FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Novas
Fondo solidario e axudas para material
Enviado por admin o Lun, 04/06/2018 - 19:33- Impresos: Anexo I e II
Edusolidariedade á mugardesa (25 de maio, 2018)
Enviado por admin o Sáb, 26/05/2018 - 10:59Ata a chuvia respectou na mañá de onte a xornada de convivencia e solidariedade do alumnado e profesorado do CEIP Unión Mugardesa, CPR Loyola e IES de Mugardos. Convivencia porque reuniu nunha mesma actividade a preto de 500 escolares, de 3 a 18 anos, de infantil a bacharelato. Solidaria porque entre todos recadamos 1.683,30 euros que a ONG "Nico contra el cáncer infantil" destinará directamente á investigación e mellora dos tratamentos.
A principal actividade consistiu na realización das carreiras, desde os cen metros ata os 1.900 metros. En todas elas os participantes amosaron un grande espírito deportivo e participativo. Grnades doses de esforzo, sorrisos e aplausos para demostrarnos que somos unha comunidade educativa viva e vibrante. Xuntos somos mellores.
Ademais dos centros educativos, na organización participou o Concello de Mugardos e contou coa axuda de varias empresas patrocinadoras e a colaboración do animador Dani Ríos . Agradecemos especialmente a participación das ANPAS, o servizo municipal de deportes, monitores de xogos populares e club Móvete de danza.
Agora, coas pilas cargadas, imos polo fin deste curso 2017-2019. Vémonos o 21 de xuño nunha nova edición dos premios Estudo e Deporte.
Sesións formativas para pais e nais
Enviado por admin o Ven, 13/04/2018 - 13:52A doutora Ana Martínez Lorente, da Consellería de Sanidade, impartiu este o martes pola tarde unha sesión formativa para o alumando de 1.º e 2.º ESO. Deseguido mantivo unha interesante charla sobre alimentación saudable cun grupo de nais e profesores.
Seguimento da folga do 8 de marzo
Enviado por admin o Xov, 08/03/2018 - 20:03Datos do seguimento da folga do 8 de marzo no IES de Mugardos:
-
PERSOAL (docente e non docente)
Seguimento total (homes e mulleres)
58,3%
Seguimento feminino (só mulleres)
87,5%
-
ALUMNADO (3º e 4º ESO, Bacharelato, FPBásica e Adultos)
Seguimento total (homes e mulleres)
81,4%
Seguimento feminino (só alumnas):
96,5%
Proceso de admisión (Curso 2018-2019)
Enviado por admin o Mér, 28/02/2018 - 21:56NORMATIVA LEGAL |
PROCESO E CALENDARIO | ||
|
||
|
||
|
||
|
||
|
||
|
Día de Rosalía (24 de febreiro). Concurso de poemas musicados.
Enviado por admin o Lun, 26/02/2018 - 18:37O 23 de Febreiro celebramos o Día de Rosalía convocando un concurso de poemas musicados aberto a todo o centro. Queremos salientar tanto a participación do alumnado como a calidade dos traballos, e por suposto, felicitar ás alumnas gañadoras.
3º Premio: BLANCA GAGO 1º Premio: ANA RUMBO 2º Premio: NOELIA CALVO
Venda de produtos para a excursión 4.º ESO
Enviado por admin o Sáb, 17/02/2018 - 12:54O alumnado de 4.º ESO instalou este venres na entrada do centro o tradicional posto de venda de produtos que nesta ocasión xuntaron as larpeiradas do entroido cos agasallos de san valentín. Todo conta para recadaren fondos para a viaxe a París que xa está próxima.
Campaña de Nadal
Enviado por admin o Dom, 10/12/2017 - 17:51Un ano máis está en marcha a recollida de
alimentos non perecedeiros
con destino a Cáritas-Mugardos.
As achegas poden depositarse na mesa
situada diante das oficinas do instituto.
Moitas grazas!
Contras as violencias machistas
Enviado por admin o Sáb, 25/11/2017 - 12:28
Na véspera do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, o alumnado de 2º, 3º, 4º ESO e 1º bacharelato asistiu a unha charla coas integrantes do Patronato Concepción Arenal. O acto estivo integrado na campaña En negro, contra as violencias.
Tamén se proxectou o video coordinado polas profesoras Olga Cabalar e Begoña Allegue sobre os estereotipos machistas na publicidade. Observade con atención como se trataba á muller hai tan só unhas décadas e como o alumnado da ESO e Bac. lle deron a volta.
Invitación ás familias: A educación a debate (CFR-FERROL)
Enviado por admin o Xov, 16/11/2017 - 22:29dirección do CFR de Ferrol ten o pracer de convidalos/as a asistir á primeira xornada dos Encontros “A educación a debate” dirixidos ao profesorado e ás familias que terá lugar o luns 27 de novembro de 18:00 a 20:00 horas nas instalacións do CFR (http://www.edu.xunta.gal/portal/cfrferrol/748).
O tema a tratar nesta primeira xornada é “ os deberes escolares” .
Invitacións ás familias para as xornadas "A educación a debate" no CFR-Ferrol
Enviado por admin o Xov, 16/11/2017 - 22:20A dirección do CFR de Ferrol ten o pracer de convidalos/as a asistir á primeira xornada dos Encontros “A educación a debate” dirixidos ao profesorado e ás familias que terá lugar o luns 27 de novembro de 18:00 a 20:00 horas nas instalacións do CFR (http://www.edu.xunta.gal/portal/cfrferrol/748).
O tema a tratar nesta primeira xornada é “ os deberes escolares” .
Reunión dos titores/as coas familias (Martes, 24 de outubro)
Enviado por admin o Mér, 18/10/2017 - 11:38Calendario de setembro
Enviado por admin o Lun, 28/08/2017 - 12:51
2.º Bacharelato |
||||
|
EXAMES |
Venres, 1 de setembro |
Ver horario |
|
ENTREGA DE NOTAS |
Martes, 5 de setembro |
11:00 horas |
||
RECLAMACIÓNS |
Martes, 5 de setembro |
Ata as 14:00 horas |
||
ABAU (www.ciug.gal) |
||||
|
Prematrícula no centro |
Mércores, 6 de setembro |
- Solicitude |
|
Probas |
Martes, 12 de setembro |
ESO |
|||
|
EXAMES |
Venres, 1 de setembro Luns, 4 de setembro |
Ver horario |
ENTREGA DE NOTAS |
Mércores, 6 de setembro |
11:00 horas |
|
RECLAMACIÓNS |
Mércores, 6 de setembro Xoves, 7 de setembro |
Ata as 14:00 horas |
|
Matrícula (do 1 ao 10 de setembro) |
|||
|
ESO (2º, 3.º e 4.º) |
Mércores 6 |
|
Adultos |
Do 1 ao 10 de setembro |
|
|
FP Básica |
Ata o 10 de setembro |
|
Comezo do curso 2017-2018 |
|||
ESO |
Presentación |
Venres, 15 de setembro |
12:00 – 14:25 horas |
Adultos |
Presentación |
Luns, 25 de setembro |
16:30 horas |
Familias |
Recepción da dirección |
Martes, 26 de setembro |
18:15 horas |
Incorporación ao proxecto Educación Dixital (E-DIXGAL)
Enviado por admin o Ven, 21/07/2017 - 18:18
O IES de Mugardos foi admitido para participar no proxecto EDIXGAL,
a partir do curso 2017-2018, en 1.º e 2.º ESO
Ao alumnado destes cursos proporcionaráselles de xeito gratuíto un ordenador convertible de 12 polgadas para acceder na aula e na casa ao un denominado Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA). Nela atoparán os recursos dixitais fornecidos pola Consellería ou creados polo profesorado. Trátase principalmente de libros dixitais e actividades interactivas. Unha das consecuencias desta incorporación ao programa EDIXGAL é a exclusión do alumnado de 1.º e 2.º ESO da participación no FONDO SOLIDARIO de libros de texto. Non obstante, os libros de texto cos que conta o centro e as familias tamén se poderán empregar como complemento e apoio. Por outra banda, manténse o dereito á axuda para adquirir material escolar. O acceso á plataforma virtual de aprendizaxe é posible a través de calquera equipo con conexión a internet coas claves de acceso que lle serán entregadas ao alumnado no centro. Tamén existe a posibilidade de utilizar na casa o mesmo ordenador portátil que se emprega na aula mediante unha solitude de préstamo. As familias comprometeranse ao coidado e correcta utilización do equipamento coa finalidade educativa para o que é cedido. A utilización do ordenador portátil e das ferramentas e contidos dixitais instalados é gratuíta. O alumnado pode acceder ao material dixital tanto a través dunha conexión a internet (online) como dende o seu ordenador portátil (offline). Deste xeito, garántese que os alumnos e as alumnas que non dispoñan de conexión á rede desde as súas casas poidan seguir o curso sen dificultade. De feito, todo o avance que realicen sen conexión será actualizado de maneira automática na plataforma en canto o ordenador volva ter conexión de rede.
Información sobre o proxecto EDIXGAL no Espazo Abalar Entorno virtual de aprendizaxe (EVA) (usuario: edixgal; contrasinal: edixgal) Convocatoria do Proxecto Educación Dixital EDixgal para o curso 2017/2018 |
Fondo solidario de libros de texto (ESO) - Listaxe provisional
Enviado por admin o Sáb, 15/07/2017 - 11:29Listaxes definitivas do fondo solidario de libros de texto para o curso 2017/2018:
+ Información sobre libros de texto:
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesdemugardos/?q=node/1566
Ampliación da oferta educativa: CICLO DE FP BÁSICA
Enviado por admin o Lun, 26/06/2017 - 22:12O Diario Oficial de Galicia publica no día de hoxe a ORDE do 14 de xuño de 2017 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2017/18 na que se recolle a ampliación da oferta educativa do IES de Mugardos coa autorización para impartir un ciclo formatito de Formación Profesional Básica de "Agroxardinaría e composicións florais" en réxime de estudos presenciais.
Desde a dirección do centro queremos manifestar o noso recoñecemento á Consellería de Educación pola aprobación desta demanda do noso Consello Escolar. Asemade, de xeito especial, agradecemos o apoio constante e colaboración imprescindible do Concello de Mugardos e Grupos Municipais para a tramitación e consecución deste proxecto.
Agroxardinaría e composicións florais Que se aprende a facer? En que ámbitos se traballa? Están, ademais, capacitadas para realizar tratamentos praguicidas de nivel básico, segundo a actividade regulada pola normativa correspondente. Que ocupacións desempeñan? |
Club de lectura (adultos). Visita á casa-museo de Wenceslao Fernández Flórez
Enviado por admin o Dom, 18/06/2017 - 13:03O club de lectura de adultos, formado por nais de alumnos, profesores e persoal non docente, realizou a última sesión na Casa-Museo de Wenceslao Fernández Flórez. A visita non sería o mesmo sen a recepción de Alicia, a anfitrioa da casa, que nos recibiu e acompañou cunha magnífica exposición sobre o escritor e a súa obra. Á sombra da "fraga-xardín" de vila Florentina en Cecebre (Cambre), a conversa amena e distentida xirou arredor da obra El bosque animado.
O club retomará as súas actividades o próximo outono coa obra Volvoreta, agasallo da Fundación WFF. Grazás!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »