FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Educación física
III Premio Estudo e Deporte
Enviado por admin o Ven, 13/06/2014 - 15:17Máis dun centenar de deportistas estudantes participaron nesta convocatoria do III Premio Estudo e Deporte. Trátase dunha iniciativa do IES de Mugardos en colaboración co Concello de Mugardos, o Concello de Ares, o Club do Mar de Mugardos, a SDC Galicia de Mugardos e a ANPA O Castro para premiaren os estudantes do centro que mellor se desenvolven nos aspectos social, deportivo e académico.
A grande cantidade de datos recompilados coa axuda indispensable de 25 adestradores e os seus clubs e entidades, requiriu dunha análise minuciosa. Foron precisas varias sesións de traballo para outorgar os gañadores e mencións especiais en cada unha das categorías. O Comité Avaliador quere salientar o mérito de cada un dos participantes e o compromiso das súas familias para organizarse e render nos estudos e na actividade física. Máis alá dos resultados, todos somos gañadores co voso exemplo.
Os recoñecidos co III Premio Estudo e Deporte-2014 nas tres categorías son os seguintes:
PRIMEIROS PREMIOS
Nome e apelidos |
Deporte |
|
ESO 1-2 |
Fátima Cancela González |
Club do Mar de Mugardos |
ESO 1-2 |
Christian Rubianes Leyva |
Club do Mar de Mugardos |
ESO 3-4 |
Lupa Pérez Ruiz |
Club do Mar de Mugardos |
ESO 3-4 |
Pablo Rodríguez Vilaboa |
Club de Golf Campomar |
BAC-PCPI |
Cristina Reborido Gómez |
Club do Mar de Mugardos |
BAC-PCPI |
Martín Pérez Sarmiento |
Club Fútbol Numancia de Ares |
Unha das decisións novidosas nesta convocatoria é a concesión dun Premio Especial pola súa traxectoria académico-deportiva ao longo da ESO aos alumnos:
PREMIO ESPECIAL
ESO 3-4 |
Sara Vázquez Rumbo |
ESK Narón |
ESO 3-4 |
Joao Pedro Moreira Dos Santos |
Racing Club Ferrol |
Ademais outorgáronse as seguintes mencións:
MENCIÓNS
Categoría |
Nome e apelidos |
Deporte |
ESO 1-2 |
Andrea Marcos Paradela |
Club do Mar de Mugardos |
ESO 1-2 |
Alba Pérez García |
SDC Galicia de Mugardos |
ESO 1-2 |
Miguel Fernández Rodríguezl |
SDC Galicia de Mugardos |
ESO 1-2 |
Borja Pita Seone |
Racing Club Ferrol |
ESO 3-4 |
Marica Otero |
Club do Mar de Mugardos |
ESO 3-4 |
Mercedes Pereira Rodríguez |
Club do Mar de Mugardos |
ESO 3-4 |
Pablo Rañales Pérez |
Tiro con arco. Ares Arco |
ESO 3-4 |
Jorge Pérez Pérez |
SDC Galicia de Mugardos |
ESO 3-4 |
Sergio Pérez Pérez |
SDC Galicia de Mugardos |
BAC-PCPI |
Inés Sánchez Castro |
Baile DanzAres |
BAC-PCPI |
Paula Oliveira Sánchez |
Baile DanzAres |
BAC-PCPI |
Carlos López Vilasánchez |
Racing Club Ferrol |
BAC-PCPI |
Marcelo Couce Barbeito |
Fútbol Numancia |
Marcha ciclista Concello de Mugardos
Enviado por admin o Ven, 30/05/2014 - 15:08Poucos, pero cumpridores, os ciclistas de 1.º e 2.º ESO realizaron esta mañá a tradicional marcha ciclista organizada polo Concello de Mugardos para todos os centros educativos do municipio. Velaquí antes de emprenderen o percorrido ata Chanteiro.
Comeza o III Premio Estudo e Deporte
Enviado por admin o Xov, 06/02/2014 - 22:54Coa convocatoria do comité organizador botou a andar este martes a terceira edición dos premios Estudo e Deporte. Á reunión asistiron, ademais dos membros do instituto, os representantes dos concellos de Mugardos e Ares e dos principais clubs deportivos patrocinadores: Club de Remo e Galicia de Mugardos.
Abordouse principalmente a actualización das bases como os puntos relativos ao baremo que traerá este ano importantes novidades que se darán a coñecer no seu momento. Ademais revisáronse as listaxes de participantes coa feliz constatación do aumento de alumnado do instituto que está a realizar actividades deportivas. A previsión é que este ano superemos os cen inscritos no premio. Desde aquí felicitamos a todas as familias que animan e fan posible manter este tecido de deporte en idade escolar.
Rematamos recomendando a lectura do artigo "¿Qué gana tu hijo cuando cuando lo castigas sin entrenar?" de Kike Fernández.
Foto: Carla V. R. (4.º ESO)
Magosto, 2013
Enviado por admin o Mar, 19/11/2013 - 21:32O pasado venres celebramos o tradicional magosto coas seguintes actividades:
- Baiuca 4º ESO: Venda de produtos pro excursión de fin de curso.
- Reparto de castañas ofrecidas pola ANPA
- Xincana
- Papiroflexia e reciclaxe (3.º ESO)
Charla "Un non rotundo ao sedentarismo"
Enviado por admin o Lun, 11/11/2013 - 21:59O presidente da Real Academia de Medicina de Galicia, doutor José Carro, e o especialista en nutición e técnicas de adestramento físico Santiago Carro impartiron esta mañá unha charla sobre a importancia de loitarmos contra o sedentarismo e asemade mantermos hábitos saudables na preparación e consumo dos alimentos. Foron dúas horas cheas de mensaxes prácticas coa posibilidade de intervencións do alumnado para resolver dúbidas con estes expertos que souberon responder ás expectativas do alumnado da ESO.
Ligazóns:
- Real Academia de Medicia e Cirurxía de Galicia
- Guru-zone (blog sobre as últimas tendencias de alimentación e técnicas de adestramento.
Exhibición de tiro con arco
Enviado por admin o Xov, 07/11/2013 - 21:26As dianas e arcos da asociación Ares Arco cambiaron esta mañá o campo de tiro de Santa Catalina polo pavillón do instituto. Foi unha clase de Educación Física diferente. Todo o alumnado tivo a oportunidade de facer puntería e coñecer na práctica este fermoso deporte.
Camiño de Santiago: Triacastela-Sarria
Enviado por admin o Mér, 09/10/2013 - 21:207 de outubro de 2013
Rota ciclista escolar
Enviado por admin o Lun, 03/06/2013 - 14:38Un ano máis, este venres realizouse a Rota Ciclista Escolar promovida polo Concello. Tres horas de percorrido polos camiños de Mugardos. Aquí está unha boa parte dos nosos representantes no quilómetro cero.
Deporte na Escola (1º e 2º ESO)
Enviado por admin o Ven, 29/03/2013 - 12:26Encontro deportico co IES Saturnino Montojo (marzo, 2013)
Demostración de esgrima
Enviado por admin o Mér, 09/01/2013 - 22:35O pasado 21 de decembro, o alumnado de 1.º e 2.º ESO asistiu a unha demostración práctica do deporte de esgrima impartida polo adestrador Emilio R. do club de Ferrol.
XXXI Maratón Popular San Xoán de Piñeiro
Enviado por admin o Ven, 24/08/2012 - 16:34Data: Sábado, 8 de setembro de 2012.
Hora: a partir das 18:00 h.
Lugar: Local social – A Teupoeira – San Xoán de Piñeiro (Mugardos).
Distancia: de 250 a 10.300 m
Organiza: S.C.R.D. San Xoán de Piñeiro.
Inscrición: Ata unha hora antes da proba no local social ou ben chamando ao teléfono 981 460 552 (de 18,00 a 22,00) ou mandando un correo a scrdsanxoan@telefonica.net.
Cómpre indicar os siguientes datos: Nome e apelidos, data de nacemento, lugar de residencia, club (se pertence a algún) e número de ficha da federación (no caso de estar federado).
Marcha ciclista Concello de Mugardos
Enviado por admin o Xov, 07/06/2012 - 21:44O pasado 1 de xuño o alumnado de 1º e 2º ESO participou na tradicional Marcha Ciclista organizada polo Concello de Mugardos para os centros educativos do municipio. O tempo acompañou ao longo de todo o fermoso percorrido pola punta do Segaño ata igrexa de Chanteiro e regreso, cunha distancia total de 16 quilómetros ida e volta.
Campioas nacionais de bateis
Enviado por admin o Lun, 30/04/2012 - 22:02O equipo xuvenil feminino de Ares que vén de gañar Campionato de España de bateis celebrado esta fin de semana en Moaña. A tripulación, entre a que figuran as alumnas do instituto Nicole Maroño e Sheila Fernández, pechan deste xeito unha excelente tempada chea de éxitos. Parabéns!!!
FOTO: Diario de Ferrol
O Club do Mar busca nome para a nova traíña
Enviado por admin o Dom, 25/03/2012 - 11:21O Club do Mar de Mugardos convoca o seguinte concurso para atopar un nome co que bautizar a nova traíña.
BASES |
Imaxes do "Torneo de bádminton" (BAC)
Enviado por admin o Ven, 09/03/2012 - 00:01Máis: Galería de imaxes
Vía Deportiva. Didáctica para pais
Enviado por admin o Ven, 10/02/2012 - 15:39Educación en valores a través do baloncesto
Charla-coloquio dirigida a pais e técnicos impartida por FERNANDO ROMAY e JOSÉ MANUEL BEIRÁN
- DÍA: Venres, 17 de febreiro
- HORA: De 20:00 a 21:30 horas
- LUGAR: Santiago de Compostela. No Hotel NH Obradoiro
Confirmación de asistencia en didacticaparapadres@feb.es
Máis información en
www.fundacion-feg.org
Exposición "Valores do deporte"
Enviado por admin o Dom, 13/11/2011 - 20:01Estes son algúns dos paneis da exposición que podes ver nos corredores do centro:
Fotos do Camiño de Santiago (25 de outubro de 2011)
Enviado por admin o Xov, 27/10/2011 - 15:20Fotos do Camiño de Santiago:
Triacastela-Sarria (por Samos)
25 de outubro, 2011
FOTO: Santiago
Departamento de Educación Física
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6