blogue deadmin
Charla sobre a limpeza do litoral
Enviado por admin o Dom, 09/06/2019 - 19:36
|
O alumnado de 1.º e 2.º ESO recibiu este venres unha charla preparatoria para afrontar a limpeza da ribeira de Mugardos que terá lugar o 14 de xuño. A información xeral centrouse nos efectos da actividade humana nos océanos e ecosistemas mariños.
Promoción Bacharelato 2017-2019
Enviado por admin o Ven, 24/05/2019 - 21:04A tarde do venres, 24 de maio, celebramos o acto de despedida da brillante promoción de bacharelato 2017-2019. Foi un acto emotivo, dirixido e organizado polo propio alumnado que deixa unha fonda pegada no instituto. Parabéns ao novos bachareis que enfrontan unha nova etapa nas súas vidas. Grazas ao profesorado que os acompañou en toda a súa traxectoria escolar. Moi agredecidos ao Casino Mugardés que nos cedeu as súas instalación para compartirmos o acto con todas as familias. Para todas as familias, o noso recoñecemento por confiarnos unha parte importante da educación dos seus fillos e fillas.
"A volar, patitos" (Telmo dixit)
MEDEA. Estrea da compañía Obradoiro de Teatro
Enviado por admin o Xov, 23/05/2019 - 21:45A compañía dramática Obradoiro de Teatro de 2.º bacharelato estreou esta mañá a obra clásica Medea, de Eurípedes. A ovación do auditorio tras a representación do drama testemuña o excelente traballo actoral do elenco. Salientamos, asemade, a escenografía, vestiario e iluminación xunto coa dirección da profesora Olga Cabalar.
Se a poesía é unha fogueira, queimémonos nela
Enviado por admin o Ven, 10/05/2019 - 11:33
Ciencia na rúa
Enviado por admin o Mér, 08/05/2019 - 14:02O pasado sábado o alumnado do club de ciencia de 3.º e 4.º ESO participou no XXIII Día da Ciencia na Rúa que se vén celebrando anualmente no parque de Santa Margarida na cidade da Coruña. Presentaron varios experimentos e actividades acompañados da profesora Carmen Bernabéu e Diego Calvo. Parabéns a todos!
Maios, 2019
Enviado por admin o Xov, 02/05/2019 - 22:49O alumnado de 1.º ESO participou esta mañá na recuperación da Festa dos Maios, impulsada pola asociación cultural Apelón Educación, cos centros educativos do concello. Velaquí o noso maio e as coplas lidas esta mañá no Cantón de Cora.
Suprime o control: encontro coas familias
Enviado por admin o Mar, 30/04/2019 - 12:30O IES de Mugardos vén participando ao longo deste curso no programa socioeducativo de prevención da violencia de xénero "Suprime o Control". O obxectivo do programa é ofrecerlle ao alumnado de 3º e 4º da ESO, ás súas familias, e ao profesorado, ferramentas coas que traballar pola construción de identidades igualitarias, facendo unha especial crítica ás violencias machistas na adolescencia e á súa reprodución por medio das redes sociais, os productos audiovisuais, etc.
Dentro deste programa convídase ás familias a unha charla sobre a violencia de xénero e novas tecnoloxías, na que participará o propio persoal educador do programa e a unidade especializada da Garda Civil experta na impartición de actividades educativas sobre prevención da violencia contra as mulleres e novas tecnoloxías.
A finalidade de dita charla é sensibilizar ás familias sobre a dimensión que ten o fenómeno da violencia de xénero en adolescentes e visibilizar as súas consecuencias, así como aportar coñecementos e pautas que contribúan a prestar unha maior atención a esta problemática. Así mesmo, falarase sobre o Programa Socioeducativo que se está impartindo no centro e dos resultados e experiencias obtidas ata o momento.
DATA: Mércores, 8 de maio HORA: 18:30 horas LUGAR: Salón de Actos do instituto DESTINATARIOS: Familiares do alumnado |
Actividades matemáticas
Enviado por admin o Sáb, 27/04/2019 - 22:03Como en anos anteriores o noso instituto participou na fase local da Olimpíada matemática dirixida ao alumnado de 2º. ESO. O nosos/as representantes realizaron o pasado 25 de abril as probas no IES de Canido de Ferrol.
Ademais, o pasado venres o noso centro acolleu a fase local das probas do Rebumbio matemático dirixido ao alumnado de 6º de primaria. Os representantes de dez colexios da comarca ocuparon a aula de tecnoloxía. Parabéns a todos os participantes.
Agroxardinaría e composicións florais nas Xornadas de Orientación de Ferrol
Enviado por admin o Mér, 10/04/2019 - 20:52
Esta mañá celebrouse no Auditorio de Ferrol a Xornada de Orientación Educativa e alí estivo tamén o noso alumnado e profesores do ciclo de FP Básica. Aproveitaron a oportunidade de estar xunta no maior escaparate da oferta educativa da comarca para estrear o hotel de insectos e ensinarlles a todos os visitantes a técnica do kokedama... e, como non, promocionar Agroxardinaria e composicións florais.
Excursión fin de curso a Barcelona (4.º ESO)
Enviado por admin o Mér, 10/04/2019 - 18:17Os alumnos e alumnas de 4.º ESO, acompañados das profesoras Naiara e Thais, andan esta semana por Barcelona a desfrutar da excursión de fin de curso. Boa viaxe.
Exposición Eu son imprescindible
Enviado por admin o Mér, 10/04/2019 - 17:53Ao longo destas semanas está connosco a exposición Eu son imprescindible, elaborada polo CEIP Unión Mugardesa. A través de fotografías achegadas polas familias do alumnado do colexio e citas de variadas figuras feministas, os paneis transmiten con forza que os coidados domésticos e "o agarimo non ten que ver con pertencer a un outro sexo. Os homes tamén son quen de amosar actitudes que tradionalmente sempre foron vencelladas á muller".
Matemáticas na raia
Enviado por admin o Sáb, 30/03/2019 - 14:23Este martes o departamento de Matemáticas inscribiu ao noso alumnado na convocatoria de Matemáticas na Raia. Trátase dun concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 3º de ESO e 9º ano en Portugal. A característica principal desta actividade consiste no fomento do traballo colaborativo, pois os equipos son grupos - clase completos.
Canguro matemático
Enviado por admin o Dom, 24/03/2019 - 18:28Este xoves a 26ª edición do Canguro Matemático congregou no salón de actos a máis de 90 alumnos/as. Trátase dun concurso internacional que propón aos estudantes unha proba adaptada ao seu nivel. As probas realízanse simultaneamente en máis de 60 países. A participación supera os seis millóns de estudantes en total en todo o mundo.
EduSolidariedade á mugardesa
Enviado por admin o Ven, 22/03/2019 - 22:27Explicación do proxecto | |
ONG elixida por votación do alumnado:UNICEF |
|
Resultados da votación ONG:
|
PI-DAY
Enviado por admin o Xov, 14/03/2019 - 21:32O día 14 de marzo está declarado internacionalmente como o Pi-Day ou día de Pi. Foi unha idea do físico estadounidense Larry Shaw baseada en que a data 3 de marzo escríbese no seu pais 3/14, que son as primeiras tres cifras do número Pi.
Do mesmo xeito que o ano pasado, o departamento de Matemáticas en colaboración coa Biblioteca e o ENL organizou para esta ocasión as seguintes actividades:
- II campionato de PI-memoria.
Celebrouse no recreo na aula de Matemáticas. Contou con moita participación e boa "retentiva"
(preme na imaxe para ampliar)
|
- II Concurso de PI-tuits: BASES
Circular sobre o parón 15M "Friday for future"
Enviado por admin o Mér, 13/03/2019 - 22:02Preme na imaxe ou arquivo adxunto
Xadrez no club de ciencia
Enviado por admin o Mar, 12/03/2019 - 23:51Este martes, ao mediodía, reuniuse o Club de Ciencias nunha segunda sesión dedicada ao xadrez.
A posta en práctica deste obradoiro correu a cargo da profesora Edda.
Elección da ONG de Edusolidariedade á mugardesa - 2019
Enviado por admin o Lun, 11/03/2019 - 21:44Preme na imaxe o na ligazón:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSekrDT19hQEf73oYbSTq3UnOHr5frLd
PRAZO DA VOTACIÓN: ata o 15 de marzo
O curso pasado estreamos "Edusolidariedade á mugardesa I", o proxecto de solidariedade e convivencia da rapazada, profesorado e familias dos centros educativos de Mugardos.
Grazas á colaboración dos centros educativos, do Concello e das empresas foi posible organizar un evento no que recaudamos ó redor de 1600 euros que foron destinados a "Nico contra o cancro infantil". Ademáis de fomentar a boa convivencia, coñecimos as necesidades dos rapaces e rapazas con cancro e puidemos colaborar coa investigación desta enfermidade queconta con poucos apoios por ser unha enfermidade rara e pouco frecuente.
Este ano estamos cos preparativos para a segunda edición. O primeiro paso que demos foi realizar esta PACMAN-presentación para darvos a coñecer as ONGs aliadas de "Edusolidariedade á mugardesa II" que loitan contra os "monstruos" da infancia e a xuventude. Os cartos recaudados irán para a ONG escollida por maioría polos catro centros participantes:
- IES Mugardos
- CEIP Santiago Apóstolo
- CEIP Unión Mugardesa
- CPR Loyola
NOTA: A ONG escollida debe aceptar o compromiso de estar presente o día do evento e dar unha charla nos catros centros. Todas as ONGs deben cumprir o requisito de ter algunha sede en Galicia e contar con proxectos para a infancia e a xuventude. No caso de que non se acepten estas condicións, escollerase a seguinte ONG máis votada.
Seguimento da folga do 8M-2019
Enviado por admin o Sáb, 09/03/2019 - 12:56fffffffffffffff
Datos do seguimento da folga do 8 de marzo de 2019 no IES de Mugardos:
-
PERSOAL (docente, non docente e cafetaría)
Seguimento total (homes e mulleres)
39%
Seguimento feminino (só mulleres)
69,5%
Só profesoras: 83%
-
ALUMNADO (ESO, Bacharelato, FPBásica)
Seguimento total (homes e mulleres)
79%
Seguimento feminino (só alumnas)
92%
Entroido, 2019
Enviado por admin o Sáb, 02/03/2019 - 13:56
Gran xornada de entroido a vivida este venres no instituto que contou coa participación e bo comportamento de toda a comunidade. As familias do alumnado de 4.º ESO achegaron as larpeidas desta época que se venderon durante os recreos. Houbo cantidade e calidade nos disfraces, tamén do claustro docente. O departamento de Educación Física organizou unha divertida xincana de busca e orientación... e a cafetaría puxo a chocolatada final.
Viva o entroido.
Circular informativa sobre a folga de mulleres do 8 de marzo
Enviado por admin o Xov, 28/02/2019 - 23:04Reunión do club de lectura (4.º ESO)
Enviado por admin o Mar, 19/02/2019 - 19:19Este martes, como de costume entre o remate do xantar no instituto e o comezo das clases da tarde, tocou reunión do club de lectura na biblioteca. Nesta ocasión foi o club de lectura de 4.º ESO e a obra seleccionada, A metamorfose de F. Kafka. De seguro que coa profesora Begoña Allegue tiveron unha boa conversa arredor deste clásico da literatura universal.
Salón de Actos
Enviado por admin o Xov, 14/02/2019 - 23:13O salón de actos estivo esta semana moi concorrido con diferentes actividades. Entre elas salientamos as charlas do martes para 2.º ESO sobre condutas infractoras e a lei do menor; o mércores para 2.º bacharelato sobre a oferta da Universidade da Coruña; e o xoves, para 1.º ESO, sobre as consecuencias do consumo de alcohool en menores dentro do programa Apuntámonos a non beber.
Reunión das familias cos titores/as (Martes, 22 de xaneiro)
Enviado por admin o Mér, 16/01/2019 - 11:20- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »