|
|
Sobres de matrícula
|
blogue deadmin
HORARIOS (2023-2024)
Enviado por admin o Dom, 24/09/2023 - 20:51
ESO |
CURSO
|
Bacharelato | |||
1.º BAC - A | 1.º BAC B | 1.º BAC C | |||
2.º BAC - A | 2.º BAC - B | ||||
FP Básica "Agroxardinaría e composicións florais" | |||||
FPB I | FPB II |
Megabau (Mellores Expedientes)
Enviado por admin o Ven, 21/06/2024 - 19:53Parabéns ao nosos representantes no acto de recoñecemento aos Mellores Expedientes de Galicia na ABAU 2024 (#megabau): Yara Sienra, Marcos Cordeiro e Juan Fernández.
Calendario da convocatoria extraordinaria (Bacharelato e FPB)
Enviado por admin o Sáb, 15/06/2024 - 11:34Fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar
Enviado por admin o Xov, 13/06/2024 - 12:30
- NORMATIVA REGULADORA:
- Orde de 7 de maio de 2024 (DOG 20-5-2024) Descarga en Versión Web - Versión PDF
- Renda per cápita familiar: terase en conta o execicio fiscal de 2022
- Situación persoal e composición da unidade familiar: referido ao 31-12-2022
- FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO:
- Pode solitar axudas para adquisición de materiral escolar todo o alumnado matriculado na ESO para o vindeiro curso.
Os niveis de renda per cápita para todo o alumnado da ESO (incluído o dos cursos Edixgal) é o seguinte: - Renda per cápita da unidade familiar igual ou inferior a 6.000€: corresponde vale de 75€
- Renda per cápita da unidade familiar entre 6.000 e 10.000€: corresponde vale de 60€
- Renda per cápita da unidade familiar superior a 10.000€: Non ten dereito a vale
- Poden solicitar as axudas do FONDO SOLIDARIO os matriculados no vindeiro curso en 3.º e 4.º ESO.
- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
- Ata o 21 de xuño
- Preferentemente pola Sede Electrónica da Xunta, usando o Formulario ED330B-Anexos I e II)
- Tamén se pode presentar na Secretaría do centro. Pódese descargar aquí os impresos:
Solicitude (Anexo I)
Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar (Anexo II)
- DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO DO CURSO 2023-2024
- Na Secretaría do centro.
Recollida de títulos de bacharel e graduado ESO e técnico FP Básica
Enviado por admin o Lun, 10/06/2024 - 21:17
AVISO: Xa están dispoñibles para a súa recollida na secretaría do centro os títulos de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato e FP Básica que remataron no ano 2022 e anteriores. Para poder recollelo é imprescindíbel que o realice persoalmente o/a interesado/a e que acredite a súa identidade mediante o DNI. |
Limpeza da ribeira
Enviado por admin o Sáb, 25/05/2024 - 15:54
O alumnado de 1º. e 2.º ESO participou o venres, 24 de maio, na segunda edición da limpeza da ribeira de Mugardos. Igual que na outra ocasión tocounos o sector do cabo Leiras e podemos extraer unhas pequenas observacións. Por unha banda, a cantidade de lixo recollida foi menor, o cal representa en si mesmo unha boa noticia. Porén, os plásticos na zona intermareal son cada vez máis pequenos e difíciles de recoller. Ademais, chamounos a atención que aínda apareceron un número significativo de pilas e, sobre todo, segue a chamar a atención o material de construción aquí depositado hai anos e que aquí continúa a súa fragmentación.
Obradoiro para a limpeza do litoral
Enviado por admin o Xov, 23/05/2024 - 13:12Como actividade previa á limpeza da ribeira, o alumnado recibiu unha charla sobre operacións de rescate marítimo e diferentes intervencións da empresa Ardentia Marine, provedora de servizos de resposta a emerxencias mariñas para Salvamento Marítimo (SASEMAR). Moitas grazas a José, enxeñeiro desta empresa e a Jacinto, da Asociación Apelón.
Graduación de bacharelato. Promoción 2022-2024
Enviado por admin o Dom, 19/05/2024 - 12:44O xoves,16 de maio, celebramos o acto de graduación de 2.º bacharelato correspondente á promoción 2022-2024. Moi agredecidos ao Casino Mugardés que nos cedeu as súas instalación para compartirmos o acto cos familiares a achegados.
O propio alumnado organizou e amenizou o acto coa música e visionado das imaxes do seu paso polo centro. Ademais dos emotivos discursos dos representantes dos grupos e titores, salientamos a mención das dúas matrículas de honor ás alumnas Yara Sienra e María Montenegro nas modalidades de bacharelato de ciencias e ciencias sociais, respectivamente.
Parabéns aos novos bachareis que enfrontan unha nova etapa nas súas vidas. Grazas ao profesorado que os acompañou en toda a súa traxectoria escolar. Para todas as familias, o noso recoñecemento por confiarnos unha parte importante da educación dos seus fillos e fillas.
Vento nas velas!!!
VIAXES DE ESTUDOS E FIN DE CURSO
Enviado por admin o Lun, 15/04/2024 - 11:50Portugal, 25 de abril (Aveiro, Lisboa, Coimbra)
21 - 26 de abril
Portugués
Patio da Universidade de Coimbra
Spring Week - Inmersión lingüística
14 - 20 de abril
Inglés
O alumnado de 4º de ESO participa no programa de inmersión lingüística "Spring Week" que se está a levar a cabo en Mondariz. Acompaña o titor Andrés Ferreira.
Spring WeeK trátase dunha experiencia lingüística que ten lugar nesta ocasión na localidade de Mondariz. Están desenvolver actividades relacionadas coas enerxías renovables, acción polo clima e sustentabilidade, empregando o inglés como lingua vehicular. Ao final da semana terán que presentar e expoñer en grupos os seus proxectos.
Asemade mellorarán as súas habilidades de traballo en equipo, comunicación na lingua inglesa, e socialización, xa que conviven con nenos e nenas doutros centros educativos de Galicia. Ademais no tempo libre realizan actividades de lecer.
Viaxe de estudos a Bruxelas e cidades belgas
11 - 15 de abril
2LE - Francés
Alumnado de francés acompañados da profesora Ana Sánchez
|
Matemáticas na raia en 3.°ESO
Enviado por admin o Sáb, 13/04/2024 - 20:06Na tarde do xoves, 11 de abril, o alumnado de 3º ESO participou no concurso de resolución de problemas Matemáticas na raia.
Matemáticas na Raia é un concurso de resolución de problemas por equipos que se desenvolve en Galicia e no Norte de Portugal organizado conxuntamente pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) e a Asociación de Profesores de Matemáticas de Portugal (APM).
Paz en Palestina
Enviado por admin o Ven, 12/04/2024 - 19:24No mediodía deste venres, 12 de abril, secundamos o chamamento á solidariedade co pobo palestino. Coa lectura do manifesto, reclamamos o alto o fogo na faixa de Gaza e mais a apertura de entradas para o reparto de axudas humanitarias. PAZ.
#oensinogalegoconpalestina
Punto laranxa
Enviado por admin o Mar, 19/03/2024 - 17:25O Punto Laranxa é unha medida impulsada desde a Xunta de Galicia co obxectivo de erradicar o acoso e o ciberacoso nos centros educativos, grazas á colaboración de alumnado, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa. O anonimato pode ser ás veces un refuxio seguro á hora de comunicar estas situacións, facilitando así o logro dun cambio entre todos e todas.
COMO FUNCIONA O PUNTO LARANXA? 1. Escribe, se o desexas de maneira anónima, a túa mensaxe nun lugar onde te esteas seguro/a. 2. Localiza o Punto Laranxa . 3. Deposita na caixa do Punto Laranxa a túa mensaxe (esta caixa só pode ser aberta polo equipo docente encargado de loitar contra o acoso escolar no centro. Lembra que tamén podes achegar a túa mensaxe a través do Formulario electrónico cuxa ligazón que atoparás en todas as paxinas da web do centro. Se o estás a sufrir ou coñeces algún posible caso de acoso ou ciberacoso, axúdanos a paralo! |
Comezo da convocatoria de bolsas MEC 2024-25
Enviado por admin o Lun, 18/03/2024 - 23:13
PARA QUE ESTUDOS PODES SOLICITAR UNHA BOLSA?
Para alumnos/a que no curso 24/25 estean matriculados/as en:
COMO SOLICITALA?.
1. ENTRA NA SEDE ELECTRÓNICA. https://sede.educacion.gob.es Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
2. REXÍSTRATE.
3.ENCHE O FORMULARIO. Unha vez dentro, tes que encher o formulario en liña. Neste paso, non che pediremos que achegues documentación porque as unidades encargadas da tramitación de bolsas consultarán todos os datos necesarios para comprobar que reúnes os requisitos para solicitala. Só en determinados supostos pedirémosche que achegas algún documento concreto.
4.IMPRIME O XUSTIFICANTE DE PRESENTACION. COMPROBA SE TE ATOPAS NALGUNHA DAS SITUACIÓNS PARA REMITIR DOCUMENTACION:
Servizo de Apoio aos Servizos Educativos . Sección de Bolsas de Estudo
|
Acreditación da competencia dixital (4º. ESO e 2.º Bach.)
Enviado por admin o Lun, 11/03/2024 - 12:08
Solicitude de inscrición na probra
|
A acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa 4ºESO e 2º de bacharelato no curso 2023/24 regulouse nas seguintes instrucións Información acreditación
Podedes facer a solicitude de inscrición das probas específicas na secretaría do centro ata o venres, 15 de marzo inclusive. |
Cinema con perspectiva
Enviado por admin o Dom, 25/02/2024 - 13:48Dentro do programa "Cinema con perspectiva", o alumando de 1.º e 2º. ESO asistiu as últimas horas deste venres á proxección de cinco curtametraxes. A base común de todas elas foi fomentar a reflexión sobre o papel da muller na sociedade. a violencia de xénero e as desigualdades. O debate e posta en común das reflexións foi levada a cabo por María.
Entrevista con Patricia Casal sobre o Castelo da Palma
Enviado por admin o Dom, 25/02/2024 - 02:00
|
Escoita Radio na Biblio Antía Martínez, Eneas Pérez e Íker Fernández (4.º ESO) |
Iniciación segura á pegada dixital e as redes sociais
Enviado por admin o Mér, 07/02/2024 - 23:13
Baixo o título de Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais, o alumnado de 2.º ESO asistiu hoxe no Salón de Actos a unha charla enmarcada dentro do programa da Consellería de Educación e mais a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Con esta actividade preténdese reforzar a competencia básica dos estudantes en seguridade na xestión dos seus perfís nas redes sociais; explícar os conceptos de identidade e pegada dixital, e afondar na configuración das opcións de seguridade e privacidade das redes sociais máis actuais entre a rapazada. Tamén se ofrecen ferramentas e se explican recursos aos que poder acudir cando teñan algunha dúbida sobre o uso seguro da tecnoloxía.
#AQUÍTAMÉNSEFALA
Enviado por admin o Lun, 05/02/2024 - 22:02#aquítamensefala
Xaneiro e febreiro de 2024
3º. e 4.º ESO
Taller de papiroflexia (Club de Ciencias)
Enviado por admin o Mér, 31/01/2024 - 23:47Na sesión deste martes, o Club de Ciencias, dirixido pola profesoras Laura Viñas e Ana Polo, realizou estes femosos "envoltorios" de palabras de paz, pola conmemoración do Día Internacional da Non Violencia (30 de xaneiro).
Inicio do procedemento de admisión
Enviado por admin o Lun, 22/01/2024 - 11:51CURSO 2024 - 2025
Solicitude de Reserva
Prazo aberto
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Solicitude de reserva
1.º ESOCentros adscritos |
Solicitude de reserva
1.º BacharelatoCentros adscritos |
|
Difusión da experiencia PIALE en Canadá
Enviado por admin o Xov, 04/01/2024 - 15:15Na mañá do pasado 21/12/23, o noso compañeiro do Departamento de Matemáticas, Fabio González, ofreceunos unha presentación sobre da súa estadía na cidade de Toronto, dentro do marco do programa PIALE, para a mellora de competencias lingüísticas do profesorado galego.
Ante a presencia dunhas doce docentes e corenta alumnas e alumnos, explicounos a súa integración no instituto canadense Forest Hill Collegiate Institute e as súas impresións sobre o sistema educativo da provincia de Ontario e o modo de vida na devandita metrópole.
Ademais, dentro do contexto de internacionalización no que está encadrado o IES de Mugardos, animounos a participar neste tipo de iniciativas de inmersión, polas riqueza achegada neste tipo de experiencias con estudantado e docentes doutros países.
AVISO: número premiado no sorteo da cesta de Nadal
Enviado por admin o Mér, 27/12/2023 - 14:46
A persoa posuidora da papeleta co número 30578 pode contactar co centro a través do correo electrónico ies.mugardos@edu.xunta.gal
Entrega dos alimentos non perecedeiros a Cáritas
Enviado por admin o Mar, 19/12/2023 - 22:58
Grazas á xenerosa colaboración da comunidade educativa, un ano máis realizamos a entrega de alimentos non perecedeiros a Cáritas Parroquial de Mugardos. Grazas.