blogue deadmin
Fondo solidario e axudas para material
Enviado por admin o Lun, 04/06/2018 - 20:33- Impresos: Anexo I e II
Edusolidariedade á mugardesa (25 de maio, 2018)
Enviado por admin o Sáb, 26/05/2018 - 11:59Ata a chuvia respectou na mañá de onte a xornada de convivencia e solidariedade do alumnado e profesorado do CEIP Unión Mugardesa, CPR Loyola e IES de Mugardos. Convivencia porque reuniu nunha mesma actividade a preto de 500 escolares, de 3 a 18 anos, de infantil a bacharelato. Solidaria porque entre todos recadamos 1.683,30 euros que a ONG "Nico contra el cáncer infantil" destinará directamente á investigación e mellora dos tratamentos.
A principal actividade consistiu na realización das carreiras, desde os cen metros ata os 1.900 metros. En todas elas os participantes amosaron un grande espírito deportivo e participativo. Grnades doses de esforzo, sorrisos e aplausos para demostrarnos que somos unha comunidade educativa viva e vibrante. Xuntos somos mellores.
Ademais dos centros educativos, na organización participou o Concello de Mugardos e contou coa axuda de varias empresas patrocinadoras e a colaboración do animador Dani Ríos . Agradecemos especialmente a participación das ANPAS, o servizo municipal de deportes, monitores de xogos populares e club Móvete de danza.
Agora, coas pilas cargadas, imos polo fin deste curso 2017-2019. Vémonos o 21 de xuño nunha nova edición dos premios Estudo e Deporte.
TES TALENTO. Festival das Letras Galegas, 2018
Enviado por admin o Dom, 20/05/2018 - 20:25
O alumnado amosou o seus talentos no festival que se organizou para conmemorar o Día das Letras Galegas. Sobre o escenario do salón de actos desfilaron ata quince actuacións de música, danza e monólogos. O xurado elixiu seis finalistas que foron sometidas á votación do público. No védeo podes comprabar o grande talento despregado por todos os participantes. Máis infomación en Lecturamos, blogue da Biblioteca escolar.
Minimarket Emprende Xove (2018)
Enviado por admin o Dom, 13/05/2018 - 21:37Un numeroso grupo de alumnos e alumnas das diferentes materias relacionadas coa Economía, desde 4.º ESO ata bacharelato, impartidas pola profesora Carmen Meiriño, participaron na quinta edición de Minimarket EmprendeXove celebrado este sábado no Auditorio de Ferrol. Trátase dun concurso patrocinado pola Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Ferrolterra, Eume e Ortegal que premia o talento, o espírito emprendendor e a orixinalidade de proxectos dos estudantes. Nesta ocasión xuntáronse un total de once centros da bisbarra. Parabéns a todos!!!
Deportes náuticos en Ares
Enviado por admin o Ven, 11/05/2018 - 12:32Un ano máis o alumnado de 1.º e 2.º ESO tivo a oportunidade de gozar dunha mañá dedicada á práctica de deportes náuticos: batel, veleiro, kayak e padelsurf. A actividade inclúese dentro do programa Deporte Escolar, organizado polos servizos deportivos dos concellos de Ares e Mugardos e as instalacións do Clúb Náutico de Ares.
Deportes náuticos en Ares
Enviado por admin o Xov, 10/05/2018 - 23:20Un ano máis o alumnado de 1.º e 2.º ESO tivo a oportunidade de gozar dunha mañá dedicada á práctica de deportes náuticos: batel, veleiro, kayak e padelsurf. A actividade inclúese dentro do programa Deporte Escolar, organizado polos servizos deportivos dos concellos de Ares e Mugardos e as instalacións do Clúb Náutico de Ares.
Calendario final de 2.º Bacharelato, reclamacións e matrícula na ABAU
Enviado por admin o Mar, 08/05/2018 - 14:05
Reclamacións en 2.º bacharelato
Segundo a Circular 2/2018 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato establecido na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, para o curso 2017/2018. As reclamacións contra as cualificacións finais obtidas nas materias de 2º de Bacharelato presentaranse por escrito na secretaría do centro e dirixidas á Dirección desde o mércores 23 de maio ata as 14:00 horas do Xoves 24 de maio de 2018. As instancias pódense recoller na Secretaría do centro. Ás 13:00 horas do Venres 25 de maio notificarase a resolución dos Departamentos ao alumno/a e representantes legais. O prazo para presentar solicitudes de reclamación á comisión de supervisión remata o Luns 28 de maio de 2018 ás 14:00 h. Para máis información consulte o portal educativo da Xunta de Galicia. URL: |
Día da Ciencia na rúa (A Coruña)
Enviado por admin o Dom, 06/05/2018 - 22:52Allumnas de 3.º ESO participaron esta fin de semana no Día da Ciencia na rúa que se vén celebrando na cidade da Coruña. Coordinadas polas profesoras Carmen Bernabéu e Esther Rodríguez, atenderon ao público con explicacións e varios experimentos de reaccións químicas.
Encontro con maiores
Enviado por admin o Xov, 03/05/2018 - 23:46Esta mañá o alumnado de 1.º ESO participou na biblioteca dun encontro con Concha Cortizas e Loli Vázquez que lles falaron das súas vivencias e experiencias no Mugardos de cando eran nenas. A escola, a formas de diversión, os transportes, os traballos... O noso sincero agradecemento por este achegamento e gran vontade de comunicación coas novas xeracións.
Iniciación ao remo (1.º e 2.º ESO)
Enviado por admin o Dom, 29/04/2018 - 15:17Ao longo das dúas últimas semanas o alumnado de 1.º e 2º. ESO tivo a oportunidade de achegarse nas clases de Educación Física ao remo. Grazas á colaboración do Club do Mar de Mugardos, tivemos varias sesións de remoergómetro no pavillón e logo, en varias quendas, a saída ao mar que para moitos era a primeira vez.
Olimpíada matemática (2.º ESO)
Enviado por admin o Sáb, 28/04/2018 - 12:53A mañá do xoves, 26 de abril, celebrouse no IES de Canido de Ferrol a fase de zona da Olimpíada Matemática para alumnado de 2º. ESO. O noso centro estivo representado por Jacobo, Juan e Elisabeth acompañados pola profesora Covadonga Rodríguez-Moldes.
O día 7 de maio darase a coñecer a relación dos seleccionados en cada zona para acudir á Fase Final Galega que será o día 24 de maio.
Día do Libro, 2018
Enviado por admin o Lun, 23/04/2018 - 14:14Máis información no blog da biblioteca: Lecturamos
Sesións formativas para pais e nais
Enviado por admin o Ven, 13/04/2018 - 14:52A doutora Ana Martínez Lorente, da Consellería de Sanidade, impartiu este o martes pola tarde unha sesión formativa para o alumando de 1.º e 2.º ESO. Deseguido mantivo unha interesante charla sobre alimentación saudable cun grupo de nais e profesores.
Participación na Olimpíada Galega de Economía
Enviado por admin o Dom, 08/04/2018 - 18:42 |
![]() |
O sábado 7 de abril tivo lugar na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense a Olimpíada Galega de Economía. O departamento de Economía do IES Mugardos enorgullécese de ter participado un ano máis, contando coa participación do alumno Nicolás Nieto, da materia de Economía de Empresa (2.º Bac). Para el e para a profesora Mara Meiriño, o noso recoñecemento pola boa disposición e esforzo. Parabéns! |
Na XII Feira Matemática - A Coruña, 2018
Enviado por admin o Dom, 08/04/2018 - 18:42Unha numerosa representación de máis de trinta alumnos e alumnas de 2.º e 3.º ESO asitiron á Feira Matemática, que se celebrou este sábado no Palexco da cidade da Coruña. Coordinados pola profesora Covadonga Rodríguez-Moldes, pasaron a xornada completa a atender ao público en dous stands: un centrado na construción de formas xeométricas con palliñas e outro na memorización de deciñais do número PI. Salientamos a dedicación e bo trato coas explicacións ao público de todas as idades. Un ano máis, grazas e parabéns por levar o nome do IES de Mugardos a esta importante cita da divulgación científica.
Ademais, a xornada rematou coa grata sorpresa da entrega do primeiro premio do Concurso de Esopías ao alumno Bruno Sánchez Cuervo (2.º ESO):
O elixir Ana (3), a(1) gran(4) e(1) única(5) portadora(9) do(2) máxico(6) colar(5) das(3) catro(5) familias(8) poderosas(9), lembrou(7) decontado(9) que(3) un(2) dos(3) parentes(8) tiña(4) oculto(6) un(2) elixir(6) novo(4) que(3) fai(3) milagres(8). |
Ligazóns:
Ioga tibetano
Enviado por admin o Dom, 25/03/2018 - 12:40O pasado venres, 23 de marzo, todo o alumnado e profesorado interesado puido gozar dunha práctica de ioga tibetano. As sesión foron dirixidas pola especialista Beatriz Romero (Sonän Donyö), instrutora de ioga tibetano e meditación e monitora de ioga para nenos. Agradecemos a súa presencia no instituto e esperamos poder contar con máis ioga no futuro.
Seguimento da folga do 8 de marzo
Enviado por admin o Xov, 08/03/2018 - 21:03Datos do seguimento da folga do 8 de marzo no IES de Mugardos:
-
PERSOAL (docente e non docente)
Seguimento total (homes e mulleres)
58,3%
Seguimento feminino (só mulleres)
87,5%
-
ALUMNADO (3º e 4º ESO, Bacharelato, FPBásica e Adultos)
Seguimento total (homes e mulleres)
81,4%
Seguimento feminino (só alumnas):
96,5%
Campionato de volei
Enviado por admin o Xov, 01/03/2018 - 18:26Esta semana comezou o torneo mixto de volei cun grande éxito de participación. En total inscribíornse 17 equipos: nove na categoría infantil e oito xuvenís. O calendario de encontros está no taboleiro de Educación Física.
Vén ao pavillón nos recreos e goza dos partidos.
Proceso de admisión (Curso 2018-2019)
Enviado por admin o Mér, 28/02/2018 - 22:56NORMATIVA LEGAL |
PROCESO E CALENDARIO | ||
|
||
|
||
|
||
|
||
|
||
|
Visita ao Museo de Historia Natural (Santiago) e viveiro Plantamus (Ordes)
Enviado por admin o Mér, 28/02/2018 - 17:22Día de Rosalía (24 de febreiro). Concurso de poemas musicados.
Enviado por admin o Lun, 26/02/2018 - 19:37O 23 de Febreiro celebramos o Día de Rosalía convocando un concurso de poemas musicados aberto a todo o centro. Queremos salientar tanto a participación do alumnado como a calidade dos traballos, e por suposto, felicitar ás alumnas gañadoras.
3º Premio: BLANCA GAGO 1º Premio: ANA RUMBO 2º Premio: NOELIA CALVO
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »
![RSS - blogue deadmin Distribuir contido](/centros/iesdemugardos/misc/feed.png)