Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Traballos e premios

Final do Campionato de Polinomios

Logo de varias semanas de partidas durante case todos os recreos, o venres pasado celebrouse a esperada final do Campionato de Polinomios. O equipo TRAPECIO, formado por Martín Pérez (2.º Bac. e Martín Martán (1.º ESO), demostrou ser o mellor equipo dos 50 equipos participantes. O segundo clasificado foi o equipo Ǝ (existe) composto por Miguel Á Fernández (2.º Bac.) e Julián Fernández (1.º ESO). Tamén quedou en lugar destacado os equipo ÁLXEBRA de Almudena Vila (1.º Bac.) e Ariadna Regueiro (1.º ESO); PRISMA Bran Rodríguez (2.º Bac) e Jorge Morado (1.º ESO); BOLZANO de Verónica Gonzáles (2.º Bac.) e Uxía Fernández (1.º ESO); e ALFA de Carmen Samartín (2.º Bac.) e Icía Díaz (1.º ESO).

A directiva da ANPA entregou os trofeos e diplomas.

   
   

  Ademais da gran participación con máis de cen alumnos implicados, o gran traballo de organización do departamento de Matemáticas, e a colaboración económica da ANPA, o mellor do campionato foi a convivencia entre o alumnado de distintos cursos e niveis. Parabéns a todos.

Campionato de dodgeball

Pulseiras solidarias no Día do Voluntariado (5 de decembro)

No Día Internacional do Voluntariado (5 de decembro), o alumnado de 1.º ESO participou na actividade impulsada pola Rede de Centros Escolares Solidarios (RCES). A primeira hora contactaron con outros centros da rede por videoconferencia e durante os recreos venderon as pulseiras confeccionadas por eles mesmos. Recadaron en total 82 euros que, logo de varias propostas analizadas na clase de Atención Educativa, se doarán a UNICEF.

 

   

 #PulseiraSolidaria

Vídeos e cabazas polo Samaín

 

Reportaxe III Premio Estudo e Deporte

Documental con entrevistas para a entrega do III Premio Estudo e Deporte do ano 2014.

ESA LUZ

O pasado mércores día 25 gravouse "Esa luz" interpretada por alumnos de 1º ESO B. Esta canción, xa escoitada nos actos de fin de curso, foi composta por alumnos do IES de Guitiriz a partires de versos de Diaz Castro e usando a música de "Cups", na que os vasos son o acompañamento de percusión. Noraboa a Noelia, Noa Martínez, Lidia, Marta, Miriam, Inés, Noa Canido, Sergio, Carla, Iván, Diego e Félix polo excelente resultado.

  

Bestiario Fantástico

Códice manuscrito polo alumnado de Cultura Clásica de 4.º ESO coa dirección da profesora Olga Cabalar. O orixinal fica exposto no vestíbulo do centro.

Participación na V Olimpíada Galega de Economía

O pasado día 18 de xuño tuvo lugar a V edición da Olimpíada Galega de Economía na Facultade de Administración de Empresas de Lugo. Participaron as alumnas de 2.º BAC: Cristina Reborido e Zoe Rivera.

 

III Premio Estudo e Deporte

Máis dun centenar de deportistas estudantes participaron nesta convocatoria do III Premio Estudo e Deporte. Trátase dunha iniciativa do IES de Mugardos en colaboración co Concello de Mugardos, o Concello de Ares, o Club do Mar de Mugardos, a SDC Galicia de Mugardos e a ANPA O Castro para premiaren os estudantes do centro que mellor se desenvolven nos aspectos social, deportivo e académico.
 
A grande cantidade de datos recompilados coa axuda indispensable de 25 adestradores e os seus clubs e entidades, requiriu dunha análise minuciosa. Foron precisas varias sesións de traballo para outorgar os gañadores e mencións especiais en cada unha das categorías. O Comité Avaliador quere salientar o mérito de cada un dos participantes e o compromiso das súas familias para organizarse e render nos estudos e na actividade física. Máis alá dos resultados, todos somos gañadores co voso exemplo.
 
Os recoñecidos co III Premio Estudo e Deporte-2014 nas tres categorías son os seguintes:

PRIMEIROS PREMIOS

Categoría

Nome e apelidos

Deporte

ESO 1-2

Fátima Cancela González

Club do Mar de Mugardos

ESO 1-2

Christian Rubianes Leyva

Club do Mar de Mugardos

ESO 3-4

Lupa Pérez Ruiz

Club do Mar de Mugardos

ESO 3-4

Pablo Rodríguez Vilaboa

Club de Golf Campomar

BAC-PCPI

Cristina Reborido Gómez

Club do Mar de Mugardos

BAC-PCPI

Martín Pérez Sarmiento

Club Fútbol Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Unha das decisións novidosas nesta convocatoria é a concesión dun Premio Especial pola súa traxectoria académico-deportiva ao longo da ESO aos alumnos:

PREMIO ESPECIAL

ESO 3-4

Sara Vázquez Rumbo

 ESK Narón

ESO 3-4

Joao Pedro Moreira Dos Santos

 Racing Club Ferrol

 

 

 

 

 

Ademais outorgáronse as seguintes mencións:

MENCIÓNS

Categoría

Nome e apelidos

Deporte

ESO 1-2

Andrea Marcos Paradela

Club do Mar de Mugardos

ESO 1-2

Alba Pérez García

SDC Galicia de Mugardos

ESO 1-2

Miguel Fernández Rodríguezl

SDC Galicia de Mugardos

ESO 1-2

Borja Pita Seone

Racing Club Ferrol

ESO 3-4

Marica  Otero

Club do Mar de Mugardos

ESO 3-4

Mercedes Pereira Rodríguez

Club do Mar de Mugardos

ESO 3-4

Pablo Rañales Pérez

Tiro con arco. Ares Arco

ESO 3-4

Jorge Pérez Pérez

SDC Galicia de Mugardos

ESO 3-4

Sergio Pérez Pérez

SDC Galicia de Mugardos

BAC-PCPI

Inés Sánchez Castro

Baile DanzAres

BAC-PCPI

Paula Oliveira Sánchez

Baile DanzAres

BAC-PCPI

Carlos López Vilasánchez

Racing Club Ferrol

BAC-PCPI

Marcelo Couce Barbeito

Fútbol Numancia

Mención especial no concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos

Parabéns a Verónica, Carlos, Carmen e Sergio de 1.º BAC  que veñen de acadar unha meción especial no concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos organizado por SGAPEIO

A entrega dos premios e diplomas realizarase o vindeiro 20 de xuño en Santiago. Pero ademais o seu traballo baseado nunha análise sensorial de varias clases de pans foi seleccionado para representar a Galicia na Fase Nacional deste concurso. 

Estamos moi orgullosos deste resultado. porque sabemos de todo o esforzo e dedicación investido neste proxecto no que ten moito que ver a profesora Covadondga e todo o departamento de Matemáticas.

 

Mención Especial: 
Título: Introdución á análise sensorial. Estudo hedónico do pan no IES Mugardos
Autores: Verónica González Regueiro, Carlos Rodeiro Matriz, Carmen María Sanmartín Fero, Sergio Vila Plana
Titor: Covadonga Rodríguez-Moldes Rey

Foto La Voz de Galicia - Ferrol

 

Anuncios publicitarios (1.º ESO)

Logo da estrea no pasado Festival das Letras, presentamos a media ducia de anuncios gravados polos "creativos e creativas" de 1.º ESO. A súa realización foi o produto final da unidade final levada a cabo durante as prácticas de mestrado da profesora Beatriz M. Vilasánchez.

Selecciona na Lista de Reprodución cada un dos vídeos ou accede pola ligazón:

Fregosecadora, Rebentabechos, Polbeitor 6000,
Caramelízate, Gominola mola, Power batido

And I'm telling you... by Javier (4.º ESO)


2:53 minutes (3.96 MB)

O derradeiro mohicano by Grupo de frautas (3.º ESO)

Festival das Letras


2:44 minutes (3.76 MB)

Romeo e Xulieta by Javier e Iria

Festival das Letras


1:01 minutes (1.41 MB)

Negra sombra by Noelia (1.º ESO)

Festival das Letras


1:27 minutes (2.01 MB)

La bella Lola by Frautas 3.º ESO

Festival das Letras


1:45 minutes (2.41 MB)

Segundo posto no Canta Ferrol 2014.

Orgullosos de Iria Regueiro Cruz (2.º BAC.) pola súa gran actuación e levar o nome do instituto ata o segundo posto na edición deste ano do Canta Ferrol. Parabéns!!!

Explícoche matemáticas 2.0

A Facultade de Matemáticas da USC seleccionou estes dous vídeos de alumnas do noso centro para participar no concurso Explícoche Matemáticas 2.0.  O mellor xeito de valorar o traballo é cun "Gústame" en Youtube.

A elipse de LAURA e SILVIA (2.º BAC)

A catenaria de BEA e CRISTINA (2.º BAC)

 

 

Premios Emprende Xove

Satisfeitos coa nosa participación na segunda edición dos premios Emprende Xove convocados pola Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrolterra. Os equipos de 3.º ESO e 1.º BAC realizaron moi bos proxectos de creación de empresa para o que tiveron que concebir unha idea, desenvolver un proxecto de negocio, valorar alternativas de investimento e defendelo perante un tribunal de expertos.

Actividades de abril

Festival de Comparsas

PREMIO ao mellor conxunto de disfrace e espectáculo:

    O Circo de 4.º ESO


PREMIO á mellor letra e interpretación:

"Mamma mía, cando acabará esta crise" de 1.º ESO

 

      
Álbum do Entroido, 2014

Entrevista coa Shawna, auxiliar de conversa

                                                                                                             Subtítulos en inglés.

Mención de Honra na Olimpíada Matemática


 

Laura Ordóñez 
(1.ºBAC)

Mención de Honra na 
Olimpíada Matemática en Galicia

Pleno Xove (17 de decembro)

Canle IES Mugardos TV
Gravación: Pablo Pérez - Xornalista: Sara Vázquez  

Reportaxe fotográfica
Sofía Vila, Marta Pérez e Aurora Silvar

 

 

 

---ooo---


Foto e nova en La Voz de Galicia

Por un mundo mellor

Estrea da canle YouTube

Este mes inauguramos a canle YouTube do instituto. Nel irán aparecendo os vídeos producidos no centro. Comezamos polo magnífico traballo do alumnado de Cultura Clásica (4.ºESO) dirixidos polas profesoras Olga Cabalar e Begoña Allegue.

                                                                                Cultura Clásica (4.º ESO)

Distribuir contido