FAMILIAS - ANPA O Castro
|
ESO
Spot para a Rede de Centros Escolares Solidarios
Enviado por admin o Xov, 13/11/2014 - 18:45
Outros spots: Arelarproxectos
Reportaxe III Premio Estudo e Deporte
Enviado por admin o Mar, 08/07/2014 - 21:46Documental con entrevistas para a entrega do III Premio Estudo e Deporte do ano 2014.
MATERIA SETEMBRO CIENCIAS SOCIAIS 3º ESO
Enviado por manuelpousa o Mar, 24/06/2014 - 17:10
TEMA 1
PUNTOS 1 (PÁXINA 14), 3 (PÁXINA 16-7), 6 (20), 7 (21), 9 (22-3)
TEMA 2
PUNTOS 1 (28), 3 (30), 6 (32), 7 (32)
TEMA 3
PUNTOS 4 (52), 6, 7, 8 (56 OS TRES)
TEMA 5
PUNTOS 2 (86), OS IMPOSTOS (89), O PARO (93)
TEMA 6
PUNTOS 1 (100), 3 (102), 6 (104-6) E 7 (107-8)
Bestiario Fantástico
Enviado por admin o Lun, 23/06/2014 - 21:09Códice manuscrito polo alumnado de Cultura Clásica de 4.º ESO coa dirección da profesora Olga Cabalar. O orixinal fica exposto no vestíbulo do centro.
Xornada de Emerxencia en Mugardos
Enviado por admin o Lun, 16/06/2014 - 22:12Esta mañá, o campeiro da Pandoira foi escenario da Xornada de Emerxencia para todo o alumnado dos colexios e instituto de Mugardos. Participaron Policía Local, Garda Civil de Tráfico, helicótero da DGT, Axega, Protección Civil de Muxía, Bergondo e Mugardos e o GES de Mugardos.
III Premio Estudo e Deporte
Enviado por admin o Ven, 13/06/2014 - 15:17Máis dun centenar de deportistas estudantes participaron nesta convocatoria do III Premio Estudo e Deporte. Trátase dunha iniciativa do IES de Mugardos en colaboración co Concello de Mugardos, o Concello de Ares, o Club do Mar de Mugardos, a SDC Galicia de Mugardos e a ANPA O Castro para premiaren os estudantes do centro que mellor se desenvolven nos aspectos social, deportivo e académico.
A grande cantidade de datos recompilados coa axuda indispensable de 25 adestradores e os seus clubs e entidades, requiriu dunha análise minuciosa. Foron precisas varias sesións de traballo para outorgar os gañadores e mencións especiais en cada unha das categorías. O Comité Avaliador quere salientar o mérito de cada un dos participantes e o compromiso das súas familias para organizarse e render nos estudos e na actividade física. Máis alá dos resultados, todos somos gañadores co voso exemplo.
Os recoñecidos co III Premio Estudo e Deporte-2014 nas tres categorías son os seguintes:
PRIMEIROS PREMIOS
Nome e apelidos |
Deporte |
|
ESO 1-2 |
Fátima Cancela González |
Club do Mar de Mugardos |
ESO 1-2 |
Christian Rubianes Leyva |
Club do Mar de Mugardos |
ESO 3-4 |
Lupa Pérez Ruiz |
Club do Mar de Mugardos |
ESO 3-4 |
Pablo Rodríguez Vilaboa |
Club de Golf Campomar |
BAC-PCPI |
Cristina Reborido Gómez |
Club do Mar de Mugardos |
BAC-PCPI |
Martín Pérez Sarmiento |
Club Fútbol Numancia de Ares |
Unha das decisións novidosas nesta convocatoria é a concesión dun Premio Especial pola súa traxectoria académico-deportiva ao longo da ESO aos alumnos:
PREMIO ESPECIAL
ESO 3-4 |
Sara Vázquez Rumbo |
ESK Narón |
ESO 3-4 |
Joao Pedro Moreira Dos Santos |
Racing Club Ferrol |
Ademais outorgáronse as seguintes mencións:
MENCIÓNS
Categoría |
Nome e apelidos |
Deporte |
ESO 1-2 |
Andrea Marcos Paradela |
Club do Mar de Mugardos |
ESO 1-2 |
Alba Pérez García |
SDC Galicia de Mugardos |
ESO 1-2 |
Miguel Fernández Rodríguezl |
SDC Galicia de Mugardos |
ESO 1-2 |
Borja Pita Seone |
Racing Club Ferrol |
ESO 3-4 |
Marica Otero |
Club do Mar de Mugardos |
ESO 3-4 |
Mercedes Pereira Rodríguez |
Club do Mar de Mugardos |
ESO 3-4 |
Pablo Rañales Pérez |
Tiro con arco. Ares Arco |
ESO 3-4 |
Jorge Pérez Pérez |
SDC Galicia de Mugardos |
ESO 3-4 |
Sergio Pérez Pérez |
SDC Galicia de Mugardos |
BAC-PCPI |
Inés Sánchez Castro |
Baile DanzAres |
BAC-PCPI |
Paula Oliveira Sánchez |
Baile DanzAres |
BAC-PCPI |
Carlos López Vilasánchez |
Racing Club Ferrol |
BAC-PCPI |
Marcelo Couce Barbeito |
Fútbol Numancia |
Marcha ciclista Concello de Mugardos
Enviado por admin o Ven, 30/05/2014 - 15:08Poucos, pero cumpridores, os ciclistas de 1.º e 2.º ESO realizaron esta mañá a tradicional marcha ciclista organizada polo Concello de Mugardos para todos os centros educativos do municipio. Velaquí antes de emprenderen o percorrido ata Chanteiro.
Anuncios publicitarios (1.º ESO)
Enviado por Serafín o Xov, 29/05/2014 - 18:09Logo da estrea no pasado Festival das Letras, presentamos a media ducia de anuncios gravados polos "creativos e creativas" de 1.º ESO. A súa realización foi o produto final da unidade final levada a cabo durante as prácticas de mestrado da profesora Beatriz M. Vilasánchez.
Selecciona na Lista de Reprodución cada un dos vídeos ou accede pola ligazón:
Fregosecadora, Rebentabechos, Polbeitor 6000,
Caramelízate, Gominola mola, Power batido.
Charlas de Seguridade Vial
Enviado por admin o Dom, 25/05/2014 - 12:36O Xefe da Policía Local de Mugardos impartiu ao longo desta semana varias charlas de seguridade vial dirixidas ao alumnando da ESO. O principal asunto desta actividade centrouse na importancia do uso do cinto de seguridade e no casco.
Inauguración da exposición "Noméame e dáme un sentido"
Enviado por Gonper o Mér, 07/05/2014 - 20:35Ás sete da tarde do 7 de maio, inauguramos na sala OMIX do Concello de Mugardos a exposición de fotografía abstracta ·Noméame e dáme un sentido". Máis de corenta imaxes realizadas polo alumnado de 4.º ESO coordinado polo profesora en prácticas Belén Naveira e Marta González.
Ao acto acudiu numero público e autoridades. Ata o vindeiro 30 de maio permanecerá aberta ao público en horario de mañá. Os visitantes poderán contribuír pondo un título a cada serie de imaxes.
Parabéns aos artistas!!!
Unha mañá coa brigada antiincendios
Enviado por admin o Xov, 30/01/2014 - 20:50A mañá do xoves, 30 de xaneiro,no salón de actos, cinco bombeiros do Distrito Forestal de Ferrol e máis unha técnica viñeron a darnos unha charla de dúas horas. Explicáronnos como se producía un incendio forestal e como o apagaban. Contáronnos como se pode producir o lume e cando é máis perigoso. Tamén nos amosaron os materiais que usan para evitar que se expanda o lume. O camión que traían era un URO e deixáronnos usar a mangueira.
1.º ESO
Primeira Semana da Froita (2013-2014)
Enviado por admin o Dom, 26/01/2014 - 13:39Do 20 ao 24 de xaneiro desenvolveuse a primeira semana de distribución de froita fresca.
Pleno Xove (17 de decembro)
Enviado por ofelia786 o Xov, 19/12/2013 - 22:50Canle IES Mugardos TV
Gravación: Pablo Pérez - Xornalista: Sara Vázquez
Reportaxe fotográfica
Sofía Vila, Marta Pérez e Aurora Silvar
---ooo---
Foto e nova en La Voz de Galicia
PENDENTES DE CIENCIAS SOCIAIS: CONTIDOS DE EXAME EN XANEIRO
Enviado por manuelpousa o Sáb, 14/12/2013 - 20:21
Estos son os contidos do exame de pendentes de xaneiro. Entrarán os seguintes apartados (as páxinas entre parñentese)
TEMA 1
1 (pax. 6), 3 (paxs. 8-9), 4 (10-1)
TEMA 2
9 (pax. 22-3)
TEMA 3
1 e 2 (pax. 28) 3 e 4 (pax. 28). 6 e 7 (pax. 32), 8 (pax. 34), 10 e 11 (pax. 36)
Exposición "Man, o alemán de Camelle"
Enviado por admin o Mar, 10/12/2013 - 22:14
Co alumnado de 1. ESO visitamos esta tarde a exposición sobre Man, o alemán da Costa da Morte, aberta na Casa da Xuventude de Ares. Logo do percorrido pola vida e a explicación da súa obra, puxémonos a facer o que Man sempre lles pedía aos nenos: pintar.
Estrea da canle YouTube
Enviado por admin o Mér, 13/11/2013 - 16:40Este mes inauguramos a canle YouTube do instituto. Nel irán aparecendo os vídeos producidos no centro. Comezamos polo magnífico traballo do alumnado de Cultura Clásica (4.ºESO) dirixidos polas profesoras Olga Cabalar e Begoña Allegue.
Cultura Clásica (4.º ESO)
After two days of school in two weeks (and five days off)...questions for unit 1.
Enviado por manuelpousa o Mar, 29/10/2013 - 15:44Que teñen en común mesetas e chairas? Que as diferencia?
Que teñen en común as depresións coas chairas?
Enumera as placas tectónicas.
Que sucede no límite entre as placas tectónicas?
Que placas formaron o Himalaia?
Por que hai volcáns no límite entre as placas?
Que áreas de gran actividade sísmica e volcánica destaca o libro e por que?
Compara os mapas das páxinas 14 e 19 e sinala que cordilleiras, illas e arquipélgaos teñen maior actividade volcánica. En que zonas do mundo se atopan?
Compara os mapas das páxinas 14 e 51 e sinala 10 países e 10 cidades con forte risco sísmico e volcánico.
Que dúas virtudes teñen os montes para a ocupación humana?
Que tipo de chairas son as máis habitadas?
Describe os gráficos da pax. 16 sen facer referencia ás porcentaxes. Que tipo de gráficos son? Que porcentaxe do total da auga levan os ríos?
Canta auga teñen os lagos máis que os ríos? E as nubes?
Como se chaman os ríos do mar? Que tipos hai? Que nos importa ós seres humáns?
Que é unha comnca de drenaxe? Cal é a dos ríos Obi e Irtish (ver mapa pax. 19)?
Comezo da HORA DE LER
Enviado por admin o Dom, 20/10/2013 - 12:42Comezou a HORA DE LER.
Non esquezas o teu libro.
Entrevista con Serxio Pazos
Enviado por ofelia786 o Dom, 20/10/2013 - 12:29Co actor Serxio Pazos en Fene antes da actuación "Se galego, my friend"
Fame, coches, despilfarro de comida e demais...videos para recuperar Ciencias sociais de 3º
Enviado por manuelpousa o Mér, 09/10/2013 - 16:19PENDENTES DE 3º:
RESUMIR ESTES VIDEOS, FACER UN BALANCE FINAL CRÍTICO DE NON MENOS DE 20 LIÑAS NA QUE SE DESTACA QUE PARTES GUSTARON MÁIS, CALES MENOS, CON QUE ESTÁ DACORDO E CON QUE NON, QUE IMAXES GUSTARON/IMPACTARON, CALES NON, E DARLLE NOTA EN: AMENO/ABURRIDO E IMPORTANTE/NON.
1º TRIMESTRE
Los motivos del hambre en el mundo http://www.youtube.com/watch?v=UeCPV0_d-U0
Historia de Mercedes Benz (breve documental) http://www.youtube.com/watch?v =LzqKqa8mF8M
Cómo es el clima de montaña http://educacion.practicopedia.lainformacion.com/ciencias-naturales/como-es-el-clima-de-montana-11228
Cómo es el clima oceánico http://educacion.practicopedia.lainformacion.com/ciencias-naturales/como-es-el-clima-oceanico-11025
La comida No Se Tira El Escándalo Del Despilfarro Alimentario http://www.youtube.com/watch?v=mgn9c6WQSz8
The Corporation La Corporacion español spanish completa 1 2 3 http://www.youtube.com/ watch?v=Q0dCR1xRSZA
I Encontro da Rede de Centros Solidarios
Enviado por admin o Sáb, 05/10/2013 - 12:22O alumado de 2.º ESO participou este venres no I Encontro da Rede de Centros Solidarios de Galicia formada neste momento por oito institutos e colexios. Cada un deles presentou a curtamentraxe gravada o curso pasado e deu a coñecer os proxectos e campañas levadas a cabo no seu centro. Para iso contamos cun stan e participamos en diferentes actividades lúdicas e un mercado de troco. Todos recibirán unha certificación oficial desta experiencia.
Noticia Voluntariado Galego
Fotos na Galería
- - - 0 0 0 - - -
Micromovie coa participación directa do alumnado do IES MUGARDOS, onde se promoven a través desta ficción as accións solidarias que se realizan no centro, no marco do proxecto "Micromovies solidarias" da Rede de Centros Escolares Solidarios. Arelar desenvolveu a coordinación técnica do proxecto.
Materia examen setembro 3º
Enviado por manuelpousa o Dom, 30/06/2013 - 17:37Os contidos do exame de setembro están na fotocopiadora. Bo verano.
PENDENTES DE 3º: TRABALLO PARA ASEGURAR
Enviado por manuelpousa o Lun, 17/06/2013 - 18:38Como andades todos na corda frouxa, o que queira asegurarse, debe entregar un traballo antes do martes da semana vindeira. Nel debedes analizar 10 páxinas web de ciencias sociais de 3º de eso describindo co maior detalle imaxes (número, calidade, valor educativo), cantidade de texto, tipo de letra, lexibilidade, dificultade, enlaces, apartados, actualización, emprego de videos (duración, amenidade), recurso a temas de actualidade, etc. Cada análise de páxina debe incluir unha opinión persoal razoada con datos comparándoa con outras. Ó final debedes elixir a mellor das páxinas e razoar porqué esa e porqué rexeitachedes as outras.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- seguinte ›
- última »