ao longo da súa vida. Pódenos tocar a todas as persoas, un motivo máis  que xustifica que debemos aprender a incluír e respectar calquera diferenza por discapacidade.

Incluír implica necesariamente compartir metas, dereitos e espazos de convivencia. Os centros educativos son os primeiros espazos logo dos espazos familiares que permiten construír a inclusión. Hoxe celebramos o 3D compartindo historias, e construíndo os pilares da inclusión. Para demostralo fixemos un pequeno partido inclusivo no que creo que demostráchedes valores moi ilusionantes. Ogallá estas pequenas experiencias vos axuden no voso percorrido persoal e profesional. Creo que non me equivoco afirmando que tendes madeira noble e que construiredes un futuro máis xusto!

ACTIVIDADE INTERXENERACIONAL:CALQUERA TEMPO PASADO FOI MELLOR? COMO ERA A VIDA DAS MULLERES HAI DÉCADAS

  

 

Hoxe e onte, Gabriela, Loli, Herminia, Jacinto e Juan, da Asociación Apelón, chegáronse ao centro para falar de igualdade, e descubrirnos se é certo o dito de que todo tempo pasado foi mellor. 

En principio descubrimos que ir á escola era unha experiencia realmente diferente a que é hoxe. Antes, chegar á escola era todo un reto, camiñar 2 kms por lameiros ou ir en barco e non ter como voltar eran realidades frecuentes. A calefacción era un luxo e un privilexio que se gozaba pouco ou nada. As aulas estaban formadas por rapazada de diferentes idades que aprendían xuntos. Nenos e nenas estaban separados, ou ben había escolas de nenos e nenas, ou había aulas de nenos e nenas.  Faciase realidade o dito de "a letra con sangue entra", que permitía que as regras de madeira  aterrizaran nas mans ou nos cús dos rapaces e rapazas. 

Hoxe educamos en igualdade pero antes as aulas educaban para facer sentir a diferencia entre xéneros. As nenas estudaban para as actividades domésticas, e os nenos estudaban para ser profesionais remunerados. Ás rapazas na escola tiñan "materias" de costura, do fogar. Os rapaces, non. 

Fóra das aulas non adoitaba haber pandillas mixtas, e en todo caso, se ían xuntos rapaces e rapazas, o que era inadmisible é que un rapaz e unha rapaza estiveran xuntos a soas. Non había redes sociais telemáticas, pero si redes sociais presenciais que se encargaban de facer chegar a información e xulgar á rapaza. A mala reputación sempre era para elas.

As mulleres nos 60 e 70, cando a dictadura, non podían facer unha chea de cousas ou alomenos sen que un home dera o visto bo: contratar a luz, ter unha nómina, saír coas amigas. Non había divorcio, a lei non recoñecería este dereito ata a década dos oitenta. Cando casabas, casabas ata que a morte separaba, polo que se a vida non era boa co teu home, a vida convertiase nunha mala experiencia sen data de caducidade. Non era so que non houbese opción ao divorcio, é que non ter un traballo remunerado, e uns estudos que facilitaran o emprego, impedían ás mulleres saír desta situación.

Cousa curiosa foi que nas décadas anteriores, na época da República, as mulleres gozaban de maiores libertades. Unha muller podía entrar nun bar sen ser xulgada, podía divorciarse. Vai ser que na nosa historia recente houbo tempos pasados mellores que os que viñeron despois.

Aprendimos que antes as mulleres eran as que vestían de luto, medio luto e alivio. E mesmo se vestían en promesa a un santo durante un ano coa mesma roupa. Ensinar o corpo...pouco o nada, o tempo dos biquinis chegaría máis tarde. Do corpo, da nosa bioloxía non se ensinaba nadiña, non se falaba da regra (á que se nomeaba en clave porque era tabú) nin do sexo, aprendíase coa experiencia propia e a dos demáis.

Os nosos maiores, recoñecen que ser neno naquel entón era unha experiencia moi diferente á de hoxe. Os nenos e nenas traballaban moito. As condicións de vida eran duras, non había nin as comodidades de hoxe nin os servizos de protección ás persoas vulnerables. Loli nos contaba como con sete anos quedou soiña na casa cando detiveron á familia coa que convivía. Imaxinade a situación!

As mulleres tiñan máis fillos que hoxe en día, non era raro ter 18 criaturas. Sobrevivir e manterse era compricado, e ás veces incluso comer da estercoleira era a opción de encher algo o estómago. Ter moitos fillos implicaba moito traballo para as mulleres, este traballo  xunto co traballo na casa, no campo, na granxa, deixaba sen horas de descanso ás mulleres. Eles logo do traballo tiñan o seu tempo, elas sempre traballaban, cansadas e casadas, pola mañá, pola tarde, pola noite.

Jacinto e Juan nos recordan como houbo que loitar polos dereitos que desfrutamos hoxe. Dereito ao divorcio, dereito ao aborto, dereito a manifestarse, dereito á igualdade. Lles debemos moito aos/ás nosos/as maiores. Nada do que temos hoxe foi gratis. Defenderon as nosas libertades e os nosos dereitos. Que grandes! 

Canto aprendimos hoxe, cantas cousas vellas que resultaron tan novas, que sorpresa descubrir como era a vida das mulleres, dos nenos, dos homes, hai varias décadas. Que sorte poder escoitar a historia recente contada polas nosas maiores. Grazas Apelón, sodes un tesouro ben grande!

ORIENTA 23-24

Tendes á vosa disposición o ORIENTA 23-24 para consultar os estudos de cada comunidade, notas de corte, enlaces, información de cada titulación,etc.

Este programa tamén vos permite facer cuestionarios para axudarvos nesta tarefa de buscar o voso camiño académico e profesional.

Para acceder ao programa, premede na imaxe ou no enlace.

 

https://elorienta.com/movil//?yafxb=56387

TIK TOK TRATA con MABEL LOZANO

Unha cousa quedounos clara esta semana na campaña de TIK TOK Trata de Mabel Lozano: a trata non é un problema, é un delito. Un delito que se exerce contras as mulleres en situación de alta vulnerabilidade. 

A prostitución é un negocio lucrativo que non se aloxa unicamente en burdeles como hai décadas, hoxe en día instálase en pisos máis difíciles de controlar e, sobre todo, nas redes sociais. 

Ningunha muller quere ser prostituída (si, prostituída, non prostituta, a linguaxe sempre é importante). Todas as persoas queremos ser felices. Ise é o noso motor principal. Cada quen procura a felicidade ao seu xeito. Pero incluso as mulleres que escollen nun primeiro momento ser prostituídas, o fan porque teñen unha necesidade urxente e de tipo económico que as empurra a isto. Poden elexir entrar, si, pero non elixen o cárcere de explotación no que se convirte a súa vida e que as destrúe chegando, con moita frecuencia, ao suicidio.

As mulleres prostituídas son silenciadas, non teñen nome, o mundo as xulga sen coñecer o maltrato ao que están expostas. Os seus verdugos son simplemente proxenetas para o resto do mundo, non delicuentes, e consiguen que outras persoas sexan cooperantes necesarios nunha cadea de maltrato.

As violacións, as palizas, o maltrato psicolóxico que as anula, as xornadas agotadoras que so deixan tempo para o descanso mínimo, a situación de soidade e reixeitamento da sociedade, as ameazas a familiares, as débedas, e mesmo o asasinato, fan que as mulleres prostituídas non denuncien nunca. Aprenden a non defenderse, a calar, a non contar. Impactante, non? Urxe cambiar a mirada, urxe actuar. Se somos cómplices de algo que sexa da xustiza social, se somos cómplices de alguén que sexa das mulleres vítimas da trata.

Mabel deunos a coñecer varios documentais entre os que se encontraba o seu premiado documental Biografía do cadáver dunha muller, para contarnos todo esto. Alertou ás rapazas das estratexias moi estudadas dos proxenetas nas redes, dos boots que case seguro recibides unha gran parte, do risco de responder. Lembrade, buscarán namorarvos, prestarvos a atención que igual non tendes, facervos sentir especiais. Fixo conscientes a rapazas e tamén a rapaces de como se move este mundo tan oscuro e cheo de maltrato ás mulleres.

Falamos de Onlyfans, plataforma moi coñecida polos adolescentes e tamén por adultos. Onlyfans é a antesala perfecta da prostitución para normalizar e propiciar a mercadoría dos corpos entre a xente máis nova. Estades máis expostos que xeracións anteriores pero como ben dixeron os compañeiros e compañeiras cando presentaron a Mabel:

Sodes a xeración que pode cambialo todo.

Sodes a xeración que pode parar a trata e a prostitución. 

Sodes a xeración que pode romper o teito de cristal. 

Sodes a xeración que pode recoñecer o camiño percorrido.

Sodes a xeración que pode acompañar ás mulleres vulnerables, olvidadas.

Sodes a xeración que pode actuar de forma responsable e construír un mundo mellor, respectuoso, xusto, equitativo.

Sodes a xeneración de rapaces e rapazas pola igualdade!!.

Rematamos a sesión cunha pequena entrevista na biblio co equipo da radio que se estreará polo 25 N, e cun agasallo floral do alumnado de FP que moito gustou a Mabel. E rematamos tamén cunha promesa, Mabel volverá a Mugardos porque quedou prendada da xente e o pobo.

Ata a seguinte Mabel, grazas por todo o que nos ensinaches. Moita sorte nos próximos Goya para os que volves a estar nominada!

  

REGALA PALABRAS

Cartel 2 Cartel 1

Este ano, Yoli, unha das nosas titoras propúxonos participar na campaña de Regala Palabras de TELAsturias. E  como no programa Contrato Convive imos a traballar as diversidades co obxectivo de contruír un centro aínda moito máis inclusivo, pareceunos unha proposta estupenda.

E así foi como todas as titoras e titores fixeron un gran traballo dando a coñecer o TEL/DEL e impulsaron a iniciativa de regalar unha palabra ás persoas con esta dificultade lingüística. Porque, si, as persoas con DEL adoitan ter dificultade para aprender ou evocar as palabras. Tamén adoitan ter problemas na expresion e comprensión, a pesar, de que o seu nivel intelectual pode ter valores dentro da media ou incluso superiores.

Deixamos imaxes do mural de palabras e engadimos dúas dun gran valor social e educativo: EMPATÍA e INCLUSION.

Vémonos na seguinte acción inclusiva, estade atentas e atentos e mentras practicade inclusión achegándovos ao alumnado que precisa a vosa atención, ofrecendo axuda a compañeiras e compañeiros que o precisan, informando de situacións de vulnerabilidade.

+info: https://piensosientosoy.blogspot.com/2023/09/campana-regala-palabras-conociendo-el.html?m=1

 

                                                                          Mral 2 Mural 3

                                                                          Cartel 4  Cartel 5

AXUDAS FCT E FP DUAL

  • Prazo de solicitude: 31 días a partir da publicación da convocatoria que tivo lugar o 28 agosto.
  • Convocatoria: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/40787?fbclid=IwAR0ncvcWPqGlBP7jtDvCfEBghY82Qx2w1MNsaLIfx5oWIRhYTZDVY0_jaAo

XUVENTUDE CREA

 

Si el arte corre por tus venas, tienes que echar un ojo a esta convocatoria.

http://xuventude.xunta.es/xuventude-crea?fbclid=IwAR2jgVwByhug1FVBM7WjJC...

BECAS AMANCIO ORTEGA

Prazo de solicitude ata o 27 de setembro ás 13:00 horas.

 

https://becas.faortega.org/

O iceberg das violencias machistas

Para conmemorar  o 8 DE MARZO un grupo de alumnos/as de 1º e 2º de ESO realizaron unha actividade  para  comprender o carácter estrutural da violencia machista e identificar as violencias machistas máis

 invisibles.

 

                                                                    

 

                                                                                                                                                                                            

 

 

 

 

 

Ciclos Básicos: Agroxardinería e composicións florais

Sabías que a FP ten máis grados que o medio e o superior? Pois si, temos ademáis os ciclos básicos, e os cursos de especialización (másters de FP).

 

Nesta ocasións imos centrarnos nos Ciclos da Formación Profesional FP Básica. Lonxe do que pensa moita xente,  non son unha medida de atención á diversidade, son un itinerario diferente á ESO que permite conseguir: o título da ESO, un título profesional básico, e o nivel básico de riscos laborais. Se as aulas da ESO non se axustan ás túas necesidades, esta pode ser a túa opción. Para cursala, iso si, precisas ser orientada/o polo equipo docente hacia este itinerario. 

Tes unha oferta variada na comarca que poderás atopar neste enlace:https://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10228. No noso centro contamos cun ciclo vinculado coa natureza, con alta empregabilidade e con posibilidades de ampliar estudos: podes cursar un ciclo medio, un superior e incluso un grao univesitario (Paisaxismo). Se non queres continuar nesta familia profesional, non tes problema en solicitar praza noutra familias diferente. Como podes ver as ventaxas son moitas!

Déixovos este folletiño coa información mási destacada, espero que sexa do voso interese: 

Copia de FPB ACCESO A CURSO 22-23 de Piensosiento Soy

Presentación para as nosas herbiñas de FP Básica

Lembrade premer nos enlaces para ampliar información.

 

 

Feitos/as para brillar. Presentación 2º Bacharelato

Presentación de 2º Bacharelato incluída na vosa aula virtual xunto cunha chea de novas de orientación académico profesional. Buscade os enlaces que amplían información, hai unha morea deles en toda a presentación.

 

 

Presentación 1º Bacharelato

Ademáis de por aquí, lembra que tes esta presentación e máis información na aula virtual de Titoría de 1º Bacharelato.

As pantallas son interactivas, tes unha chea de información nos enlaces que aparecen en cada pantalla.

 

Presentación 2º ESO

Lembra que as pantallas son interactivas e teñen enlaces que amplían información.

 

 

 

Presentación 3º ESO

Ademáis de na aula virtual, queda na web a presentación de 3º ESO. Lembrade que nas presentacións genially cando aparece unha man na esquina dereita superior significa que hai enlaces que vos levan a máis información.  

 

Presentación 4º ESO

Déixovos por aquí a presentación que tendes dende hai tempo na aula virtual de 4º ESO. Lembrade que nas presentacións genially cando aparece unha man na esquina dereita superior significa que hai enlaces que vos levan a máis información.  

 

Colaboracións intercentros: CPI de Ares, Diego, un piano de pé, e unha rapazada de dez!

  

 E un bo día, Diego, excompañeiro de tecno, profe magnífico e comprometido coa educación e a rapazada, agora profe no CPI de Ares. propón a esta ori vir ao centro para que o alumnado de 4º dea a coñecer o seu piano de pé ao noso alumnado. Como? Música, presentación de alumnado de 4º no IES, dar protagonismo ao alumnado que no tempo libre realiza proxectos, colaborar cun excompi? Claro que tiñamos que dicir que siiiii!!. E así foi como a música chegou á aula de Tecnoloxía, e o alumnado de 1º ESO coñeceu o proxecto dos compis de Ares e puido desfrutar dun miniconcerto. 

Imaxinades como rematou a cousa, verdade? Con aplausos a moreas! 

Por máis colaboracións intercentros, contade con nós!

 

FPB + INFANTIL + PRIMARIA= UNHA EXPERIENCIA MARABILLOSA

 
A rolos, así acabou o noso alumnado do ciclo básico de Agroxardinería e composicións florais nas actividades co alumnado máis pequeniño do CEIP Unión Mugardesa e CEIP Santiago Apóstolo. Nestas sesións de convivencia e intercentros, o noso alumnado contou un conto sobre natureza aos/ás máis peques, e logo axudou a prantar aromáticas e sementes de cabaza e chícharos.
Os nosos alumnos e alumnas riron, abrazáronse, ataron zapatos, interviron nos pequenos conflitos, foron invitados ao parque polos pequenos, e acabaron a rolos xogando polo chan. Custounos marchar...pero reconfórtanos saber que o ano que ven as pequenas e pequenos escribiránnos para facernos peticións ou resolver dúbidas dos seus xardíns.
Grazas a Miguel e a Eva, oris que argallaron esta actividade xunto con esta que escribe, a Mario, supertitor do CFPB e a tódalas marabillosas profas de infantil e primaria que tan ben nos recibiron. GRAZAS!

QUE PASA? PASA ALGO? CONDUTAS ADITIVAS

Pasa algo
 En maio contamos nas aulas de 4° ESO e FPB con Raquel de ASFEDRO. Con ela rompimos tópicos e mitos sobre consumos, coñecimos como funciona o noso cerebro así como o sistema de recompensas cando temos unha adición. Tamén coñecimos curiosidades sobre o funcionamento do noso corpo cando consume, e que consecuencias trae o consumo dalgunhas sustancias.
Lembrade o número máxico dos 20 anos. Consumir antes dos 20 anos traerá consecuencias moitísimo máis graves que facelo despois. Por que? Porque o noso cerebro e os nosos órganos estan acabando de formarse. Por favor, coidádevos de sustancias que facilmente profucen adición, tamén do café (non mais de tres tacitas pequenas), do azucre e dos excitantes das bebidas. Máis de tres horas diarias do móbil trae consecuencias nas relacións, no rendemento, na vida. Os videoxogos deixan de ser un xogo se nos afastan de rutinas saudables, da familia, dos amigos, dos estudos. Se precisas axuda, estamos para axudarte.
Grazas ao Concello de Fene e Mugardos e a ASFEDRO por estas sesións!

Oferta FP curso 23-24

 

Por fin temos a oferta do próximo curso. Lembra seleccionar cinco opcións. O luns  26 de xuño comeza o prazo de inscrición. Se precisas axuda, confirma por correo a túa asistencia para que poidas ter un ordenador dispoñible.Teremos dous turnos: 10 e 12 da mañá. 

Documentación que precisas traer escaneada:

-DOI 

-certificado académico escaneado

-certificado de discapacidade ou de deportista de alto rendemento, se é o caso.

https://www.edu.xunta.gal/fp/oferta-fp

Buscas aloxamento?

Nesta entrada atoparás información útil sobre aloxamentos  tanto se inicias estudos universitarios como se cursas estudos de FP ou ensinanzas artísticas. 

Admisión en Ciclos de FP de Réxime ordinario

 

LEMBRA:

-Consulta a oferta de Ciclos (a Consellería está a piques de actualízala): http://www.edu.xunta.gal/fp/oferta-fp. 

-Escolle 5 opcións por preferencia, podes incluir un ciclo en diferentes lugares ou ciclos diferentes,  combina como queiras pero de forma ordenada.

-Ten preparada a documentación. Debes ter escaneado: DNI, certificado de estudos, certificado de discapacidade ou de deportista de alto rendimento se é o caso.

-Imprime a folla de solicitude, e o xustificante de ter feito a inscrición. Fíxate ben se a inscrición confirma que xa estás inscrito/a ou indica que tes que entregar documentación. No caso de que se solicite entregar documentación, debes facelo no centro que indicaches na aplicación (pode ser o noso centro) antes de que remate o prazo. Se non o fas, non terías a inscrición completada.

-Crea alarmas no teu móbil das datas importantes: comprobación de que apareces nos listados de solicitude de praza, reclamación, as tres adxudicacións (dúas en Xulio é unha en setembro), matrícula de cada adxudicación.

-Na matrícula terás que pagar seguro escolar. Se fas a matrícula online terás que entregar o resgardo bancario do pago e a copia de matrícula xunto con fotos na primeira semana de clase no teu centro. Podes facelo online.

-Despois de cada adxudicación, ábrese prazo de matrícula directa (sen necesidade de inscrición) nos ciclos nos que non hai lista de espera. Se tes poucas posibilidades de conseguir praza, aquí tes nova oportunidade.

-Se a adxudicación do ciclo non che convence tes a posibilidade de renunciar. A renuncia implica renunciar ao ciclo adxudicado e aos que che adxudicaron en postos inferiores.Renunciar te permite optar á posibilidade de conseguir praza nun ciclo de maior preferencia ao que che adxudicaron, pero ollo, ninguén te asegura praza. Poderás consultar a orde na que te encontras nas listas de agarda e o que pediron as persoas que están diante de ti.

 -Para asegurar os teus datos persoais, non se publicarán nomes, a consulta será por códigos persoais. Debes conseguir o teu seguindo as Instrucións que che puxen máis arriba.

 

SE PRECISAS AXUDA, o luns 26 axudarei a facer a inscrición a quen o solicite. Iniciamos unha sesión grupal ás 10.0 na aula de informática, e outra ás 12.00. Debes reservar o teu posto por correo: maria.ysabelcalvo@edu.xunta.gal.

Distribuir contido