FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Animación á lectura
Excursión a Santiago de Compostela (3.º ESO e Clubs de Lectura)
Enviado por admin o Sáb, 30/05/2015 - 16:50Este venres o alumnado de 3.º ESO e máis os Clubs de Lectura realizaron unha excursión a Santiago de Compostela. Durante a mañá, repartidos en varios grupos, desenvolveron unha actividade de capturas fotográficas pola cidade vella. Mentres tanto, os do club de lectura visitaron a Biblioteca Ánxel Casal e acheegáronse ata a libraría Couceiro onde recibiron explicacións sobre a confección e encadernación clásica de libros.
Pola tarde, realizaron unha visita guiada ao Museo de Historia Natural da USC. O guía de honor foi tamén un mugardés e ex-alumno do centro Daniel Castro.
O Club de Lectura na Revista Galega do Ensino
Enviado por admin o Sáb, 20/12/2014 - 14:41Para coñecerdes a historia do club de lectura, non perdades a lectura deste emotivo artigo publicado en Eduga (Revista Galega do Ensino). Descubride quen é a Polgariña que ao longo dos últimos cinco anos foi deixando pequenas sementes de grandes iniciativas de animación á lectura no instituto.
Eduga (Revista Galega do Ensino), n.º 68 / xullo-decembro 2014
Abrapalabra (N.º 7)
Enviado por admin o Mér, 15/10/2014 - 16:20Consulta todas as lecturas avaliables dos departamentos de lingua para o curso 2014-2015
Visita do club de lectura a Pontevedra (27 de marzo)
Enviado por admin o Sáb, 29/03/2014 - 22:56O club de lectura "A boca do lobo" realizou este xoves, 27 de marzo, a súa visita anual a unha localidade galega para mercar libros. Nesta ocasión a elixida foi a boa vila de Pontevedra cadrando coa celebración do Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Alí recibiunos a mascota Orbil e percorremos as instalacións. Logo tivemos a oportunidade de realizar o roteiro guiado pola cidade vella e co noso guía Roberto descubrir as pegadas do burgo medieval. Despois das compra na Libraría Paz e Cronopios e do xantar, aínda tivemos tempo para ver varias salas do Museo Provincial.
Comezo da HORA DE LER
Enviado por admin o Dom, 20/10/2013 - 13:42Comezou a HORA DE LER.
Non esquezas o teu libro.
Operación bolboreta monarca
Enviado por admin o Mér, 16/10/2013 - 21:29Continúa na entrada do instituto a exposición sobre as bolboreta monarca. Lembra o pequeno premio que podes conseguir grazas a elas.
Actividades dos Clubs de Lectura
Enviado por admin o Dom, 02/06/2013 - 19:42A semana pasada, os Clubs de Lectura da ESO realizaron dúas actividades.
O luns, no Club de Lectura de 1.º e 2.º ESO, descubrimos que desde Ares estanse a deseñar moitas das portadas actuais dos libros da colección Fóra de Xogo (editorial Xerais). Ou traballos gráficos para grupos de rock en Noruega e Inglaterra. Todo da man e sensibilidade artística de Antonio Seijas. Contounos algúns segredos do seu traballo como a importancia da comprensión lectora para poder ilustrar; e deixounos algunhas dedicatorias baseadas na novela Cartas de Inverno que el adaptou magnificamente en banda deseñada. Grazas, Antonio.
O martes, xunto cun grupo do IES Fraga do Eume (Pontedeume), o Club de Lectura de 3.º e 4º ESO visitou o Museo Provincial de Lugo onde realizou unha interesante actividade de busca de información polas salas do museo. Logo realizamos compras na Libraría Trama.
Irmandade coa biblioteca do IES As Fragas do Eume (Club de lectura)
Enviado por admin o Lun, 29/04/2013 - 22:28Esta mañá o Club de Lectura participou en Pontedeume no acto de confraternización entre o Club de Lectura e a biblioteca do IES Fraga do Eume dentro dos actos de conmemoración do 25º aniversario de ambos os centros. A visita comezou cunha confencia de Carlos de Castro Álvarez, autor da novela La casa de la linterna. A continuación visitamos os lugares polos que transcorre a obra lida e comentada para a ocasión polo alumnado asistente. A mañá rematou cun magnífico xantar ofrecido na Escola de Hostelería.
VI Certame de Poesía "Concello de Mugardos"
Enviado por admin o Mar, 29/01/2013 - 14:12
- ata 12 anos
- de 13 a 17 anos
- iguais ou maiores de 18 anos.
- Tema: Libre.
- Lingua: Galego
- Forma e extensión: DIN A4 por unha cara (extensión máxima por poesía), mecanografados a dobre espazo, corpo de letra 14 e encabezados polo título.
- As poesías terán que ser orixinais, inéditas e non premiadas en calquera outro tipo de concurso.
- Achegaranse dúas copias sen asinar dentro dun sobre pechado que especificará no exterior o pseudónimo elixido polo/a autor/a e o nome do certame. Dentro deste sobre incluirase outro sobre pechado, co pseudónimo no exterior, que conterá fotocopia do documento de identidade e unha cuartilla co nome, apelidos, idade, enderezo completo e teléfono do/a autor/a.
- O prazo de entrega das poesías será todo o mes de febreiro.
- por valor de 100 €, para a categoría de iguais ou maiores de 18 anos.
- por valor de 60 €, para a categoría de 13 a 17 anos, ambos inclusive.
- por valor de 40 €, para a categoría de ata 12 anos, inclusive.
Lecturas da Pandoira (2.ª xeira)
Enviado por admin o Mér, 16/01/2013 - 21:14O blog da biblioteca e dos clubs de lectura comeza unha segunda etapa da man dos alumnos Pablo J. Rañales e Alberto Pérez (2.º ESO). Cun deseño máis dinámico e áxil, pretende convertese no voceiro dos Clubs de Lectura e de todos os membros da comunidade educativa que queiran achegar a súa colaboración. Entre todos iremos aumentando paseniñamente as reseñas dos libros recomendados, críticas, creacións, novas culturais, entrevistas...
No alto da Pandoira está ben documentada a existencia dun antigo castro. Desde este outeiro, os nosos devanceiros dominaban a ría e a terra. Nos alicerces do IES de Mugardos achábase o lugar cerimonial. Arredor do lume, en noites de forte vento nordés, contábanse as historias sagradas e cotiás. Máis de dous mil anos despois, seguímonos a reunir entre os libros desta biblioteca escolar.
Día da Palabra (23 de novembro)
Enviado por admin o Dom, 25/11/2012 - 14:38O alumnado de 1.º ESO uniuse o 23 de novembro á celebración do Día Internacional da Palabra. Trátase dunha iniciativa da Fundación César Egido para concienciar a toda a sociedade da necesidade do diálogo como ferramenta fundamental para a erradicación de toda violencia.
A nosa actividade, deseñada pola Biblioteca, centrouse na cita clásica Verba volant, scripta manent.
Verba volant, |
scripta manent |
Entrega de premios do "Concurso de Cabazas"
Enviado por admin o Dom, 11/11/2012 - 20:19O "Concurso de cabazas", convocado pola Biblioteca e o EDL, entregou o pasado venres os agasallos correspondentes ao primeiro premio. Velaquí están:
Premios do "Concurso de cabazas, 2012"
Enviado por admin o Xov, 01/11/2012 - 14:23Os membros do xurado decidiron outorgar varios premios, pois dada a calidade dos traballos realizados era case imposible decidirse por un ou dous.
1.º PREMIO
Dous vales, un canxeable por un regalo sorpresa e un vale para a cafetería.
A máis orixinal: A lúa AUTORES: Judith R. e Alberto P. (2.º ESO). |
|
A máis divertida: Pachi, a máis melona AUTORA: Margarita F. (2º. ESO). |
|
A máis creativa: Zapatillas AUTOR: Xurxo R. (2.º ESO). Tívose en conta tamén o esforzo de transporte e baleirado. |
2.º PREMIO
Un vale para a cafetería.
A máis doce A bruxa da cara torta AUTOR: Christian R. (1.º ESO) |
|
A máis comellona Espantasementes AUTOR: David V. (1.º ESO) |
|
A da dentadura perfecta Devoradora AUTORA: Lidia G. (1.º ESO) |
"A Boca do Lobo" nas Xornadas dos Clubs de Lectura
Enviado por admin o Xov, 14/06/2012 - 21:39A Boca do Lobo estivo presente nas V Xornadas dos Clubs de Lectura de Galicia que se celebrou o sábado pasado no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. Puideron asistir a obradoiros, charlas e conferencias ao redor dos libros e a lectura. Mesmo no momento de descanso, os membros do noso club convertéronse en "persoas libro" e recitaron breves poemas aos asistentes. Foi unha intensa xornada ao redor dos libros e a literatura.
Entrega do premio do I Concurso de Banda Deseñada
Enviado por iseoane o Lun, 12/03/2012 - 17:00
No segundo recreo de hoxe, 12 de marzo, entregouse o premio do I Concurso de Banda Deseñada convocado polo Equipo de Dinamización Lingüística e mais a Biblioteca. O galardón recaeu no traballo Antía e o gato máxico, presentado baixo o psedónimo de Violeta. Unha vez aberto o sobre resultou ser da autoría de Natalia Fernández, alumna de 2º BAC. O xurado valorou positivamente a correcto manexo dos recursos narrativos propios do cómic (planos, globos, metáforas visuais, onomatopeas) así coma a execución do debuxo e precisión dos detalles. |
Preme na ilustración |
HORA DE LER: Calendario de marzo
Enviado por admin o Dom, 08/01/2012 - 20:59
MARZO Hora de Ler - ESO
|
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
1ª 8:45-9:35 |
-- |
20 marzo |
21 marzo |
22 marzo |
23 marzo |
2ª 9:35-10:25 |
26 marzo |
27 marzo |
28 marzo |
29 marzo |
30 marzo |
RECREO |
|
|
|
|
|
3ª 10:45-11:35 |
|
|
|
|
|
4ª 11:35-12:25 |
|
|
|
1 marzo |
2 marzo |
RECREO |
|
|
|
|
|
5ª 12:45-13:35 |
5 marzo |
6 marzo |
7 marzo |
8 marzo |
9 marzo |
6ª 13:35-14:25 |
12 marzo |
13 marzo |
14 marzo |
15 marzo |
16 marzo |
CONDICIÓNS DA “HORA DE LER”:
1) Só para ler. Son vinte minutos de lectura non utilizables para realizar outras tarefas.
2) Lectura libre. Cada un elixirá o que quere ler. O profesor/a pode recomendar lecturas e vixiar o contido das publicacións.
3) Individual e silenciosa. É importante mater o silencio para permintir a concentración na lectura. Cando o grupo o decida, poderase ler en voz alta.
4) Se alguén non quere ler deberá estar calado ata que o profesor lle subministre outras tarefas relacionadas coa lectura ou a escritura.
5) Os/as profes tamén len.
HORA DE LER: Calendario de novembro
Enviado por admin o Mar, 01/11/2011 - 13:39
NOVEMBRO Hora de Ler - ESO
|
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
1ª 8:45-9:35 |
|
|
2 novembro |
3 novembro |
4 novembro |
2ª 9:35-10:25 |
7 novembro |
8 novembro |
9 novembro |
10 novembro |
11 novembro |
RECREO |
|
|
|
|
|
3ª 10:45-11:35 |
14 novembro |
15 novembro |
16 novembro |
17 novembro |
18 novembro |
4ª 11:35-12:25 |
21 novembro |
22 novembro |
23 novembro |
24 novembro |
25 novembro |
RECREO |
|
|
|
|
|
5ª 12:45-13:35 |
28 novembro |
29 novembro |
30 novembro |
1 decembro |
2 decembro |
6ª 13:35-14:25 |
|
|
|
|
|
CONDICIÓNS DA “HORA DE LER”:
1) Só para ler. Son vinte minutos de lectura non utilizables para realizar outras tarefas (estudar, deberes...).
2) Lectura libre. Cada un elixirá o que quere ler. O profesor/a pode recomendar lecturas e vixiar o contido das publicacións.
3) Individual e silenciosa. É importante mater o silencio para permintir a concentración na lectura. Cando o grupo o decida, poderase ler en voz alta.
4) Se alguén non quere ler deberá estar calado ata que o profesor lle subministre outras tarefas relacionadas coa lectura ou a escritura.
5) Os profes tamén len.