O pasado venres celebramos o tradicional magosto coas seguintes actividades:
- Baiuca 4º ESO: Venda de produtos pro excursión de fin de curso.
- Reparto de castañas ofrecidas pola ANPA
- Xincana
- Papiroflexia e reciclaxe (3.º ESO)
O pasado venres celebramos o tradicional magosto coas seguintes actividades:
Este mes inauguramos a canle YouTube do instituto. Nel irán aparecendo os vídeos producidos no centro. Comezamos polo magnífico traballo do alumnado de Cultura Clásica (4.ºESO) dirixidos polas profesoras Olga Cabalar e Begoña Allegue.
Cultura Clásica (4.º ESO)
O presidente da Real Academia de Medicina de Galicia, doutor José Carro, e o especialista en nutición e técnicas de adestramento físico Santiago Carro impartiron esta mañá unha charla sobre a importancia de loitarmos contra o sedentarismo e asemade mantermos hábitos saudables na preparación e consumo dos alimentos. Foron dúas horas cheas de mensaxes prácticas coa posibilidade de intervencións do alumnado para resolver dúbidas con estes expertos que souberon responder ás expectativas do alumnado da ESO.
Ligazóns:
As dianas e arcos da asociación Ares Arco cambiaron esta mañá o campo de tiro de Santa Catalina polo pavillón do instituto. Foi unha clase de Educación Física diferente. Todo o alumnado tivo a oportunidade de facer puntería e coñecer na práctica este fermoso deporte.
Dentro das actividades do programa europeo de intercambio de profesores no que participa o noso centro, xunto con outros de Ferrol e o Centro de Formación de Profesorado, a tarde do luns recibimos a visita de catro docentes da cidade galesa de Cardiff. Primeiramente foron recibidos pola corporación municipal do Concello de Mugardos.
No concurso de cabazas deste ano resultaron premiados os seguintes traballos:
Parabéns a todos os participantes.
Co gallo da xubilación de Errose Landa, o alumnado amosou nun acto de despedida vibrante de emocións o seu grande afecto e respecto por unha das figuras docentes máis valorandas do instituto.
Grazas, mestra, por todo o traballo e bo facer que deixa no IES de Mugardos unha fonda pegada.
A xornada de folga contra a LOMCE tivo un seguimento no IES de Mugardos no día de hoxe do 96% do alumnado e o 60% do profesorado.
Ligazóns:
Prensa:
Comezou a HORA DE LER.
Non esquezas o teu libro.
Continúa na entrada do instituto a exposición sobre as bolboreta monarca. Lembra o pequeno premio que podes conseguir grazas a elas.
O alumado de 2.º ESO participou este venres no I Encontro da Rede de Centros Solidarios de Galicia formada neste momento por oito institutos e colexios. Cada un deles presentou a curtamentraxe gravada o curso pasado e deu a coñecer os proxectos e campañas levadas a cabo no seu centro. Para iso contamos cun stan e participamos en diferentes actividades lúdicas e un mercado de troco. Todos recibirán unha certificación oficial desta experiencia.
Noticia Voluntariado Galego
Fotos na Galería
- - - 0 0 0 - - -
Micromovie coa participación directa do alumnado do IES MUGARDOS, onde se promoven a través desta ficción as accións solidarias que se realizan no centro, no marco do proxecto "Micromovies solidarias" da Rede de Centros Escolares Solidarios. Arelar desenvolveu a coordinación técnica do proxecto.
PRESENTACIÓN DO CURSO AOS PAIS E NAIS
Recepción da dirección ás familias
A conmemoración do 25.º aniversario do instituto culminou este venres, 21 de xuño, coa organización dun intenso Acto Cultural e a celebración ao día seguinte, dun xantar de convivencia.
ACTO CULTURAL
A primeira parte estivo protagonizada pola interpretación musical e a proxección de diferentes traballos audiovisuais realizados polo alumnado. Comezamos cun repaso ás actividades do Equipo de Dinamización Lingüística. Puidemos desfrutar das voces de Iria (4.º ESO), Javier (3.º ESO) e o coro de alumnas de francés (4.º ESO); a lectura dun relato de Pablo Rañales (2.º ESO) e o o pase dos catro vídeos producidos por 1.º Bacharelato na materia de música para o Proxecto Salvavidas sobre doazón de órganos. Tamén asistios á estrea da curtametraxe gravada por 1.º ESO para a Rede Galega de Centros Solidarios.
2.º PREMIO "ESTUDO E DEPORTE"
Á entrega dos premios e mencións honoríficas asistiu o Xefe territorial de Deportes, Roberto García, e varios representantes dos clubs e asociacións deportivas da comarca. Deste xeito, o Premio Estudo e Deporte entra nunha fase de consolidación para os vindeiros anos.
ACTO INSTITUCIONAL
Coa intervención de todos os representantes da comunidade educativa e autoridades municipais de Ares e Mugardos pechamos o acto cultural. Pasaron polo estrado: Luis Manuel Brage, presidente da ANPA "O Castro"; Javier Maceiras, representate do alumnado no Consello Escolar e Iria Rodríguez, ex alumna e actual encargada da Responsabilidade Social Corporativa de Gadisa; Juan Carneiro, profesor de Xeografía e Historia; M.ª Josefa Martínez, administrativa do centro; Covadonga Rodríguez-Moldes, directora do IES Mugardos; Julio Iglesias, alcalde de Ares; Manuel Fariña, ex-alcalde de Mugardos; Xosé F. Barcia, alcalde de Mugardos; Indalecio Cabana, Inspector Xefe en representación da Consellería de Educación.
XANTAR 25 ANIVERSARIO
O sábado, 22 de xuño, celebrouse o xantar de convivencia organizado pola ANPA e a dirección do centro e ao que asisiron máis dun centenar de persoas.
O alumnado de 2.º ESO participou con éxito nos concursos literarios convocados por Coca-Cola en galego e en castelán. En ambas as linguas resultamos ben clasificados. En castelán, dous alumnos do centro figuraron entre premiados da zona de Ferrol.
Pablo J. Rañales (1.º- Ferrol) e Alberto Pérez (6.º-Ferrol)
Pablo J. Rañales (1º-Ferrol)
Un ano máis, este venres realizouse a Rota Ciclista Escolar promovida polo Concello. Tres horas de percorrido polos camiños de Mugardos. Aquí está unha boa parte dos nosos representantes no quilómetro cero.
A semana pasada, os Clubs de Lectura da ESO realizaron dúas actividades.
O luns, no Club de Lectura de 1.º e 2.º ESO, descubrimos que desde Ares estanse a deseñar moitas das portadas actuais dos libros da colección Fóra de Xogo (editorial Xerais). Ou traballos gráficos para grupos de rock en Noruega e Inglaterra. Todo da man e sensibilidade artística de Antonio Seijas. Contounos algúns segredos do seu traballo como a importancia da comprensión lectora para poder ilustrar; e deixounos algunhas dedicatorias baseadas na novela Cartas de Inverno que el adaptou magnificamente en banda deseñada. Grazas, Antonio.
O martes, xunto cun grupo do IES Fraga do Eume (Pontedeume), o Club de Lectura de 3.º e 4º ESO visitou o Museo Provincial de Lugo onde realizou unha interesante actividade de busca de información polas salas do museo. Logo realizamos compras na Libraría Trama.
Coa colaboración da ANPA, o departamento de Matemáticas entregou a semana pasada todos os premios dos concursos que promocionan. A cantidade de diplomas testemuñan o éxito de participación que acadou nesta edición o Concurso de Polinomios ou o Open matemático.
Esta semana celebráronse no centro varias actividades relacionadas coa saúde. O alumnado de 1.º e 3.º ESO asistiron a unha charla informativa sobre a diabete impartida por DAMIÁN GARCÍA.
Ademais, esta tarde, o profesor de Anatomía no INEF e especialista en medicina do deporte, CARLOS AGRASAR, impartiu unha charla sobre primeiros auxilios centrada na reanimación cardio pulmonar (RCP) e a ventilación boca a boca. A sesión foi eminentemente práctica e o alumnado de bacharelato puido coñecer e ter un primeiro contacto con estas técnicas.
Esta mañá o Club de Lectura participou en Pontedeume no acto de confraternización entre o Club de Lectura e a biblioteca do IES Fraga do Eume dentro dos actos de conmemoración do 25º aniversario de ambos os centros. A visita comezou cunha confencia de Carlos de Castro Álvarez, autor da novela La casa de la linterna. A continuación visitamos os lugares polos que transcorre a obra lida e comentada para a ocasión polo alumnado asistente. A mañá rematou cun magnífico xantar ofrecido na Escola de Hostelería.
10:10 horas do xoves, 25 de abril: Explosión na sala de caldeiras e un operario ferido.ALARMA DE INCENDIO. Evacuación total ao punto de encontro na cancha de balonceso.A través do 112 mobilízanse os efectivos da Policía Local, Protección Civil, Gabinete psicolóxico do Concello de Mugardos, dúas dotacións de bombeiros e 061.
Durante as vindeiras semanas analizaremos os datos recollidos co SIMULACRO e aprenderemos dos erros e acertos.
Na terceira sesión das charlas de orientación académica protagonizadas por antigas antigas alumnas estiveron onte no centro Beatriz Martínez, Noelia Barreiro e Noemí Pérez. Cunha coidada preparación informaron de primeira man das súas respectivas carreiras. Un coidadoso repaso do plan de estudo de Educación Infantil, no caso de Beatriz, e a importancia cada vez meirande da Terapia Ocupacional, no caso de Noelia e Noemí.
Ás tres agradecemos a súa gran colaboración na orientación académica e profesional do alumnado de 2.º de Bacharalato xa na recta final do seu paso polo instituto.
A presidenta de AS.PA.NE.MI, Montse Fraga, recolleu esta mañá os sacos de tapóns que ao longo do curso fomos recollendo na entrada do instituto. Un grupo de 2.º ESO escoitou as palabras de agradecemento e invitación a continuarmos coa campaña. Tamén asistiu ao acto Sindo, da cafetería do centro, e contamos coa presenza de Lela, a avoa de Alba para quen irán destinados os fondos recadados e a quen enviamos unha aperta solidaria.
Imaxes na Galería