Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

ESO

Andaina do Belelle

  

Este mércores os alumnos/as  de 1.º e 4º de ESO realizaron a ruta da "Fervenza do río Belelle". O percorrido de algo máis de dez quilómetros serviu para reforzar o programa de apadriñamento e amadriñamento entre as diferentes promocións do instituto.

Memoria do Banco de Libros (ANPA)

    

Segundo os datos recollidos da memoria, este foi o resultado do Banco de Libros da ANPA:

 

 

Libros prestados: 432

Alumnos que reciben libros: 104

Aforro estimado ás familias: 15.000

 

Froito desta acción, combinada co fondo e as axudas oficiais, a totalidade do alumnado da ESO conta coa maioría dos libros de de texto.

A dirección do centro quere agradecer o labor de todas as persoas que desde a ANPA O Castro fixeron posible esta lección de solidariedade e altruísmo.

Grazas.

"La poesía es un arma cargada de futuro" (rap)

Adaptación rap del poema de GABRIEL CELAYA.
Voces: Lupa Pérez y Marica López
Alumnado de 4.º ESO

Masterchef de vitaminas

Antes de rematar o curso, o alumnado de 2.º ESO coa súa titora Gabriela Sáchez organizaron o primeiro Masterchef do instituto. Por equipos foron elaborando as súas receitas, previamente redactadas e traballadas nas clases de inglés, e realizando unha pequena exposición e degustación do produto final.

O ingrediente principal foron as froitas e o bo humor. O próximo curso, máis vitaminas!!!

 

 Imaxes na galería

 

Premios de audiovisual escolar Olloboi

Unha boa representación do equipo de gravación da curtametraxe "Sen batería" asistiu á gala de entrega dos premios Olloboi de audiovisual escolar celebrada este sábado en Boiro. Aínda que non resultamos gañadores nas categorías nas que o noso vídeo seleccionado, foi unha grande experiencia. Parabéns, equipo!!!


 

Excursión a Santiago de Compostela (3.º ESO e Clubs de Lectura)

Este venres o alumnado de 3.º ESO e máis os Clubs de Lectura realizaron unha excursión a Santiago de Compostela. Durante a mañá, repartidos en varios grupos, desenvolveron unha actividade de capturas fotográficas pola cidade vella. Mentres tanto, os do club de lectura visitaron a Biblioteca Ánxel Casal e acheegáronse ata a libraría Couceiro onde recibiron explicacións sobre a confección e encadernación clásica de libros.

Pola tarde, realizaron unha visita guiada ao Museo de Historia Natural da USC. O guía de honor foi tamén un mugardés e ex-alumno do centro Daniel Castro.

Fotos na Galería

 

Recollida dos tapóns solidarios

 

AS.PA.NE.MI é a Asociación de Pais de Nenos con Minusvalías que apoia a campaña de recollida de tapóns solidarios para Alba. Trátase dunha rapaza de 17 anos con orixe familiar na nosa comarca que padece unha enfermidade chamada ataxia-telangectasia (Ver información en AEFAT).

Esta mañá, a presidenta de AS.PA.NE.MI, Monse Fraga e Mari viñeron buscar os tapóns recollidos ao longo do curso na entrada do instituto e contáronnos como vai a campaña "Alba la promesa". Ademais de agradecer a todas as familias a súa solidariedade e animar a todos a participar co pequeno xesto dun tapón, explicáronos cuestións sobre a reciclaxe do plástico.

No último tráiler enviado á planta de reciclaxe sumaron máis de dez toneladas de plástico. Todo un récord de peso debido ao traballo de selección e limpeza que realiza a propia avoa de Alba e moitos colaboradores. O prezo foi de 250 euros e o total recadado destínase a sufragar a consulta e o tratamento experimental cun especialista.

Por último, enterámonos que recentemente Alba foi operada nun nocello e de momento non pode asistir ás clases no seu instituto. Desde aquí enviámoslle un afectuoso saúdo e algúns quilos de tapóns co cesexo de que se recupere axiña.

1.º ESO

Feira das Matemáticas

Alumnos de 3.º ESO coa profesora Covadonga Rodríguez-Moldes atenderon o stand do noso instituto na Feira da Matemáticas, celebrada este sábado na Coruña. Coa particiàción do público conseguiron realizar a 5.º interacción da alfombra de Sierpinski.

 

 Fotos na galería
Díptico explicativo

Duatlón escolar en Ares

Esta mañá o alumnado de 1º e 2º ESO participou, conxuntamente con outros centros educativos de Mugardos e Ares, na actividade deportiva de duatlón escolar polas rúas de Ares. Parabéns aos participantes e aos organizadores.

Viaxe a Barcelona (4.º ESO)

Viaxe a Guimaraes (2.º ESO)

O alumnado de 2º. ESO pasará esta fin de semana na localidade portuguesa de Guimaraes dentro das actividades do Programa Terra. Desenvolven un amplo programa de actividades que inclúe a visita ao castro de Briteiros e rutas guiadas polo castelo e a cidade.

Galería de imaxes


Campionato provincial de Orientación

     

O pasado xoves participamos no
Campionato escolar provincial de orientación
nas instacións de Acea da Ma (Culleredo).

Esta disciplina deportiva está a ser todo un
descubrimento para o noso alumnado que
durante este curso xa puido practicar varias
tardes dos martes na Pedreira.

Salientamos a obtención de medalla de
bronce para a alumna Sara Salido na
categoría infantil.

Parabéns a todos e todas.

CANGURO MATEMÁTICO 2015

 

 

O martes 24 de marzo era o día sinalado internacionalmente para a proba do Canguro Matemático 2015. En Mugardos coincidiu coa convocatoria dunha folga  o que provocou que  non asistiron 18 dos 62 inscritos.

A proba, consistente en respostar a 30 preguntas tipo test con cinco opcións cada unha e so unha resposta válida,  desenvolveuse con moita seriedade e concentración  polo que toca felicitar aos participantes.

A finais de curso chegarán as puntuacións e poderemos ver si o nivel dos participantes se achega á media de todos os participantes, que son moitos e todo o mundo: o curso pasado  ¡máis de 7 millóns!

Preme na imaxe para xogar na rede:

Rifas pro-excursión fin de curso (4.º ESO)

Segundo o sorteo do cupón da ONCE do 19 de marzo, o número premiado foi o

8647

Parlamento Xove, 2015

Boa participación na edición deste ano do Parlamento Xove, a competiciòn de oratoria patrocinada pola Direccón Xeral de Xuventude.

Aínda que quedamos ás portas de clasificación para a final, tanto o equipo da ESO como o de Bacharelato acadaron moi boas puntucións nos debates. Parabéns aos participantes e coordinadores.

Obradoiro de Química (Programa de Mellora - 2.º ESO)

O luns, 2 de febreiro, desenvolveuse unha nova actividade do Programa de Mellora. Os alumnos de 2.º ESO inscritos puideron realizar tres experimentos no laboratorio de química, guiados pola profesora Teresa Rodríguez.

Electrólise da auga

Sierpinski Carpet Project


Alumnado de 3.º ESO participante no proxecto  -  Ligazón a Ferrol 360º
Páxina 5th iteration of the Sierpinski Carpet Project - Galicia

Deporte Escolar. Encontro co IES Saturnino Montojo

Dentro das actividades deportivas do mes de xaneiro, este  martes recibimos a visita do alumnado do IES Saturnino Montojo co que celebramos o tradicional encontro deportivo. Foi unha boa mañá de deporte e compañerismo.

Construción dun hipercubo (Programa de Mellora - 2.ºESO)

Este luns, 26 de xaneiro, comezaron as actividades do programa de mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia correspondente ao alumnado de 2º ESO. Nesta primeira sesión a profesora, a profesora de matemáticas Covadonga Rodríguez-Moldes adentrounos na comprensión da cuarta dimensión a través da construción dun hipercubo.

A vindeira sesión estará dedicada á oratoria. (Ver Programa con datas non definitivas).

 

 

Fotos na Galería

      
 

 

 

Sorteo da cesta de Nadal da cafetaría

Segundo as bases do sorteo, o agraciado coa cesta de Nadal foi o alumno Martín S. de 1.º ESO.

Moitas grazas aos rexentes da cafetaría, Yéssica e Luis, pola excelente xestión do local nestes primeiros meses.

Tarxetas de Nadal de 1.°ESO

Campionato de dodgeball

Exposición "Áreas Mariñas Protexidas"

Ao longo deste mes teremos connosco a exposición sobre as Áreas Mariñas Protexidas confeccionada polo CEIDA. A exposición foi cedida polo Concello de Mugardos. A biblioteca elaborou un cuestionario de busca de información.

 

 

Pulseiras solidarias no Día do Voluntariado (5 de decembro)

No Día Internacional do Voluntariado (5 de decembro), o alumnado de 1.º ESO participou na actividade impulsada pola Rede de Centros Escolares Solidarios (RCES). A primeira hora contactaron con outros centros da rede por videoconferencia e durante os recreos venderon as pulseiras confeccionadas por eles mesmos. Recadaron en total 82 euros que, logo de varias propostas analizadas na clase de Atención Educativa, se doarán a UNICEF.

 

   

 #PulseiraSolidaria

Tarde de cine coa Esmorga

Alumnado de 4.º ESO coa profesora Isabel S. na proxección da versión cinematográfica d'A Esmorga.

Celebración do magosto

O venres, 14 de novembro, celebramos o magosto co tradicional reparto de cucuruchos de castañas asadas por xentileza da ANPA O Castro, a quenun ano máis agradecemos a súa colaboración.

E a continuación, a xincana organizada polo alumnado de 1.º BAC para os de 1.º e 2.º ESO.

   
Distribuir contido