FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Horarios, profesorado, programacións_______________[Despregable]
2.º ESO |
||||
Horarios | Profesores/as |
Programacións | Traballo a distancia | Documentos |
2.ºESO |
Titora MARÍA FERNÁNDEZ |
Física e Química |
|
|
Eva de la Torre | Lingua galega e literatura | |||
Montse Arza | Lingua e literatura castelá | |||
Andrés Pérez Rouco Fabio González Eiras |
Matemáticas | |||
Miguel Gil |
Xeografía e Historia | |||
Amelia Huzum | Inglés (1ª lingua estranxeira) | |||
José Barcia | Tecnoloxía | |||
Paula Breijo | Francés (2ª lingua estranxeira) | |||
Olga Cabalar | Investigación e tratamento da información | |||
Ánxela Cabanas | Valores éticos |
|||
Manuel Vales |
Relixión Católica |
|||
Rita Fernández | Reforzo exentos 2LE |
2.º ESO
Escala na Escola (Programa de excelencia)
Enviado por admin o Lun, 27/03/2017 - 18:02As tardes dos martes (15:10-16:10) continúan en marcha as actividades do club científico do programa de excelencia "Escala na Escola". O alumnado inscrito de 2.º e 3º ESO realizan neste período varios obradoiros e prácticas nos laboratorios e aula de tecnoloxía. Na última sesión asistiron a unha demostración práctica de impresión 3D. Participan todos os departamentos científicos, coordinados pola profesora Covadonga Rodríguez-Moldes.
Stop velutina, charla da Asociación Galega de Apicultura
Enviado por admin o Mar, 21/03/2017 - 22:39Rafael Díaz, representante da Asociación Galega de Apicultura (AGA), impartiu a tarde do martes unha conferencia para o alumnado da ESO sobre a importancia ecolóxica das abellas e outros polinizadores autóctonos. Salientou a importancia de frear con trampas neste momento inicial da primavera a expansión das avespas asiáticas.
A actividade estivo impulsada polo Concello de Mugardos.
Entrevista con Miguel Rodríguez, autor do libro sobre o naufraxio da lancha de Mugardos
Enviado por admin o Lun, 20/03/2017 - 14:17Na biblioteca tivemos o pracer de contar con Miguel Rodríguez, oficial da Armada e historiador, autor do libro sobre o naufraxio da lancha e con Victoria Vazquez, sobrevivinte. O alumnado de 2.º ESO mostraronse moi interesados e fixeron unha chea de preguntas. Un auténtico pracer.
Próximamente, o vídeo da intervención.
Reparto de chapas deseñadas por 2.º ESO
Enviado por admin o Mar, 14/03/2017 - 22:34
Reparto de chapas e imáns |
|
8 DE MARZO
|
Nós, feminino plural (actividades de marzo)
Enviado por admin o Ven, 10/03/2017 - 13:20Retratos de Muller
Lectura expresiva de "Artes Escénicas (4.º ESO)
Algunhas das actividades previstas no mes da muller no noso centro son:
- Mércores 8: elaboración de carteis, pancartas e manifestos para expor no recreo. Ensaio performance 1° Bacharelato no centro.
Luns 13: entrega de chapas e imáns con lemas sobre o empoderamento da muller deseñados polo alumnado de 2° ESO (haberá postos nos recreos).
- Venres 17: versión do xogo "Quen é quen" organizado polo alumnado de 3° para dar a coñecer mulleres destacadas (recreo diante da cafetaría).
- Xoves 23: performances do alumnado de 1° Bacharelato. Ataques sorpresa en varios puntos de Mugardos.
- Martes 28: charla de colectivos "trans".
EXPOSICIÓN: "1000 años de arte en feminino / A Thousand Years of Women Painters"
Carreira de orientación en Monfero
Enviado por admin o Ven, 10/03/2017 - 12:57Máxima participación e colaboración entre compañeiros/as de 1.º e 2.º ESO na carreira de orientación zonal celebrada o pasado xoves, en Monfero, dentro do programa Xogade. Moitas grazas aos estupendos anfitrións do CPI Virxe da Cela.
Final Open Matemático
Enviado por admin o Ven, 24/02/2017 - 20:53O mércores 23 fe febreiro celebrouse na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela a 6ª xornada e final dio Torneo Aberto de Resolutores de Problemas, máis coñecido como Open Matemático. Do noso instituto asitiron Uxía Fernández e Brais García de 3.ºESO e Carla Amenedo de 2.º ESO; acompañados da profesora Covadonga Rodríguez-Moldes.
Comezo do campionato masculino de balomán
Enviado por admin o Mar, 21/02/2017 - 21:58Recreos no pavillón
Campionato masculino de
BALONMÁN
En marcha os programas PROA, Escala na Escola e Igualdade
Enviado por admin o Ven, 17/02/2017 - 21:14Esta semana asinamos coa Consellería os denominados Contratos-Programa que son actuacións solicitadas polos centros para a consecución duns obxectivos determinados. Entre estas programas figura a Programa de Reforzo, Orientación e Apoio (PROA) dirixido ao alumnado de 1.º e 2º ESO e para o que contamos cunha docente nova no centro.
Outro programa céntrase na promoción da igualdade que se está a desenvolver a través das titorías coordinado polo departamento de Orientación. Moitas das súas actuacións encádranse no proxecto de centro deste curso arredor da coeducación, a visibilización da mulleres e a loita contra a violencia de xénero.
E tamén está en marcha o programa de excelencia Escala na Escola que nesta ocasión, coa cordinación da profesora Covadonga Rodríguez-Moldes, se convertirá nun club de científico. Entre a súa programación figuran obradoiros de anamorfoses e hologramas, prácticas de laboratorio e impresión 3D. Ademais, abre a aula de matemáticas nos recreos dos venres para xogar e experimentar coas actividades propostas.
Comezo do campionato feminino de balomán
Enviado por admin o Mar, 31/01/2017 - 21:16Recreos no pavillón
Campionato feminino de
BALONMÁN
Exposición Á violencia de xénero dille...NON
Enviado por admin o Mar, 24/01/2017 - 21:12Exposición da Secretaría Xeral da Igualdade
Ata o venres, no corredor principal do instituto
Tamén na rede:
http://igualdade.xunta.gal/gl/campanas/violencia-de-xenero-dille-non
Recreos saudables (xaneiro)
Enviado por admin o Xov, 12/01/2017 - 14:16Continuamos co programa "Recreos Saudables" que lembramos é unha iniciativa Trátase dunha iniciativa patrocinada pola ANPA O Castro e o Concello de Mugardos que ofrece aos usuarios da cafetaría escolar unha alimentación controlada. Por exemplo, dá visibilidade ao consumo de froita e productos lácteos.
Visita ao Centro de interpretación arqueolóxica do Caldoval
Enviado por admin o Ven, 23/12/2016 - 21:46O pasado mércores, último día de clase, o grupo de 2.º ESO tivo a oportunidade de realizar unha visita guiada ao Centro de interpretación arqueolóxica dos restos do Caldoval. A actividade contou coa presenza do Director Xeral de Reganosa, Emilio Bruquetas, e a alcaldesa do Concello de Mugardos, Pilar Díaz.
Presentación do programa PROA ás familias do alumnado 1º, 2º e 3º ESO (Martes, 13 de decembro)
Enviado por admin o Ven, 09/12/2016 - 21:37Resultados da elección ao Consello Escolar (29 de novembro)
Enviado por admin o Mar, 29/11/2016 - 22:23Estes son os resultados das eleccións ao Consello Escolar celebradas este martes, 29 de novembro.
PAIS, NAIS, TITORES LEGAIS | |
Candidatos electos | Domingo Rubianes |
Amelia Sordo Pita |
|
Suplentes | José María Rumbo Prieto |
ALUMNADO | |
Candidatos electos | Alba Pérez García |
Diego López Rivera |
|
Iago Rodríguez-Moldes Varela | |
Suplentes | Miriam Rodríguez Martínez |
Cristian Sánchez Rocha | |
Noa Canido González |
|
Mayra Villar Veiga | |
Lara Rodrigues Silva |
PROFESORADO | |
Candidatos electos | David Martínez Millán |
Carmen Meiriño González |
|
Rita Mª Fernández Anca |
|
Telmo de Paz de Luis | |
Suplente | José Barcia Díaz |
PERSOAL NON DOCENTE | |
Candidatos electos | Raquel Díaz Garrote |
Suplente | José Antonio Castro Guerra |
Poderanse presentar reclamacións por un prazo de quince días perante o Delegado Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Seguimento da folga (24 de novembro)
Enviado por admin o Xov, 24/11/2016 - 19:44A xornada de folga tivo un seguimento no día de hoxe, 24 de novembro, do 100% do alumnado. |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »