Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Educación física

Camiño de Santiago (25 de outubro)

 

O pasado martes, 25 de outubro, o alumnado de 1.º bacharelato realizou a trandicional actividade dunha etapa do Camiño de Santiago para comezar con ganas todo curso deportivo que lles queda por diante. Nesta ocasión foron algo máis de 15 quilómetros entre Palas de Rei e Melide.

 

Visita do antigo alumno Adrián Lorenzo

Esta mañá recibimos a visita de Adrián Lorenzo, antigo alumno. Falou do Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas co alumando da materia optativa de Actividade Física de 2º. bacharelato.

Comezo dos Recreos Saudables

 

Esta semana comezaron dúas actividades importantes para dinamizar os recreos. Por unha banda, o Plan Deportivo de Centro cos torneos deportivos que arrincaron co Fútbol Sala. E por outra, o programa Recreos Saudables. Trátase dunha iniciativa patrocinada pola ANPA O Castro e o Concello de Mugardos que ofrece aos usuarios da cafetaría escolar unha alimentación controlada. Por exemplo, dá visibilidade ao consumo de froita e productos lácteos. Comezamos cuns dez alumnos/as apuntados e esperamos aumentar o número de familias interesadas nas próximas semanas.

 

     

V Premio Estudo e Deporte

Comprácenos informar dos gañadores e mencións especiais dos Premios Estudo e Deporte que patrocina o IES de Mugardos e mais os Concellos de Mugardos e Ares, a ANPA O Castro e o Club do Mar e a SDC Galicia de Mugardos, coa colaboración indispensable de ata 35 entidades deportivas e asociacións de Ferrolterra.  Entre todos queremos poñer en valor a capacidade de organizarse e de programar o tempo con eficacia para render positivamente nos estudos e na actividade física.
 
Os alumnos e alumnas do IES de Mugardos premiados nesta ocasión acadaron unha media moi elevada na fase de baremación, segundo os criterios que se poden consultar nas bases. Tamén queremos  facer chegar o noso recoñecemento  a todas as familias que asumen con dedicación a tarefa de facilitar a práctica de calquera tipo de actividade física dos seus fillos.
 
Esta iniciativa dos Premios Estudo e Deporte está incluída no Plan Proxecta e nos Contratos-Programa para a mellora da excelencia que promove a Consellería de Educación.  Este ano acada xa  a súa quinta edición. Queremos nesta ocasión compartir con todas as entidades colaboradoras o recoñecemento máximo que para nós foi a concesión ao IES de Mugardos do Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa.
 
A entrega dos Premios Estudo e Deporte realizarase o día 22 de xuño como colofón ao Acto Cultural de fin de curso. 

Xornadas sobre o Proxecto Deportivo de Centro

O pasado venres, as profesoras Lecicia Ogando e Covadonga Rodríguez-Moldes participaron nas I Xornadas sobre o Proxecto Educativo de Centro e promoción de hábitos saudables celebrado no salón de actos do INEF  en Bastiagueiro. Neste foro puidon expoñer as actividades desenvolvidas no noso centro e a organización dos Premios Estudo e Deporte.

Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e dos hábitos de vida activa

Este galardón oficial da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia recoñece o Plan Deportivo de Centro do IES de Mugardos que se basea, por unha banda, na extensa programación de actividades impulsadas poio Departamento de Educación Física; e por outra, na convocatoria anual dos nosos Premios Estudo e Deporte.

 

A gala de entrega celebrouse o 12 de maio, no Teatro Principal da cidade de Ourense. Ademais da dirección e profesorado, acudiron representantes do Concello de Ares: Eugenio Fernández, concelleiro de Cultura, e  Javier Sánchez, técnico municipal de deportes. Por parte da ANPA, Manuel Brage e do alumnado, Sara Vázquez.

 

 Recolleron a acreditación, a a profesora de Educación Física, Leticia Ogando, e a coordinadora dos nos Premios Estudo e Deporte, Covadonga Rodríguez-Moldes.

Entre outros galardoados salienta o Premio ao mellor deportista mastulino para Javier Gómez Noya, primeiro triatleta da historia en ser Pentacampión do Mundo.

                                                                                                                              FOTO: La Voz de Galicia (Ourense)

Ver listaxe completa de galardoados

 

LIGAZÓNS:

- Secretaría Xeral para o Deporte

- Portal educativo da Consellería de Educación

- Concello de Ares

- DIARIO DE FERROL (13 de maio)

- Galería La Voz de Galicia

       

Iniciación ao remo no Club do Mar (2)

           

 Esta semana tocoulle aos
alumnos e alumnas de 1.º
e 2.º
ESO asistir á sesión de
iniciación  ao remo no Club
do Mar de Mugardos.
Deste xeito, todo o alumnado
da ESO tivo a oportunidade de
coñecer este deporte e para
algúns foi a primeira vez que
saían á ría como remeiros.

Agradecemos ao Club do Mar
esta iniciativa e acollernos tan
amablemente nas súas
instalacións.

 

   

Iniciación ao remo no Club do Mar

Grazas ao Club do Mar de Mugardos, todo o alumando de 3.º e 4.º ESO asistiu esta mañá a unha sesión de iniciación ao remo. O tempo axudou e foi unha experiencia moi gratificante tanto para os que xa practican este deporte coma para os que saíron por primeira vez ao mar.

Exhibición e práctica de tenis de mesa

O alumnado de 1.º e 2.º ESO asisitiu esta mañá a unha práctica do tenis de mesa guiados por representantes do club San Xoán de Ferrol.  Ao longo da actividade, que se desenvolveu no pavillón do Cristo, puideron coñecer as características deste deporte, realizar varios exercicios de adestramento e iniciar varias partidas cos compañeiros e compañeiras.  A exhibición contou coa organización dos Concellos de Ares e Mugardos a través das súas Concellerías de Deportes.

Carreiras de orientación

As tardes dos martes, por grupos, o alumnado de Educación Física está practicando polas rúas de Mugardos a modalidade deportiva de orientación. A actividade culminará coa participación do centro no Campionato escolar provincial a finais do proximo mes de marzo.

 

 

 

 

  

Canto azucre bebes?

Campionato de fútbol

Celebración do magosto

Actualización:

Diplomas aos equipos da xincana deportiva.


Como en anos anteriores, a celebración do magosto incluíu o reparto de castañas ofrecidas pola ANPA e a organización da xincana lúdica. Ademais, o alumnado de 4.º ESO repetiu a venda de produtos para recadar fondos para a excursión de fin de curso.

 http://picasion.com/

 

Fragas do Eume (3.º ESO)

O mal tempo non foi impedimento para que os alumnos/as de 3.º ESO realizaran este luns, 19 de outubro, o percorrido de senterismo polas Fragas do Eume organizada polo Departamento de Educación Física.

Andaina do Belelle

  

Este mércores os alumnos/as  de 1.º e 4º de ESO realizaron a ruta da "Fervenza do río Belelle". O percorrido de algo máis de dez quilómetros serviu para reforzar o programa de apadriñamento e amadriñamento entre as diferentes promocións do instituto.

Camiño de Santiago (1.º BAC)

 

 

O martes, 6 de outubro, o alumnado de 1.º bacharelato realizou a xa trandicional actividade dunha etapa do Camiño de Santiago para comezar con ganas todo curso deportivo que lles queda por diante. Nesta ocasión foron algo máis de 21 quilómetros entre Palas de Rei e Boente.

 gif maker

 

IV Premio Estudo e Deporte

 

Parabéns a todos/as os participantes!!!
Grazas aos clubs, ANPA e Concellos.

Acta do xurado

GALA DE ENTREGA DOS PREMIOS
Salón de Actos do IES de Mugardos19 de xuño de 2015
(12:30 horas)

Duatlón escolar en Ares

Esta mañá o alumnado de 1º e 2º ESO participou, conxuntamente con outros centros educativos de Mugardos e Ares, na actividade deportiva de duatlón escolar polas rúas de Ares. Parabéns aos participantes e aos organizadores.

Camiño de Santiago (1.º BAC.)

O alumnado de 1.º BAC realizou onte o treito do Camiño de Santiago entre Triacastela e Sarria, por Samos.

 Imaxes na galería

Campionato provincial de Orientación

     

O pasado xoves participamos no
Campionato escolar provincial de orientación
nas instacións de Acea da Ma (Culleredo).

Esta disciplina deportiva está a ser todo un
descubrimento para o noso alumnado que
durante este curso xa puido practicar varias
tardes dos martes na Pedreira.

Salientamos a obtención de medalla de
bronce para a alumna Sara Salido na
categoría infantil.

Parabéns a todos e todas.

Primeira reunión para os Premios Estudo e Deporte

O pasado martes reuniuse a Comisión dos Premios Estudo e Deporte para botar a antar a cuarta edición desta iniciativa que ten por finalidade promocionar a actividade física e valorar o esforzo dos nosos estudantes no eido académico e deportivo. Na convocatoria participaron os representantes dos Concellos de Mugardos e Ares, do Club de Remo, a SDC Galicia de Mugardos, a ANPA e mais do instituto coa presenza por primeira vez do sector do alumnado.

Entre todos puideron valorar as propostas de modificación das bases e o procedemnento do baremo. Asemade, aprobouse a listaxe de participantes que neste curso ascede a 120 matriculados no instituto que practican deportes ou actividades físicas regulamentadas. Deste xeito, están implicados 31 clubs e asociacións da comarca que contan cun gran número de adestradores e adestradoras cuxo labor resulta imprescindible. Por iso, a Comisión decidiu dedicar o acto da entrega dos Premios Estudo e Deporte a enxalzar a figura dos adestradores.

Deporte Escolar. Encontro co IES Saturnino Montojo

Dentro das actividades deportivas do mes de xaneiro, este  martes recibimos a visita do alumnado do IES Saturnino Montojo co que celebramos o tradicional encontro deportivo. Foi unha boa mañá de deporte e compañerismo.

Actividades de Educación Física no mes de xaneiro

 

 

ORIENTACIÓN
Tardes dos martes na Pedreira

TORNEO DE FÚTBOL SALA
Recreos no pavillón

 

Campionato de dodgeball

Celebración do magosto

O venres, 14 de novembro, celebramos o magosto co tradicional reparto de cucuruchos de castañas asadas por xentileza da ANPA O Castro, a quenun ano máis agradecemos a súa colaboración.

E a continuación, a xincana organizada polo alumnado de 1.º BAC para os de 1.º e 2.º ESO.

   

Reportaxe III Premio Estudo e Deporte

Documental con entrevistas para a entrega do III Premio Estudo e Deporte do ano 2014.

Distribuir contido