FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Horarios e profesores______________________________[Despregable]
2.º Bacharelato |
|||||||
Profesores/as | Programación | ||||||
Titora- A |
Inglés | ||||||
Historia de España | |||||||
Lingua castelá | |||||||
Micaela Rei | Lingua Galega | ||||||
Julio Otero |
Economía de empresa | ||||||
Tecnoloxía Industrial II |
Julio Otero | Fundamentos de administración e xestión |
Begoña Gómez | Métodos estatísticos e numéricos |
Olga Recio |
Francés |
Ofelia Lubián | Psicoloxía |
Olga Cabalar | Linguaxe e práctica musical |
Obradoiro de teatro | |
José Barcia | TIC II |
Manuel Vales | Relixión católica |
2ºBAC
Lección inaugural (Bach.): Simón García
Enviado por admin o Mér, 18/09/2019 - 21:18O músico Simón García, compositor e intérprete, impartiu este luns a lección inaugural para o alumnado de bacharelato e 4.º ESO. Ao longo da súa exposición e o debate cos estudantes achegou de forma directa e accesible a complexidade da linguaxe musical e a beleza do seu instrumento: o baixo.
Ademais co relato da súa traxectoria profesional plantexou a necesidade de integrase nun mundo globalizado e competitivo a persar das dificultades. A mellor recomendación é loitar por estar preparado para non perder as oportunidades que nos interesen.
Agradecemos a Simón, como exalumno do centro, este reencontro tan especial co instituto.
VIII PREMIO ESTUDO E DEPORTE
Enviado por admin o Sáb, 29/06/2019 - 11:00
GALA DE ENtREGA DOS PREMIOS E MENCIÓNS
Venres, 21 de xuño
MIGUEL SEOANE, da Agrupación de Montaña e Escalada Bestarruza
MIKEL PASABANT, deportista galego de alto nivel (vela)
Promoción Bacharelato 2017-2019
Enviado por admin o Ven, 24/05/2019 - 20:04A tarde do venres, 24 de maio, celebramos o acto de despedida da brillante promoción de bacharelato 2017-2019. Foi un acto emotivo, dirixido e organizado polo propio alumnado que deixa unha fonda pegada no instituto. Parabéns ao novos bachareis que enfrontan unha nova etapa nas súas vidas. Grazas ao profesorado que os acompañou en toda a súa traxectoria escolar. Moi agredecidos ao Casino Mugardés que nos cedeu as súas instalación para compartirmos o acto con todas as familias. Para todas as familias, o noso recoñecemento por confiarnos unha parte importante da educación dos seus fillos e fillas.
"A volar, patitos" (Telmo dixit)
MEDEA. Estrea da compañía Obradoiro de Teatro
Enviado por admin o Xov, 23/05/2019 - 20:45A compañía dramática Obradoiro de Teatro de 2.º bacharelato estreou esta mañá a obra clásica Medea, de Eurípedes. A ovación do auditorio tras a representación do drama testemuña o excelente traballo actoral do elenco. Salientamos, asemade, a escenografía, vestiario e iluminación xunto coa dirección da profesora Olga Cabalar.
VOTA o teu PiTuit favorito
Enviado por Covadonga o Sáb, 30/03/2019 - 13:24O departamento de Matemáticas xunto cos equipos de Biblioteca e Dinamización Lingüística organizaron por segundo ano as actividades do Pi Day.
Para elixir aos mellores PiTuits queremos que se participe dando a opinión votando o preferido entre os 12 finalistas. Ata o día 3 de abril recibiranse os votos a través de :
https://doodle.com/poll/269arp2a57vriqwn
¡¡¡ VOTA!!
EduSolidariedade á mugardesa
Enviado por admin o Ven, 22/03/2019 - 21:27Explicación do proxecto | |
ONG elixida por votación do alumnado:UNICEF |
|
Resultados da votación ONG:
|
Recoñecemento na Olimpíada de Filosofía de Galicia: 3º premio na categoría de vídeo
Enviado por ofelia786 o Ven, 15/03/2019 - 22:39
As alumnas Elena Martínez, Noelia Calvo e Noa Martínez, de 2.º bacharelato, veñen de recibir o terceiro premio da Olimpíada de Filosofía de Galicia na modalidade de vídeo. O seu traballo, dirixido pola profesora Ofelia Lubián, foi seleccionado como un dos finalistas entre uns vintecinco presentados de toda a comunidade.
A través da pantalla
O acto de entrega do premio celebrouse este xoves na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela. Parabéns polo traballo sobre as identidades e comportamentos dixitais que nos deixa a gran pregunta e invitación filosófica final: que pensades?
PI-DAY
Enviado por admin o Xov, 14/03/2019 - 20:32O día 14 de marzo está declarado internacionalmente como o Pi-Day ou día de Pi. Foi unha idea do físico estadounidense Larry Shaw baseada en que a data 3 de marzo escríbese no seu pais 3/14, que son as primeiras tres cifras do número Pi.
Do mesmo xeito que o ano pasado, o departamento de Matemáticas en colaboración coa Biblioteca e o ENL organizou para esta ocasión as seguintes actividades:
- II campionato de PI-memoria.
Celebrouse no recreo na aula de Matemáticas. Contou con moita participación e boa "retentiva"
(preme na imaxe para ampliar)
|
- II Concurso de PI-tuits: BASES
Circular sobre o parón 15M "Friday for future"
Enviado por admin o Mér, 13/03/2019 - 21:02Preme na imaxe ou arquivo adxunto
Circular informativa sobre a folga de mulleres do 8 de marzo
Enviado por admin o Xov, 28/02/2019 - 22:04Salón de Actos
Enviado por admin o Xov, 14/02/2019 - 22:13O salón de actos estivo esta semana moi concorrido con diferentes actividades. Entre elas salientamos as charlas do martes para 2.º ESO sobre condutas infractoras e a lei do menor; o mércores para 2.º bacharelato sobre a oferta da Universidade da Coruña; e o xoves, para 1.º ESO, sobre as consecuencias do consumo de alcohool en menores dentro do programa Apuntámonos a non beber.
Reunión das familias cos titores/as (Martes, 22 de xaneiro)
Enviado por admin o Mér, 16/01/2019 - 10:20Resultados das eleccións ao Consello Escolar - 2018
Enviado por admin o Mér, 28/11/2018 - 18:34Estes son os resultados das eleccións ao Consello Escolar celebradas este martes, 27 de novembro.
PAIS, NAIS, TITORES LEGAIS | |
Candidaturas electas | Juan Manuel López López |
Mª Beatriz Cepeda Cárdenas | |
Suplentes | Lara Cuervo Álvarez |
ALUMNADO | |
Candidaturas electas | Lara Cristobo Vilar |
Martina Romero Pérez | |
Suplentes | Uxío López Martínez |
Paola Alonso Rivera | |
Ana Cancela Varela | |
Juan Pena García | |
Andrea García García | |
Helena Castiñeira Pérez | |
Elisabeth Bejarano Bouza | |
Sabela Martínez Ferrer |
PROFESORADO | |
Candidaturas electas | Begoña Allegue Rodríguez |
Francisco Canoura Quintana | |
Begoña Gómez Díaz | |
Suplente | Mario Soto López |
Poderanse presentar reclamacións por un prazo de quince días perante o Delegado Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Polo bo trato (25 de novembro)
Enviado por admin o Lun, 26/11/2018 - 18:21O acto conmemorativo en contra da violencia de xénero tivo lugar no salón de actos a quinta hora do pasado venres. Mario e Uxía conduciron o evento que se abriu coa actuación de Elsa, Uxía, Lia, Helen, Ana e María. A continuación proxectamos o video do alumnado de 2° ESO de Valores que deu paso a outros videos que nos permitirán debatir e reflexionar sobre o tema. Rematamos coa aplicación DetectAmor que nos permite coñecer como ligamos, facer o test do Amor e descubrir mitos e verdades sobre o amor.
Velaquí os vídeos de produción propia:
AVISO: Alerta de nivel LARANXA por refachos de vento durante o día 9 de novembro
Enviado por admin o Xov, 08/11/2018 - 20:45
Estimadas familias:
|
Reunión das familias cos titores/as (Martes, 23 de outubro)
Enviado por admin o Mér, 17/10/2018 - 13:13Lección inaugural (Bac)
Enviado por admin o Mar, 18/09/2018 - 21:46
Elena Brozos inaugurou o curso escolar 2018-2019 para o alumnado de Bacharelato e 4.º ESO. A súa lección inaugural versou sobre a súa propia traxectoria profesional enraízada nunha forte vocación pola medicina. Realizou un repaso á súa vida académica desde os anos do colexio de primaria de Franza, o IES de Mugardos do seu tempo, a etapa universitaria, o exame MIR e as experiencias laborais no estranxeiro. Explicou o seu traballo actual no Servizo de Oncoloxía do Hospital de Santiago, a docencia na Universidade e a investigación clínica. Neste último apartado tamén puido realizar un breve repaso do estado dos importantes avances médicos contra o cancro dos últimos anos. Todo iso transmitido con sensibilidade e entusiamo polo valor do estudo, a humildade e o compromiso de servir aos demais. |
Horarios (Curso 2018-2019)
Enviado por admin o Lun, 17/09/2018 - 19:51VII Premio Estudo e Deporte
Enviado por admin o Xov, 21/06/2018 - 22:39
Neste grupo de caras sorrintes e contaxiosa alegría queremos representar o mellor do curso 2017-2018 que hoxe despedimos, como desde hai xa sete edicións, coa entrega dos Premios Estudo e Deporte. Son unha magnífica representación de todos os niveis educativos do instituto e dos 36 clubs deportivos ou asociacións nos que o noso alumnado practica algún tipo de actividade física. De todos eles estamos moi orgullosos e recoñecemos o seu esforzo e talento.
No acto acompañáronos, por unha banda os representantes o equipo feminino de balonceso Star Center Uni Ferrol: a capitá do equipo, Patricia Cabrera, e o entrenador da magnífica temporada pasada, Lino López. Coas súas palabras e bágoas de emoción, Patri pedíalle ás rapazas que loitaran pola igualdade no deporte e aos rapaces que as apoiasen! Toda unha lección dos sentimentos e valores do deporte.
Tamén contamos coa presenza de Maca Cabaleiro, toda unha pioneira na promoción do deporte feminino e primeira muller que saíu de España para xogar ao balonceso. Contounos os inicios do baloncesto feminino na comarca en Mugardos e as dificultades que deberon superar.
. |
Parabéns a todos/as os participantes!!!
Grazas aos clubs, ANPA e Concellos.
Edusolidariedade á mugardesa (25 de maio, 2018)
Enviado por admin o Sáb, 26/05/2018 - 10:59Ata a chuvia respectou na mañá de onte a xornada de convivencia e solidariedade do alumnado e profesorado do CEIP Unión Mugardesa, CPR Loyola e IES de Mugardos. Convivencia porque reuniu nunha mesma actividade a preto de 500 escolares, de 3 a 18 anos, de infantil a bacharelato. Solidaria porque entre todos recadamos 1.683,30 euros que a ONG "Nico contra el cáncer infantil" destinará directamente á investigación e mellora dos tratamentos.
A principal actividade consistiu na realización das carreiras, desde os cen metros ata os 1.900 metros. En todas elas os participantes amosaron un grande espírito deportivo e participativo. Grnades doses de esforzo, sorrisos e aplausos para demostrarnos que somos unha comunidade educativa viva e vibrante. Xuntos somos mellores.
Ademais dos centros educativos, na organización participou o Concello de Mugardos e contou coa axuda de varias empresas patrocinadoras e a colaboración do animador Dani Ríos . Agradecemos especialmente a participación das ANPAS, o servizo municipal de deportes, monitores de xogos populares e club Móvete de danza.
Agora, coas pilas cargadas, imos polo fin deste curso 2017-2019. Vémonos o 21 de xuño nunha nova edición dos premios Estudo e Deporte.
TES TALENTO. Festival das Letras Galegas, 2018
Enviado por admin o Dom, 20/05/2018 - 19:25
O alumnado amosou o seus talentos no festival que se organizou para conmemorar o Día das Letras Galegas. Sobre o escenario do salón de actos desfilaron ata quince actuacións de música, danza e monólogos. O xurado elixiu seis finalistas que foron sometidas á votación do público. No védeo podes comprabar o grande talento despregado por todos os participantes. Máis infomación en Lecturamos, blogue da Biblioteca escolar.
Minimarket Emprende Xove (2018)
Enviado por admin o Dom, 13/05/2018 - 20:37Un numeroso grupo de alumnos e alumnas das diferentes materias relacionadas coa Economía, desde 4.º ESO ata bacharelato, impartidas pola profesora Carmen Meiriño, participaron na quinta edición de Minimarket EmprendeXove celebrado este sábado no Auditorio de Ferrol. Trátase dun concurso patrocinado pola Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Ferrolterra, Eume e Ortegal que premia o talento, o espírito emprendendor e a orixinalidade de proxectos dos estudantes. Nesta ocasión xuntáronse un total de once centros da bisbarra. Parabéns a todos!!!
Calendario final de 2.º Bacharelato, reclamacións e matrícula na ABAU
Enviado por admin o Mar, 08/05/2018 - 13:05
Reclamacións en 2.º bacharelato
Segundo a Circular 2/2018 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato establecido na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, para o curso 2017/2018. As reclamacións contra as cualificacións finais obtidas nas materias de 2º de Bacharelato presentaranse por escrito na secretaría do centro e dirixidas á Dirección desde o mércores 23 de maio ata as 14:00 horas do Xoves 24 de maio de 2018. As instancias pódense recoller na Secretaría do centro. Ás 13:00 horas do Venres 25 de maio notificarase a resolución dos Departamentos ao alumno/a e representantes legais. O prazo para presentar solicitudes de reclamación á comisión de supervisión remata o Luns 28 de maio de 2018 ás 14:00 h. Para máis información consulte o portal educativo da Xunta de Galicia. URL: |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »