FAMILIAS - ANPA O Castro
|
ESO
Exhibición e práctica de tenis de mesa
Enviado por admin o Xov, 31/03/2016 - 22:09O alumnado de 1.º e 2.º ESO asisitiu esta mañá a unha práctica do tenis de mesa guiados por representantes do club San Xoán de Ferrol. Ao longo da actividade, que se desenvolveu no pavillón do Cristo, puideron coñecer as características deste deporte, realizar varios exercicios de adestramento e iniciar varias partidas cos compañeiros e compañeiras. A exhibición contou coa organización dos Concellos de Ares e Mugardos a través das súas Concellerías de Deportes.
14 de marzo (3/14): Día do número Pi
Enviado por admin o Sáb, 19/03/2016 - 13:34Para celebrarmos o Día do número Pi (en inglés 3/14), todos os grupos participaron na confección da cinta que a longo da rampla central do instututo recolle "só" as primeiras catrocentas cifras decimais de Pi...
Catrocentas cifras decimais do número pi na rampla central do instituto.
Actividade organizada pola Biblioteca e o departamento de Música.
Gaufres, crêpes et crème
Enviado por Olga Recio o Sáb, 19/03/2016 - 12:59Para despedir o trimestre, este xoves a clase de frances de 3.º ESO converteuse nunha improvisada cociña onde elaborar un doce almorzo coas receitas francesas de gaufres, crêpes et crème. Coñecendo as excelentes mans reposteiras da profesora Olga Recio e dos seus afervoados axudantes, o produto final non defradou a ninguén.
Bon appétit et joyeux anniversaire, Olga.
Programa de radio "Escala na Escola" (14 de marzo, 2016)
Enviado por admin o Lun, 14/03/2016 - 23:49Gravación experimental da sesión dedicada á radio dentro do programa "Escala na Escola".
9:00 minutes (10.94 MB)
ESCALA NA ESCOLA. UNHA SESIÓN MOI ESPECIAL
Enviado por Covadonga o Mér, 09/03/2016 - 19:49A 5ª sesión do Programa de Excelencia “Escala na Escola” foi realmente espectacular. Estreamos en público a impresora 3D adquirida polo instituto. Para iso contamos coa plana maior da exitosa Escola de Deseño Industrial de Ferrol (EUDI), da Universidade de Coruña, formada por Álvaro Deibe Díaz, enxeñeiro industrial e secretario da EUDI, Pablo Fernández Galdo, deseñador industrial e xefe AEVF e José Ramón Méndez Salgueiro, director da EUDI. Impartiron a sesión: “Do deseño dixital á realidad tanxible con impresión e escaneado 3D”.
A aula de tecnoloxía do IES Mugardos encheuse co alumnado habitual do programa de excelencia e con outros alumnos e profesores do IES Mugardos que descubrimos asombrados o entusiasmo, a calidade e a alegría con que se traballa na EUDI. Vimos vídeos e imaxes do traballo do alumnado desta escola, dos premios que recibiron e da implicación da EUDI no mundo industrial, especialmente no sector do automóbil.
Ademáis aprendemos do presente e o futuro da impresión 3D e recibimos obsequios de chaveiros realizados en impresión 3D co nome IES Mugardos.
Finalmente asistimos á primeira impresión da nosa BQ PRUSA i3 HEPHESTOS, que ben podemos cambiarlle o nome polo de Eudía polo bonita e ben preparada que nos chegou.
Non temos palabras para agradecer todo o que nos aportaron José Manuel, Pablo, Álvaro e Ahitor pero esperamos que se sentiran a gusto no IES Mugardos e que se foran coa sensación de que aquí deixaron unha fonda pegada.
Presentación e posta en marcha da impresora 3D do instituto
Enviado por admin o Sáb, 05/03/2016 - 09:01Parlamento Xove (ESO)
Enviado por ofelia786 o Dom, 28/02/2016 - 16:14O equipo de debate formado por Sara Salido, Marta Rumbo, Noa Canido e David Romero asistiu esta fin de semana o encontro de debate do Parlamento Xove. Aínda que non foron seleccionados para a fase final, completaron unha meritoria participación cun debate gañado e outro moi empatado. Parabéns ao equipo e á coordinadora Ofelia Lubián.
A vindeira semana tocaralle o turno á categoría de bacharelato, na que o noso centro presenta dous equipos. O tema desta edición é a seguinte pregunta: Determina o papel do/a profesor/a o futuro dos mozas e mozas?
Día de Rosalía (24 de febreiro)
Enviado por admin o Ven, 26/02/2016 - 18:37Gravación de varias estrofas do poema inicial de Cantares Gallegos realizada polos alumnos e alumnas de 1.º ESO-B no día de Rosalía de Castro, 24 de febreiro de 2016.
Tradución da "Negra sombra" por Nadine, auxiliar de conversa no programa CUALE:
1:08 minutes (1.07 MB)
Visita a Lugo (3.º e 4.º ESO)
Enviado por admin o Xov, 25/02/2016 - 21:21Este xoves o alumnado de 3.º e 4º ESO tivo a oportunidade de realizar unha completa visita á cidade de Lugo organizada polo departamento de inglés. A viaxe incluíu o templo de Santa Eulalia de Bóveda, o centro de interpretación da muralla, a casa do Mitreu e un percorrido polo adarve da muralla.
Carreiras de orientación
Enviado por admin o Mér, 24/02/2016 - 20:49XOGOS DE ESTRATEXIA, a próxima sesión de Escala na Escola
Enviado por Covadonga o Mar, 23/02/2016 - 19:58Februarius
Enviado por Begoña o Mér, 03/02/2016 - 22:43Consulta o calendario latino na entrada do instituto
ESCALA NA ESCOLA, O PROGRAMA DE EXCELENCIA DO IES MUGARDOS
Enviado por Covadonga o Sáb, 30/01/2016 - 21:08O luns 1 de febreiro coa sesión “Transformando imaxes: anamorfose”, a cargo de Covadonga Rodríguez-Moldes, dan comezo as actividades formativas do Programa de Excelencia que recentemente foille concedido ao IES Mugardos.
Este programa ten tres liñas de actuación: a organización e celebración do V Premio Estudo e Deporte, a posta en escea dunha obra teatral con alumnado de 1º de bacharelato dirixida pola profesora de Música Olga Cabalar, e o programa formativo ESCALA NA ESCOLA co que se pretende darlle resposta ao alumnado con maior capacidade e motivación para aprender e que consta de 14 sesións coas que se perseguen, para o alumnado de 2º e 3º de ESO participante, os seguintes logros:
· Acrecentar e consolidar o seu afán de curiosidade
· Darlle a coñecer e por en práctica distintos métodos, técnicas e procedementos de traballo intelectuais.
· Estimulalo e apoiar o gusto por aprender.
· Contribuír a desenvolver as súas capacidades.
· Ampliar a súa formación con temas interesantes e motivadores que non formen parte do currículo escolar.
· Aumentar a súa implicación nas actividades do centro.
Como novidade este ano, as sesións están abertas a calquera persoa interesada en asistir que conte coa autorización do profesorado responsable.
Transformando imaxes: Anamorfose |
Covadonga Rgdez-Moldes |
1 de febreiro |
Oratoria |
Telmo de Paz |
15 de febreiro |
Iniciación ao alemán |
Olga Recio |
22 de febreiro |
Xogos de estratexia |
Covadonga Rgdez-Moldes |
29 de febreiro |
Apps científicas |
Profesorado invitado |
7 de marzo |
Gravación dun programa de radio |
Serafín Álvarez |
14 de marzo |
Ciao, Pinocchio |
Consuelo Gundín |
4 de abril |
Química no laboratorio |
Carmen Bernabeu |
11 de abril |
Criptografía |
Jesús Conde |
18 de abril |
Introdução à lingua do sul (português) |
Isabel Seoane |
25 de abril |
Física no laboratorio |
Carmen Bernabeu |
2 de maio |
Viaja con nosotros |
Begoña Allegue e Rafael Lago |
9 de maio |
Obradoiro de Ética Aplicada |
Ofelia Lubián |
23 de maio |
Obradoiro de numismática romana |
Marta González |
30 de maio |
Cesta de Nadal: 1669
Enviado por admin o Lun, 21/12/2015 - 16:16
Este luns entregamos a cesta de Nadal * * * As catro últimas cifras do número 1669 |
Reunión de pais: PROA (1º e 2º ESO), EXCELENCIA (2º e 3º ESO)
Enviado por admin o Ven, 04/12/2015 - 14:58A dirección do IES de Mugardos convídao á presentación dos programas previstos para este curso.
- Programa de mellora de coñecementos para acadar a excelencia, dirixido a alumnado de 2º. e 3.º ESO.
Luns, 7 de decembro, ás 16:30 horas
- Programa de Reforzo, Orientación e Apoio (PROA) dirixido ao alumnado de 1.º e 2º ESO.
Luns, 7 de decembro, ás 17:00 horas
Celebración do magosto
Enviado por admin o Dom, 22/11/2015 - 18:05Actualización:
Diplomas aos equipos da xincana deportiva.
Como en anos anteriores, a celebración do magosto incluíu o reparto de castañas ofrecidas pola ANPA e a organización da xincana lúdica. Ademais, o alumnado de 4.º ESO repetiu a venda de produtos para recadar fondos para a excursión de fin de curso.
Clubs de lectura (2015-2016)
Enviado por admin o Mér, 18/11/2015 - 22:08Coa reunión desta tarde dos "adultos" xa están en funcionamento todos os clubs de lectura que neste curso acada por primeira vez catro grupos. A principal novidade é o ENGLISH CHAT, coordinado pola profesora Gabriela Sánchez e que xa vai pola súa segunda reunión con gran éxito de participantes.
Esta semana tamén fixeron o propio un nutirido grupo de 1.º ESO que xunto co grupo de 2.º ESO toman o relevo do denominado club A Boca do Lobo, coordinados pola profesora e bibliotecaria Begoña Allegue.
Felices lecturas!!!
A BOCA DO LOBO
ENGLISH CHAT wher you can have fun and improve your English as you chat.
Samaín
Enviado por admin o Ven, 23/10/2015 - 21:55
CONCURSO de CABAZAS 1. Pode participar o alumnado de 1º, 2º e 3º ESO (non os seus familiares). 2. Repartiranse cabazas nos recreos do luns 26 e do martes 27 na entrada do centro. 3.Só se pode presentar unha cabaza por participante, que pode ser unha persoa ou un grupo (un máximo de 3 alumn@s). 4. Cada “obra” deberá ter un nome en galego e ir acompañada dun texto no que se explique como xurdiu a idea e cal foi o proceso de creación (mínimo 10 liñas). 5. Das cabazas transformadas valorarase: * a orixinalidade (do nome e da peza) e * o coidado con que foi feito o traballo (tanto o manual como a redacción do texto explicativo). 6. As cabazas transformadas deixaranse no expositor da entrada a partir do martes 27de outubro. 7. Entregarase en Conserxería un sobre pechado no que figure por fóra o nome da cabaza. E dentro indicara(n)se o(s) nome(s) e o curso do(s) participante(s). 8. O xoves 29, durante o primeiro recreo, o xurado escollerá aos gañadores. 9. Serán membros do xurado dous profesores, dous alumnos e outra persoa do centro. 10. Haberá dous premios para cada modalidade de participación (individual e en grupo). 11. Os premios incluíran vales para a cafetería e un agasallo sorpresa. 12. Os gañadores daranse a coñecer no Salón de Actos o xoves día 29 no segundo recreo. Organizan: VICEDIRECCIÓN e EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA |
Fragas do Eume (3.º ESO)
Enviado por admin o Mér, 21/10/2015 - 18:22O mal tempo non foi impedimento para que os alumnos/as de 3.º ESO realizaran este luns, 19 de outubro, o percorrido de senterismo polas Fragas do Eume organizada polo Departamento de Educación Física.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- seguinte ›
- última »