FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Horarios e profesores______________________________[Despregable]
4.º ESO |
||
Profesores/as |
Programacións | Documentos |
Titora Eva de la Torre |
Lingua galega e literatura |
|
Montse Arza |
Valores éticos |
|
David Martínez | Xeografía e Historia | |
Laura Viñas | Inglés | |
Educación Física |
4.º ESO - Académicas |
4.º ESO - Aplicadas | ||||||
José Luis Mayobre | Matemáticas academicas |
Andrés Pérez |
|||||
J. J. Guillín | Física e Química | ||||||
Bioloxía e Xeoloxía | Introdución á actividade emprendedora e empresarial |
||||||
Margarita Tato | Latín | José Barcia | Tecnoloxía | ||||
Julio Otero | Economía | |
Raquel Sierra |
TIC |
Ánxela Cabanas |
Francés |
Olga Cabalar |
Artes escénicas e danza |
Manuel Vales | Relixión Católica |
4.º ESO
A ritmo de zumba e hip-hop
Enviado por admin o Lun, 15/05/2017 - 18:06Esta mañá contamos no centro coa presenza de Patricia, monitora do Club de Baile Móvete, que impartiu unha masterclass de baile moderno. Durante catro horas, por quendas de estudantes e profesores, puxo a todo o centro da bailar zumba e hip-hop no pavillón.
Reunión de Orientación cos pais e nais do alumnado de 4.º ESO (16 de maio)
Enviado por admin o Ven, 12/05/2017 - 16:17Torneo de volei mixto
Enviado por admin o Mar, 09/05/2017 - 18:36Esta semana deu comezo o torneo de volei por equipos mixtos. Os partidos celebraranse durante os recreos no pavillón.
Seleccionados/as para a ronda final do concurso Pangea
Enviado por admin o Xov, 04/05/2017 - 21:16
Velaquí os seleccionados/as do noso centros que poderán presentarse á Ronda Final do concurso matemático Pangea. As probas, que se celebran conxuntamente en moitas cidades españolas, realizaranse este sábado, 6 de maio. No noso caso deberán desprazarse a Vigo. Ánimo e sorte a todos os que acompañados das súas familias se presenten.
Senderismo nas Fragas do Eume
Enviado por admin o Xov, 27/04/2017 - 22:06O alumnado de 3.º e 4.º da ESO puido desfrutar esta semana nas rutas de sendeirismo organizadas polas concellarías de deportes dos Concellos de Ares e Mugardos dentro do programa Deporte Escolar da Xunta de Galicia. A actividade realizouse conxuntamente cos colexios de Ares e Monfero nunha gran xornada de convivencia e actividade física no medio natural.
Experiencias (Semana das profesións)
Enviado por admin o Ven, 21/04/2017 - 21:08
No marco da Semana das Profesións, esta mañá tocoulle o turno ás experiencias.Para iso contamos coa presenza de Carolina Iglesias, guionista e youtuber coruñesa nestes momentos afincada en Madrid. Coñecida pola súa participación no programa de humor "Yu: no te pierdas nada" en Los 40 e a canle Percebes y grelos.
Por outra banda, o alumnado de 1.º bacharelato da materia de Fundamentos de administración e xestión expuxeron os seus proxectos presentados ao premio Desafío Emprende.
Viaxe fin de curso (4.º ESO) - II
Enviado por admin o Mér, 19/04/2017 - 21:38Viaxe fin de curso (4.º ESO) - I
Enviado por admin o Mar, 18/04/2017 - 21:14Primeiro día da viaxe fin de curso de 4.º ESO con varias paradas e visitas, como esta en Segovia, para chegar a destino.
Proxectos para o Premio Desafío Emprende, 2017
Enviado por admin o Dom, 02/04/2017 - 12:42Os profesores do Departamento de Economía, Carmen Meiriño e Manuel López, animaron a todo o alumnado dos distintos cursos de Economía 4º ESO e 1ºBAC. e máis Fundamentos da Administración e Xestión de 2º BAC. a participar no concurso Desafío Emprende organizado pola Fundación La Caixa. Este concurso ten os obxectivos de promover os valores e a actitude emprendedora entre os estudantes. Trátase de desenvolver un proxecto empresarial que solucione unha necesidade detectada na sociedade de xeito innovador e creativo.
A resposta do noso centro foi abraiante, tanto polo número de alumnos que participaron (un total de 14 grupos de 4 a 6 alumnos cada un) coma polo nivel de implicación, traballo e os resultados, mesmo coa presenza en redes sociais, dos proxectos desenvolvidos.
Moitos destes grupos crearon unha web onde divulga as características dos seus produtos como se fose unha empresa profesional. Algúns tamén crearon contas en Facebook, Twitter e outras redes sociais.
Estamos moi orgullosos do traballo feito por todos eles e agora estamos agardando os resultados do concurso. O 7 de abril coñeceranse os 35 seleccionados entre máis de 1400 presentado en toda España que irán ao Campus Desafío Emprende en Barcelona a principios de maio. Deses 35, cinco serán os afortunados que han gozar dunha semana de formación en Silicon Valley, San Francisco, a comezos de xullo.
Estaremos entre os elixidos? En calquera caso, o traballo destes rapaces e rapazas merece gran recoñecemento da nosa parte. Parabéns! Gran traballo!
Velaquí os proxectos:
OUTROS:
Hot Freeze, aparello para arrefriamento rápido de bebidas.
Key out, dispositivo para localizar axiña chaves y outros obxectos.
Bag Vibrator, mochila que dá masaxes cervicais e alivia problemas de columna.
Light Consum, aplicación que nos avisa se deixamos luces acesas así como dos consumos eléctricos dos aparellos do fogar fogar.
Representación de Medea (Festival de Teatro Grecolatino)
Enviado por Begoña o Lun, 27/03/2017 - 19:37Stop velutina, charla da Asociación Galega de Apicultura
Enviado por admin o Mar, 21/03/2017 - 22:39Rafael Díaz, representante da Asociación Galega de Apicultura (AGA), impartiu a tarde do martes unha conferencia para o alumnado da ESO sobre a importancia ecolóxica das abellas e outros polinizadores autóctonos. Salientou a importancia de frear con trampas neste momento inicial da primavera a expansión das avespas asiáticas.
A actividade estivo impulsada polo Concello de Mugardos.
Campionato provincial escolar de orientación
Enviado por admin o Mér, 15/03/2017 - 19:57Moi agradecidos coa organización do Campionato provincial escolar de orientación celebrado esta mañá nas instalacións de Acea da Ma (Culleredo). O alumnado de 3.º e 4.º ESO gozou dunha mañá intensa de actividade deportiva e compañeirismo, na que ademais Marta R. e Brais G. acadaron o 3.º posto na clasificación de cadetes.
Nós, feminino plural (actividades de marzo)
Enviado por admin o Ven, 10/03/2017 - 13:20Retratos de Muller
Lectura expresiva de "Artes Escénicas (4.º ESO)
Algunhas das actividades previstas no mes da muller no noso centro son:
- Mércores 8: elaboración de carteis, pancartas e manifestos para expor no recreo. Ensaio performance 1° Bacharelato no centro.
Luns 13: entrega de chapas e imáns con lemas sobre o empoderamento da muller deseñados polo alumnado de 2° ESO (haberá postos nos recreos).
- Venres 17: versión do xogo "Quen é quen" organizado polo alumnado de 3° para dar a coñecer mulleres destacadas (recreo diante da cafetaría).
- Xoves 23: performances do alumnado de 1° Bacharelato. Ataques sorpresa en varios puntos de Mugardos.
- Martes 28: charla de colectivos "trans".
EXPOSICIÓN: "1000 años de arte en feminino / A Thousand Years of Women Painters"
14 de febreiro: Cambiou o conto
Enviado por admin o Sáb, 25/02/2017 - 13:22Os alumnos e alumnas de ARTES ESCÉNICAS (4.º ESO) presentan:
Comezo do campionato masculino de balomán
Enviado por admin o Mar, 21/02/2017 - 21:58Recreos no pavillón
Campionato masculino de
BALONMÁN
Entrevista a SÉS por Carolina Fernández (4.º ESO)
Enviado por admin o Lun, 20/02/2017 - 20:57Recomendamos a seguinte entrevista publicada no blogue Galilandia:
Comezo do campionato feminino de balomán
Enviado por admin o Mar, 31/01/2017 - 21:16Recreos no pavillón
Campionato feminino de
BALONMÁN
Charla coloquio con exdeputadas/o do Parlamento de Galicia
Enviado por admin o Ven, 27/01/2017 - 23:54Esa mañá o alumnado de bacharelato, 3.º e 4.º ESO asistiu á charla-coloquio con tres exdeputados do Parlamento de Galicia: Mª Dolores Faraldo Botana (PPdeG), Natividad González Laso (PSdG-PSOE) e Carlos Fernando Branco Parga (BNG). Un dos obxectivos é dar a coñecer de preto o traballo da institución autonómica. Porén, as preguntas do alumnado e o coloquio sobre a actualidade sociopolítica completan a actividade.
Exposición Á violencia de xénero dille...NON
Enviado por admin o Mar, 24/01/2017 - 21:12Exposición da Secretaría Xeral da Igualdade
Ata o venres, no corredor principal do instituto
Tamén na rede:
http://igualdade.xunta.gal/gl/campanas/violencia-de-xenero-dille-non
Recreos saudables (xaneiro)
Enviado por admin o Xov, 12/01/2017 - 14:16Continuamos co programa "Recreos Saudables" que lembramos é unha iniciativa Trátase dunha iniciativa patrocinada pola ANPA O Castro e o Concello de Mugardos que ofrece aos usuarios da cafetaría escolar unha alimentación controlada. Por exemplo, dá visibilidade ao consumo de froita e productos lácteos.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »