blogue deadmin

RECLAMACIÓNS, EXPEDICIÓN DE TÍTULO E MATRÍCULA NA ABAU

Nesta entrada acharedes información sobre tres importantes aspectos a ter en conta unha vez superada a avaliación:

  1. Procedemento de reclamación das cualificacións
  2. Expedición do título de Bacharelato
  3. Matrícula na ABAU

 

PROCEDEMENTO DE RECLAMACIÓNS DAS CUALIFICACIÓNS

Ademais de solicitar unha revisión dagunha proba con explicacións do profesor/a, todas as cualificacións que consideres non axustadas a un dos seguintes supostos son reclamables:

E ademais poderás facer constar as observacións que consideres oportunas para que sexan tidas en conta na reclamación.

Tamén é moi importe o prazo:

  • Convocatoria ordinaria: 19 e 20 de maio (de 10:00 a 14:00 horas)

A reclamación preséntase por rexistro de secretaría cun modelo de instancia ou o seguinte formulario.

 

Máis información:

 

EXPEDICIÓN DO TÍTULO DE BACHARELATO

 En primeiro lugar, cómpre cubrir correctamento o impreso de pagamento das taxas:

As cantidades dos importes poden ser diferentes segundo a familia:

  • 54,00 xeral
  • 27,03 Familia numerosa xeral
  • 0,00 Familia numerosa especial

IMPORTANTE: o resgardo de aboamento na entidade bancaria, debidamente selado, débese entregar na oficina do instituto.
Se se alegou condición de familia numero deberase presentar tamén o Libro de Familia actualizado e unha fotocopia.

 

MATRÍCULA NA ABAU

 
PRAZO: 24 e 25 de maio

TAXAS: Efectuar o pagamento na entidade bancaria. 

IMPRESO: Cubrir o impreso de matrícula do xeito máis claro e limpo posible.
               Coidar especial atención á escritura do enderezo do correo electrónico.

Instrucións matrícula ABAU

Impreso para pre-matrícula na ABAU (presentar no instituto)
Impreso para pagamento das Taxas

 

 

 

Protocolo ABAU 2022

Modelos de exame ABAU 2022

 

Horario das probas

Lugar
Comisión Delegada 1142
Escola Universitaria Politécnica. Campus de Serantes. Ferrol

Transporte:
O instituto ofrece autobús desde Ares e Mugardos só para o primeiro día (7 de xuño)

Semana das Profesións (2022)

  

             

Visita a centros de Formación Profesional

O alumnado de 2.º ESO e FP Básica compartiu este martes a visita a outros centros de ensino. A saída comezou polo CIPF Ferrolterra no que recibiron explicacións sobre os diferentes ciclos que imparten alí. Na segunda parte da xornada desprazáronse ata o CFEA Sergude, un centro especialidado na familia profesional agraria.

CIPF Ferrolterra

 

CFEA Sergude

Premio concurso do entroido

O alumnado de 4.º ESO-B e FPBásica I gozaron ao longo da mañá deste martes dos seus respectivos premios no concurso de disfraces de aula do entroido. Nun caso desprazáronse ata as instalacións de Humor Amarelo na Coruña e noutro, ao Sould Park Jump de Narón. Trátase, asemande,das primeiras saídas en autobús coas que o centro pretende ir cara á normalidade das actividades complementarias e extraescolares.

Día da Poesía (21 de marzo)

Neste día facemos unha pequena escolma de poemas inspirados no mar e lembramos ao autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, o poeta Florencio Delgado Gurriarán.

     

Charla de Francisco Rodríguez sobre o 10 de marzo

O alumando de 4.º ESO asistiu a unha charla co político e antigo deputado Francisco Rodríguez. O asunto principal da actividade xirou arredor da conmemoración do 50 aniversario do 10 de marzo de 1972. Ademais da súa intervención, realizouse a proxección dun vídeo con testemuños e explicacións dos acontecementos e realizouse un breve debate.

Aviso da "Folga estudantil feminista" (8 de marzo)

Día de Rosalía

No Día de Rosalía achegámonos á súa obra xogando cos seus poemas.

 

 

 

 E felicitamos ao alumnado de FP Básica pola realización desta exposición:

Entroido, 2022

Volta ás clases

 

O  luns 10 de xaneiro retomamos as clases seguindo as pautas establecidas pola administración a nivel estatal:

A pertinencia de probas diagnósticas, test de detección, etc. serán sempre determinada por Sanidade en función da situación e protocolos en cada momento. En todo caso, os períodos de corentenas e illamentos serán os que Sanidade paute nas súas guías e protocolos, que son documentos que se van adaptando en función desta situación cambiante.
 

 

Samaín, 2021

 Iniciamos o mes de novembro coa tradicional festa de Samaín e o concurso de cabazas.
Agradecemos a colaboración do alumnado de FP.

Non esquezades recoller o voso premio na Biblioteca.

 

Plan Anual de Lectura

 

Plan Anual de Lectura 2021-22

Semana do 25 ao 29 de outubro

Comeza naESO a

HORA DE LER - ESO

1) Só para ler. Son quince ou vinte minutos de lectura non utilizables para realizar outras tarefas (estudar, deberes...)
2) Lectura libre. Cada un elixirá o que quere ler. O profesor/a pode recomendar lecturas e vixiar o contido das publicacións.

3) Individual silenciosa. É importante mater o silencio para permintir a concentración na lectura. Cando o grupo o decida, poderase ler en voz alta.
4) Se alguén non quere ler deberá estar calado ata que o profesor lle subministre outras tarefas relacionadas coa lectura ou a escritura. 

Plan de adaptación á situación covid 19 no curso 2021-2022

Axudas para o ensino e o transporte (Concello de Mugados)

Convocatoria de axudas para o ensino e o transporte do Concello de Mugardos 

PRAZO
do 1 ao 15 de setembro

Bases e solicitude

Recoñecemento aos mellores expedientes das ABAU

 

 Parabéns ás alumnas Sofía Cao e Sara Rodríguez recoñecidas hoxe no acto de homenaxe aos mellores expedientes das ABAU.

Minuto 56:33

Actividade no Club de Remo de Mugardos

Na semana do 7 ao 11 de xuño, todo o alumnado do IES Mugardos tivo a oportunidade e participar nunha actividade de promoción do Club de Remo de Mugardos. As sesións resultaron dunha colaboración entre o departamento de Educación Física e o club local, que tivo a ben dispoñer das embarcacións e dos monitores para realizar unha actividade ao aire libre, con todas as medidas de seguridade e de balde.

Os rapaces e rapazas puideron comprobar coma o esforzo é ineludible neste deporte, no que o adestramento é moi esixente pero a perseverancia da os seus froitos.

Unhas xornadas distintas para esquecer este curso tan duro que a rapazada superou con tanto ánimo. Parabéns a todos e todas!

Ao longo das segunda semana de xuño, todo o alumnado da ESO baixou á ribeira para realizar unha actividade práctica de coñecemento do remo. Grazas ao Club de Remo de Mugardos por abrir as súas portas aos centros educativos.

Para todas as familias animamos a seguir con esta toma de contacto cos deportes do mar coa inscrición na Escola de verán.

 

Circular fin de curso

Graduación de 2.º Bacharelato

Este venres, 21 de maio, celebramos a despedida de 2.º bacharelato correspondente á promoción 2019-2021. O propio alumnado organizou o acto cos tradicionais discursos e visionado das imaxes do seu paso polo centro. Entre outras contou coa intervención dos profesores titores Telmo de Paz e Miguel Gil. Salientamos a mención da matrícula de honra á alumna Sara Rodríguez Vilaboa.

Foi sen dúbida un ano duro. Co esforzo e mais a fortaleza da súa mocidade, o apoio das familias e do profesorado, esta promoción puido sacar o curso adiante.

Moita sorte, bachareis. Parabéns!!! 

 

Guía de lectura: "Diarios e cartas"

Guía de lectura
Diarios e novelas epistolares

07 Circular caso covid (23 de abril)

 

    

 Comunicamos que desde o día  22 de abril confirmouse 1 caso positivo 
no centro educativo ao que acode o seu fillo ou a súa filla. 

Agradecemos a súa colaboración imprescindible para que ningún membro
da comunidade
educativa asista  ao instituto no caso de manifestar síntomas
compatibles coa covid 19. 


Cómpre manter a máximo rigor nas medidas de protección individual e de
seguridade colectiva.

 

Xubilación de Gabriela

Grazas, Gabriela, por todos estes anos de boa e xenerosa dedicación ao ensino. No IES de Mugardos deixas unha fonda pegada de admiración e afecto. Desexamos que a xubilación che traia unha nova xeira de felicidade.

Reproducimos o emotivo poema escrito por Yoel e o vídeo do alumnado de 4.º ESO lembrando cando a profesora Gabriela lles levaba candies

  

 Xúbilo e saúde, teacher!!!

8 de marzo. Día Internacional da Muller

 

Detrás dun gran home hai sempre unha gran muller   Estereotipos da muller no cine
         
 
   

   

Elas


 

Circular sobre a folga feminista do 8M

Preme na imaxe

Comunicación de casos covid 19 (3 de marzo)

 

Comunicamos que hoxe, 3 de mazo, confirmáronse 2casos positivos no centro educativo ao que acode o seu fillo ou a súa filla.

Unha vez máis, agradecémoslles a súa colaboración para que ningún membro da comunidade educativa aisista presencialmente ao instituto no caso de manifestar algún síntoma compatible coa covid19.

 

 

Distribuir contido