Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Novas

Miniprogramación FeQ 1ºBAC 2021-22

Aquí tedes a versión reducida da programación didáctica da materia de Física e Química de 1ºBAC na que se poden atopar os contidos a traballar e o xeito de valorar os diferentes aspectos a avaliar.

Miniprogramación FeQ 4ºESO 2021-22

Aquí tedes a versión reducida da programación didáctica da materia de Física e Química de 4ºESO na que se poden atopar os contidos a traballar e o xeito de valorar os diferentes aspectos a avaliar.

Miniprogramación FeQ 3ºESO 2021-22

Aquí tedes a versión reducida da programación didáctica da materia de Física e Química de 3ºESO na que se poden atopar os contidos a traballar e o xeito de valorar os diferentes aspectos a avaliar.

Miniprogramación FeQ 2ºESO 2021-22

Aquí tedes a versión reducida da programación didáctica da materia de Física e Química de 2ºESO na que se poden atopar os contidos a traballar e o xeito de valorar os diferentes aspectos a avaliar.

Miniprogramación CAAP 2021-22

Aquí tedes a versión reducida da programación didáctica da materia de Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional (CAAP) na que se poden atopar os contidos a traballar e o xeito de valorar os diferentes aspectos a avaliar.

Plan de continxencia

Plan de adaptación á situación covid 19 no curso 2021-2022

Axudas para o ensino e o transporte (Concello de Mugados)

Convocatoria de axudas para o ensino e o transporte do Concello de Mugardos 

PRAZO
do 1 ao 15 de setembro

Bases e solicitude

Recoñecemento aos mellores expedientes das ABAU

 

 Parabéns ás alumnas Sofía Cao e Sara Rodríguez recoñecidas hoxe no acto de homenaxe aos mellores expedientes das ABAU.

Minuto 56:33

Actividade no Club de Remo de Mugardos

Na semana do 7 ao 11 de xuño, todo o alumnado do IES Mugardos tivo a oportunidade e participar nunha actividade de promoción do Club de Remo de Mugardos. As sesións resultaron dunha colaboración entre o departamento de Educación Física e o club local, que tivo a ben dispoñer das embarcacións e dos monitores para realizar unha actividade ao aire libre, con todas as medidas de seguridade e de balde.

Os rapaces e rapazas puideron comprobar coma o esforzo é ineludible neste deporte, no que o adestramento é moi esixente pero a perseverancia da os seus froitos.

Unhas xornadas distintas para esquecer este curso tan duro que a rapazada superou con tanto ánimo. Parabéns a todos e todas!

Ao longo das segunda semana de xuño, todo o alumnado da ESO baixou á ribeira para realizar unha actividade práctica de coñecemento do remo. Grazas ao Club de Remo de Mugardos por abrir as súas portas aos centros educativos.

Para todas as familias animamos a seguir con esta toma de contacto cos deportes do mar coa inscrición na Escola de verán.

 

Circular fin de curso

Aledaled, ánimo 2.º bacharelato!

Esta semana o alumnado de 2°Bacharelato comezou o período de exames cunha sorpresa.
Unha representación do alumnado de 2°ESO pasou polo salón de actos para darlles folgos e facerlles entrega dun ALEDALED personalizado para que o tiveran na súa mesa de estudo, e mantiveran a ilusión e o esforzo ata o final.
Que non sabedes o que é un ALEDALED? Pois é unha tarxetiña cunha imaxe máis unha mensaxe de ánimo que contén no seu interior un circuíto que fai que se aluminen os leds que van incrustados na tarxeta.
Antes de realizar os AledaLeds na clase de Tecnoloxía e nas titorías, o alumnado de 2°ESO xurou por Snoopy ante os seus titores/as Diego e Sandra prometendo manter o segredo e non contar a sorpresa ata que rematasen a misión.
Hoxe, o alumnado de 2° Bacharelato agradeceu cun sonoro aplauso a ilusión e detalle que o alumnado de 2°ESO tivo con eles/as. Agardamos que esta pequena gran sorpresa lles faga máis levadeiro este final de curso ou etapa. Ánimo e forza, como xa vos dixemos hoxe sodes Xeniais e podedes con todo!!

Maios, 2021

Tampouco este ano non baixamos ao cantón de Cora cos nosos maios e coplas. Mais iso non foi motivo para que celebrásemos a chegada da primavera Estes son os maios do alumnado de 1.º ESO e FPBásica.

07 Circular caso covid (23 de abril)

 

    

 Comunicamos que desde o día  22 de abril confirmouse 1 caso positivo 
no centro educativo ao que acode o seu fillo ou a súa filla. 

Agradecemos a súa colaboración imprescindible para que ningún membro
da comunidade
educativa asista  ao instituto no caso de manifestar síntomas
compatibles coa covid 19. 


Cómpre manter a máximo rigor nas medidas de protección individual e de
seguridade colectiva.

 

Xubilación de Gabriela

Grazas, Gabriela, por todos estes anos de boa e xenerosa dedicación ao ensino. No IES de Mugardos deixas unha fonda pegada de admiración e afecto. Desexamos que a xubilación che traia unha nova xeira de felicidade.

Reproducimos o emotivo poema escrito por Yoel e o vídeo do alumnado de 4.º ESO lembrando cando a profesora Gabriela lles levaba candies

  

 Xúbilo e saúde, teacher!!!

Semana das Profesións: conversas sobre o futuro

 

PÓDESE EMPRENDER EN MUGARDOS?
IAGO TRIANA. DA COSTA VERDECENTE

Hoxe inauguramos a Semana das Profesións con Iago da empresa de servizos caninos Da Costa Verdecente que ofrece adestramento, perruquería canina, hotel e tenda. https://www.iagotriana.com/
Iago contounos que logo de probar con itinerarios laborais diferentes, pensou na posibilidade de ser emprendedor montando unha empresa relacionada co que lle gustaba e polo que sentía unha gran paixón: os cans.
Imaxinades traballar no que adicades o tempo libre... soa ben, non?. Pero antes de chegar a este punto, a Iago tocoulle traballar no sector dunha maneira diferente que lle permitiu coñecer ben que podía funcionar, donde había mercado. Emprender foi unha idea que foi xurdindo pouco a pouco. Ademáis de traballar no que lle gustaba, animoulle a idea de ser o seu propio xefe e vivir aquí.
Na conversa que mantivemos, fixemos unha pequena enquisa informal e descubrimos que unha parte importante do alumnado de 3°ESO ten a idea de marchar para estudar fóra e vivir experiencias novas. Tamén descubrimos que á hora de buscar emprego, a vosa idea é traballar lonxe de Mugardos e volver nas vacacións porque considerades que aquí hai poucas oportunidades. Algúns tendes emprendedores/as na familia e non descartades emprender, pero en principio descartades facelo aquí. Con todo o marabilloso que hai en Ares- Mugardos... marchar? E se cambiades a realidade como en Texas? Lembrades o que nos dixo Iago?
Hoxe vimos como as oportunidades creanse, e os nosos sitios poden cambiar coas miradas dos emprendedores. Temos a opción de opositor, de ser contratados/as por conta allea pero a opción de emprender, crear empresa e incluso contratar xente pode ser unha realidade tamén interesante.
Na charla tamén falamos sobre como algunhas estratexias de negocio como a diversificación de servizos permiten que unha empresa como a de Iago se manteña ben. Se un servizo frouxea, hai outros que poden ir mellor e compensar.
Tamén falamos de que se pode traballar en Mugardos e levar o seu nome polo mundo adiante coa internalización, realmente podes comerte o mundo emprendendo en Mugardos! Tamén falamos que saír, coñecer experiencias e sitos novos está moi ben e enriquece o que fagamos logo.
Aproveitar as oportunidades e ter en conta as ameazas son claves. Tamén coñecer as debilidades e as fortalezas. En empresa a isto lle chamamos DAFO. Iago ten claro contra quen non pode competir e sabe tamén donde el non atopa competencia. Disto vai emprender.
Espero que esta charla vos permitira valorar outras posibilidades profesionais e darvos conta de que na vida dunha persoa hai etapas, idas e voltas, que un empeza dunha maneira e logo pode continuar doutra. Que as oportunidades se crean. Que o lugar donde un vive pode ser un bo lugar para emprender. Que o noso tamén se defende (que llo digan ao can palleiro).
Moitas grazas Iago, que a costa siga verdecendo!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Circular sobre a folga feminista do 8M

Preme na imaxe

Comunicación de casos covid 19 (3 de marzo)

 

Comunicamos que hoxe, 3 de mazo, confirmáronse 2casos positivos no centro educativo ao que acode o seu fillo ou a súa filla.

Unha vez máis, agradecémoslles a súa colaboración para que ningún membro da comunidade educativa aisista presencialmente ao instituto no caso de manifestar algún síntoma compatible coa covid19.

 

 

Búscanse humoristas

      

 Que o venres de entroido sexa entroido. Queremos clases de humor! Lembra anotarte e participar co teu chiste, anécdota graciosa, meme, monólogo, coreografía, mimo, etc. Lembra que a actuación debe durar aproximadamente 2 minutos.

Folla de inscrición en conserxería.

Catálogo de arranxos florais para San Valentín

Realiza a túa encarga xa!!!

 

06 Circular caso covid (1 de febreiro)

  Comunícolles que nos últimos dez días

  confirmáronse 3 novos casos positivos

  no centro educativo.

 

 

 

 

 

 

 

   

05 Circular caso covid (20 de xaneiro)

 

 

 

Comunicamos que desde o día  19 de xaneiro están confirmados 6 casos positivos no centro educativo ao que acode o seu fillo ou a súa filla.Aínda que a maioría dos contactos estreitos declarados están a dar negativo nas probas realizadas, cómpre mantermos a máximo rigor nas medidas de protección individual e de seguridade colectiva.
Agradecemos a súa colaboración imprescindible para que ningún membro da comunidade educativa aisista presencialmente ao instituto no caso de manifestar algún síntoma1 compatible coa covid19. 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 

 

04 Circular caso covid (15 de xaneiro)

A dirección do IES de Mugardos comunícalles ás familias que ao longo desta semana, 
do 11 ao 15 de xaneiro
confirmáronse tres casos da Covid-19.

Na circular informativa acharán a información necesaria.

 

 

 

 

 

 

Boas Festas e Mellor 2021

22 de decembro: entrega de notas (mañá) e simulación de ensino non presencial (tarde)

Estimadas familias:

Mañá martes, 22 de decembro, remata a actividade lectiva deste ano. Como fin do trimestre entregaránselle ao alumnado pola mañá os boletíns de notas e publicaranse máis tarde, asemade, na aplicación AbalarMóbiles.

Por outra banda, para as sesións lectivas da tarde dese día, realizaremos unha simulación de ensino non presencial. No documento achegado pode consultar as indicacións da actividade.

Entre as medidas contempladas no Plan de Continxencia, figura explicitamente a comunicación á comunidade educativa das medidas adoptadas para continuar co ensino non presencial no caso de peches de aulas ou de todo o centro. Neste suposto, a actividade lectiva manteríase nun horario semellante ao presencial, pero adaptado aos medios telemáticos a través de ferramentas dixitais: videoconferencia e aulas virtuais. Na mesma páxina web do instituto poderá atopar estes “horarios espello” por grupos e niveis.

Por último, informamos que o venres 8 de xaneiro está autorizado como día non lectivo do centro. Daquela, as vacacións de Nadal para a IES de Mugardos abranguerán ata o día 11 de xaneiro. 

Boas Festas e Mellor 2021.

 

03 Circular caso covid (20 de novembro)

 

A dirección do IES de Mugardos comunícalles ás familias que o día de hoxe, 
20 de novembro, confirmouse un caso da Covid-19.

Na circular informativa acharán a información necesaria.

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido