Participa no concurso de pistas.
Todos os días unha pregunta.
APÚNTATE NA BIBLIOTECA.
Maio no xardín do instituto
Maio na biblioteca
Participa no concurso de pistas.
Todos os días unha pregunta.
APÚNTATE NA BIBLIOTECA.
Maio no xardín do instituto
Maio na biblioteca
Para o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato. Se buscas un verán alternativo, se desexas contactar co labor investigador, se queres convivir con estudantes de todo o territorio español nun ambiente universitario, ata o 16 de maio podes solicitar a inscrición nalgún dos Campus Científicos de Verán. Existen ata 1800 prazas para algún dos proxectos deseñados en varias universidades españolas. Os máis cercanos son o Campus Vida da Univ. de Santiago de Compostela e o Campus do Mar da Univ. de Vigo.
Consulta os requisitos académicos e condicións xerais na páxina http://www.campuscientificos.es/ ou directamente na convocatoria oficial do BOE.
Durante este mes de maio permanecerá instalado no corredor do instituto un punto de recollida de alimentos non perecedeiros para colaborar coa campaña de Cáritas. Todas as doazóns serán destinadas ás familias en emerxencia social do concello de Mugardos.
O IES de Mugardos quere facer público o seu agradecento a todas as persoas que dun ou doutro xeito colaboraron no III Rastro Solidario. Ás familias que doaron materiais, ao alumnado que atendeu o comercio, ao profesorado e persoal non docente e, en xeral a todos os veciños de Mugardos que se sumaron á iniciativa coas súas visitas, doazóns, compras e palabras de ánimo, moitas grazas! En especial, agradecemos ao Concello a cesión desinterada do local da Palmeira onde esperamos repetir a experiencia o vindeiro ano.
Sen a participación de todos non sería posible acadar o éxito que tivo a edición deste ano que supón a súa consolidación na programación do centro grazas ao impulso e boa organización de Leticia. Consideramos plenamente cumpridos os obxectivos educativos e satisfeitos polo resultado económico. Nos catro días que estivo aberto o rastro, triplicouse a cantidade do ano pasado. Recadáronse 1092 euros que xa foron enviados integramente á construción da escola en Oldonyo Sambu (Tanzania).
O equipo xuvenil feminino de Ares que vén de gañar Campionato de España de bateis celebrado esta fin de semana en Moaña. A tripulación, entre a que figuran as alumnas do instituto Nicole Maroño e Sheila Fernández, pechan deste xeito unha excelente tempada chea de éxitos. Parabéns!!!
FOTO: Diario de Ferrol
Grazas, Aida, por todos estes anos de xenerosa dedicación ao ensino. Para toda a comunidade educativa do IES Mugardos foi un inmenso pracer aprender de ti e traballar contigo. Desexamos que a xubilación che traia unha nova xeira de xúbilo en compaña da túa familia. Saúde e xúbilo, mestra.
|
Este martes recibimos a triste nova do falecemento de don Alberto Cintio. Grazas á sabedoría e xenerosidade deste sacerdote italiano, matemático e grande experto en astronomía, debemos o reloxio de sol da fachada oriental do noso instituto e, asemade, outros nas igrexas de Mugardos e Ares. Preme na imaxe para avanzar |
O Club do Mar de Mugardos convoca o seguinte concurso para atopar un nome co que bautizar a nova traíña.
![]() |
BASES |
Ata o día 11 de abril, no local de mariores de Mugardos, pode visitarse esta exposición dedicada á figura destacada do galeguismo Ramón Suárez Picallo, deputado nas Cortes da República, impulsor do Estatuto de Autonomía, xornalista e reputado orador xunto co seu irmán Antón, represaliado e asasinado en 1936.
(Máis información; http://www.blogoteca.com/acsuarezpicallo/)
Máis: Galería de imaxes
![]() |
|
O pasado sábado dous equipos de bacharelato do IES Mugardos participaron na fase preliminar da terceira edición do Parlamento Xove. É esta unha actividade organizada pola Xunta de Galicia en colaboración coa Deputación da Coruña que ten por obxectivo fomentar entre a mocidade o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias a través de debates estruturados con regras precisas. O asunto a debater dialecticamente esta fin de semana foi: "A xuventude no contexto mundial actual: cara a un modelo máis participativo ou máis individualista?". O equipo de 1º BAC estivo formado por Goretti, Andrea, David e Javier. O de 2º BAC integrárono Natalia, Emily e Bernardo. Como pode intuirse, é necesaria unha preparación previa de investigación e preparación de argumentos nas dúas posturas a defender que foi dirixida pola profesora de filosofía Ofelia Lubián e por Serafín Álvarez, profesor de galego. A competición resultou moi interesante e formativa se ben non se obtivo a clasificación para a fase final que se celebrará no Parlamento Galego.
Diario de Ferrol: "El IES Mugardos representó a la comarca en el Parlamento Xove" |
Gran entroidada inaugural Concurso de Repostería: 1º. Premio: 1ºESO-B Galería de imaxes
|
O Concello de Mugardos anuncia os concursos artísticos que se fallarán nos próximos meses. A maioría deles está aberto aos menores de 18 anos. Consulta as bases:
V Concurso de Poesía Concello de Mugardos - Día da Poesía (21 de marzo)
XV Concurso de carteis da Festa do Polbo
![]() |
O Concello de Mugardos en colaboración con AS.PA.NE.MI (Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía) convida a toda a comunidade educativa do IES Mugardos a colaborar na campaña de recollida solidaria de tapóns de plástico para axudar a Sonia, unha nena ferrolá de dez anos que padece Ataxia Telangiectasia. |
A cafetería do IES de Mugardos tamén colabora na recollida de tapóns solidarios.
Educación en valores a través do baloncesto
Charla-coloquio dirigida a pais e técnicos impartida por FERNANDO ROMAY e JOSÉ MANUEL BEIRÁN
Confirmación de asistencia en didacticaparapadres@feb.es
Máis información en
www.fundacion-feg.org
Esta semana comeza o curso "Xestión e mediación de conflitos, dende a perspectiva de xénero". Desenvolverase en seis sesións, ao longo dos próximos venres, no Centro Cívico Municipal.
DATAS: Venres, 20 e 27 de xaneiro
Venres, 3, 10, 17 e 24 de febreiro
HORARIO: 16:30-18:30 horas
LUGAR: Centro Cívico Municipal de Mugardos.
Máis información, no Departamento de Orientación.
O próximo luns día 21 comeza no CIFP Ferrolterra un curso sobre Freemind e Dia
Freemind: Programa para a creación de mapas mentais e conceptuais que permite:
1- Preparar clases de todo tipo para os alumnos
2- Organizar e preparar reunións de departamento
3- Elaborar plans de traballo para preparar clases
4- Para organizar o noso plan de traballo diario
5- Para tomar notas e apuntamentos
6- Expresas ideas complexas e difíciles de redactar
7- Preparar un presentación pública
8- Preparar e dirixir unha reunión
Dia: Programa para crear todo tipo de diagramas, por exemplo:
1- Organigramas
2- Esquemas de electricidade ou electrónica
3- Esquemas de redes
4- Diagramas de fluxo
5- Esquemas con elementos en 3D
6- Mapas de todo tipo
7- Debuxos con utensilios usados en química
Durante toda esta xornada realízanse unha serie de exercicios prácticos relacionados con estes contidos.
Para participar poñerse en contacto co CFR de Ferrol ou a través da páxina da Xunta.
Para ver a presentación interactiva:
http://www.futureworkss.com/educacion/freeminddia/Inicio.htm
Para ver os exercicio que se van realizar:
http://www.futureworkss.com/educacion/freeminddia/ejercicios/Ejercicios.pdf
Os drásticos recortes da Xunta de Galicia condenan á desaparición a Preescolar na Casa. Pedimos a túa colaboración para evitar este feito.
Co rogo da súa máxima difusión enviámosvos o comunicado da Mesa Galega de Educación no Rural e a ligazón da petición publica de sinaturas na rede :
http://www.peticionpublica.es/PeticaoVer.aspx?pi=PnC2011
Grazas pola vosa colaboración.
Nova Escola Galega
Rúa San Clemente, 18. Baixo15705 Santiago de Compostela
Tel./Fax: 981 562 577
www.nova-escola-galega.org
neg@mundo-r.com
O sábado, 5 de novembro, na Praza da Constitución de Ares, terá lugar o I MAGOSTO SOLIDARIO. A intención é recadar fondos cunha finalidade solidaria. A organización, coa colaboración do Concello de Ares, pide a participación de todos aquelas persoas que queiran botar unha man.
Podes atopar máis información na páxina de facebook:
https://www.facebook.com/event.php?eid=187195438023982
A sección bilingüe de 2º ESO, na clase de Educación Física,
dálle unha agarimosa benvida á lectora de inglés, Gwendolyn.