FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Educación física
Deportes náuticos en Ares
Enviado por admin o Ven, 11/05/2018 - 11:32Un ano máis o alumnado de 1.º e 2.º ESO tivo a oportunidade de gozar dunha mañá dedicada á práctica de deportes náuticos: batel, veleiro, kayak e padelsurf. A actividade inclúese dentro do programa Deporte Escolar, organizado polos servizos deportivos dos concellos de Ares e Mugardos e as instalacións do Clúb Náutico de Ares.
Iniciación ao remo (1.º e 2.º ESO)
Enviado por admin o Dom, 29/04/2018 - 14:17Ao longo das dúas últimas semanas o alumnado de 1.º e 2º. ESO tivo a oportunidade de achegarse nas clases de Educación Física ao remo. Grazas á colaboración do Club do Mar de Mugardos, tivemos varias sesións de remoergómetro no pavillón e logo, en varias quendas, a saída ao mar que para moitos era a primeira vez.
Sesións formativas para pais e nais
Enviado por admin o Ven, 13/04/2018 - 13:52A doutora Ana Martínez Lorente, da Consellería de Sanidade, impartiu este o martes pola tarde unha sesión formativa para o alumando de 1.º e 2.º ESO. Deseguido mantivo unha interesante charla sobre alimentación saudable cun grupo de nais e profesores.
Ioga tibetano
Enviado por admin o Dom, 25/03/2018 - 11:40O pasado venres, 23 de marzo, todo o alumnado e profesorado interesado puido gozar dunha práctica de ioga tibetano. As sesión foron dirixidas pola especialista Beatriz Romero (Sonän Donyö), instrutora de ioga tibetano e meditación e monitora de ioga para nenos. Agradecemos a súa presencia no instituto e esperamos poder contar con máis ioga no futuro.
Proba de orientación deportiva en Monfero
Enviado por admin o Sáb, 03/03/2018 - 12:07O xoves pasado o alumnado de 1.º e 2.º ESO venceu a chuvia, o vento e o frío na carreira de orientación celebrada en Monfero xunto con outros centros que participamos no programa Xogade. Trátase, ademais, dunha proba preparatoria para a fase provincial que se vén realizando en Culleredo.
Campionato de volei
Enviado por admin o Xov, 01/03/2018 - 17:26Esta semana comezou o torneo mixto de volei cun grande éxito de participación. En total inscribíornse 17 equipos: nove na categoría infantil e oito xuvenís. O calendario de encontros está no taboleiro de Educación Física.
Vén ao pavillón nos recreos e goza dos partidos.
Roda cubana de baile
Enviado por admin o Ven, 09/02/2018 - 22:21Este xoves todos os grupos de Educación Física bailaron unha roda cubana dirixida por Jesús Marcos Doval, do club de baile Móvete. Salientamos o magnífico ambiente acadado e a interacción moi positiva entre diferentes cursos e cos docentes que tamén participaron na actividade.
Fase final do campionato de fútbol
Enviado por admin o Mar, 23/01/2018 - 21:31
Esta semana entramos na recta final da Liga de fútbol que se vén desenvolvendo ao longo dos recreos. O departamento de Educación Física felicita aos participantes de todas as categorías e tamén aos espectadores pola súa actitude.
Exhibición de tenis
Enviado por admin o Dom, 24/12/2017 - 13:25Unha numerosa reseprentación de tenistas do Club de Tenis de Redes, encabezada por César Vilasánchez, ofreceu este xoves unha exhibición ao alumnado de 1.º ESO. Foi unha magnífica ocasión para coñecer un pouquiño mellor este deporte e as posibilidades de practicalo nas instalacións máis próximas.
Ademais, aproveitamos a ocasión para entregar ao alumnado a doazón de bólas usadas e gastadas no club de Redes e que serán reutilizadas nas aulas para reducir o ruído das patas de cadeiras e pupitres.
César Vilasánchez entregando o material gastado nas canchas de tenis para a súa reutilización nas aulas.
Moitas grazas.
Magosto e xincana deportiva
Enviado por admin o Sáb, 11/11/2017 - 11:54Este venres celebramos o magosto coas castañas ofrecidas, como en anos anteriores, pola ANPA " O Castro". A continuación, o alumnado de 1.º e 2.º ESO participou na tradiconal xincana deportiva organizada polos compañeiros de 1.º bacharelato dentro da materia de Educación Física.
Campionato de fútbol sala
Enviado por admin o Mér, 08/11/2017 - 20:04Esta semana comezou o campionato de fútbol no pavillón. Nos recreos dos martes e xoves xogarase o torneo feminino e os luns, mércores e venres, o masculino. Bos partidos e grande afección.
Skate e patinaxe
Enviado por admin o Sáb, 28/10/2017 - 11:17Este venres tivo lugar no recreo unha demostración práctica de skate e patinaxe a cargo da asociación Gazapo. A actividade, patrocinada polo concello de Ares, tamén concluíu cun chamamento a todas as persoas interesadas en continuar desfrutando da sensación sobre rodas para formar un grupo os sábados pola mañá en Ares.
Campionato de voleibol
Enviado por admin o Xov, 22/06/2017 - 19:33Esta mañá xogárose as finais do campionato mixto de voleibol nas categorías infantil e xuvenil. O remate foi o esperado partido entre alumnos/as e profesores/as. Gañou a deportividade.
Deporte escolar: actividades na praia de Ares
Enviado por admin o Mar, 23/05/2017 - 20:39Grazas á organización dos servizos de deportes dos concello de Mugardos e Ares, os nosos alumnos de 1.º e 2.º ESO puideron gozar a semana pasada dunha estupenda mañá de actividade física no areal de Ares. A programación incluíu a práctica de volei praia, windsurf, canoa, paddle surf, vela...
A ritmo de zumba e hip-hop
Enviado por admin o Lun, 15/05/2017 - 18:06Esta mañá contamos no centro coa presenza de Patricia, monitora do Club de Baile Móvete, que impartiu unha masterclass de baile moderno. Durante catro horas, por quendas de estudantes e profesores, puxo a todo o centro da bailar zumba e hip-hop no pavillón.
Torneo de volei mixto
Enviado por admin o Mar, 09/05/2017 - 18:36Esta semana deu comezo o torneo de volei por equipos mixtos. Os partidos celebraranse durante os recreos no pavillón.
Curso de "Soporte Vital Básico"
Enviado por admin o Mar, 02/05/2017 - 21:18O profesorado terá a oportunidade de asistir a longo das próximas semanas a varias sesión do curso de "Soporte vital básico e desfibrilación externa semiautomática" a cargo da xefa do departamento de Educación Física, Leticia Ogando. Aproveintando a presenza no centro de catro bonecos de práctica para a reanimación cardiopulmonar, pasaran polos grupos de alumnos para recibir coñecementos adaptados de primeiros auxilios.
CURSO PROFESORADO: Soporte Vital Básico e DESA
Enviado por admin o Lun, 01/05/2017 - 16:24CURSO:
Soporte vital básico e desfibrilación externa semiautomática
DURACIÓN:
Mínimo 4 horas para diploma.
DOCENTE:
Leticia Ogando
DÍAS:
Do 2 ao 12 de maio
DÍAS E HORAS:
Mércores: 10:45...........Pavillón
Xoves: 11:35...............Salón de actos ou aula.
Xoves: 12:45...............Salón de actos ou aula.
Venres: 11:35..............Salón de actos ou aula
MATERIAIS:
Senderismo nas Fragas do Eume
Enviado por admin o Xov, 27/04/2017 - 22:06O alumnado de 3.º e 4.º da ESO puido desfrutar esta semana nas rutas de sendeirismo organizadas polas concellarías de deportes dos Concellos de Ares e Mugardos dentro do programa Deporte Escolar da Xunta de Galicia. A actividade realizouse conxuntamente cos colexios de Ares e Monfero nunha gran xornada de convivencia e actividade física no medio natural.
Campionato provincial escolar de orientación
Enviado por admin o Mér, 15/03/2017 - 19:57Moi agradecidos coa organización do Campionato provincial escolar de orientación celebrado esta mañá nas instalacións de Acea da Ma (Culleredo). O alumnado de 3.º e 4.º ESO gozou dunha mañá intensa de actividade deportiva e compañeirismo, na que ademais Marta R. e Brais G. acadaron o 3.º posto na clasificación de cadetes.
Carreira de orientación en Monfero
Enviado por admin o Ven, 10/03/2017 - 12:57Máxima participación e colaboración entre compañeiros/as de 1.º e 2.º ESO na carreira de orientación zonal celebrada o pasado xoves, en Monfero, dentro do programa Xogade. Moitas grazas aos estupendos anfitrións do CPI Virxe da Cela.
Comezo do campionato masculino de balomán
Enviado por admin o Mar, 21/02/2017 - 21:58Recreos no pavillón
Campionato masculino de
BALONMÁN
Comezo do campionato feminino de balomán
Enviado por admin o Mar, 31/01/2017 - 21:16Recreos no pavillón
Campionato feminino de
BALONMÁN
Recreos saudables (xaneiro)
Enviado por admin o Xov, 12/01/2017 - 14:16Continuamos co programa "Recreos Saudables" que lembramos é unha iniciativa Trátase dunha iniciativa patrocinada pola ANPA O Castro e o Concello de Mugardos que ofrece aos usuarios da cafetaría escolar unha alimentación controlada. Por exemplo, dá visibilidade ao consumo de froita e productos lácteos.
Programa radiofónico "Convivir en Igualdade" (Radio Galega)
Enviado por admin o Ven, 23/12/2016 - 22:10http://www.crtvg.es/podcast_rg/0086/0086_20161222010000.mp3
A partir do minuto 6
Sesión radiofónica gravada no instituto o 13 de decembro e emitido no programa "Convivir en Igualdade do día 22 de decembro para dar a coñecer o Proxecto Deportivo de Centro. Contou coa participación de gran parte da comunidade educativa, entidades deportivas e municipais. Unha hora estupenda de radio para compartir.
A Radio e a Televisión de Galicia no instituto
Enviado por admin o Mar, 13/12/2016 - 22:11PREME NA IMAXE
Primeira conexión no minuto 26 e a segunda a partir do 47:40
Esta mañá os medios de comunicación públicos de Galicia tomaron o salón de actos para dar a coñecer de primeira man o Proxecto Deportivo de Centro. A televisión realizou dúas entradas en directo no programa matutino A Revista; e por outra banda, o veterano xornalista Alfonso Pardo gravou un novo programa da serie Convivir en igualdade que será emitido por primeira vez a vindeira noite do 21 ao 22, ás 1:00 horas.
Foi case unha hora de gravación radiofónica na que se deu voz a todos os axentes implicados: profesores e departamento de Educación Física, a Administración representada pola Secretaría Xeral para o deporte, concellos de Mugardos e Ares, entidades deportivas como o Galicia de Mugardos ou o Club de Remo de Ares, ANPA e, por suposto, o alumnado que un ano máis está convocado a participar nos Premios Estudo e Deporte.