![]() |
blogue deadmin
Circular sobre a folga estudantil convocada para o 25 e 26 de febreiro
Enviado por admin o Lun, 23/02/2015 - 17:07PREMER NA IMAXE OU ABRIR DOCUMENTO ADXUNTO
Tempo de lembranzas
Enviado por admin o Sáb, 21/02/2015 - 15:21Serie de gravacións sobre a memoria histórica de Mugardos. Comeou no curso 2013-2014 cun encontro con mulleres no Local Social de Maiores e unha charla con Guillermo Gallego. A máis recente é a gravación da charla mantida con Loli Vázquez Filgueiras.
Lista de reprodución na Canle YouTube.
Festival de Entroido
Enviado por admin o Dom, 15/02/2015 - 18:44
F e s t i v a l d e e n t r o i d o |
Charla con Loli Vázquez
Enviado por admin o Xov, 05/02/2015 - 20:14A biblioteca foi escenario hoxe dunha emotiva lección de historia a cargo de Loli Vázquez. Diante dun atento auditorio de alumnos e alumnas de 4.º ESO e bacharelato, a coñecida mugardesa foi dando testemuño da memoria persoal, familiar e colectiva de Mugardos durante a posguerra e a loita contra a represión franquista.
Proximamente, publicaremos a gravación da charla dentro da serie de entrevistas "Tempos de lembranza", comezadas o curso pasado.
Unha vez máis, Loli, moitas grazas.
Obradoiro de Química (Programa de Mellora - 2.º ESO)
Enviado por admin o Mér, 04/02/2015 - 20:36O luns, 2 de febreiro, desenvolveuse unha nova actividade do Programa de Mellora. Os alumnos de 2.º ESO inscritos puideron realizar tres experimentos no laboratorio de química, guiados pola profesora Teresa Rodríguez.
|
![]() |
Sierpinski Carpet Project
Enviado por admin o Xov, 29/01/2015 - 01:00
Alumnado de 3.º ESO participante no proxecto - Ligazón a Ferrol 360º
Páxina 5th iteration of the Sierpinski Carpet Project - Galicia
Construción dun hipercubo (Programa de Mellora - 2.ºESO)
Enviado por admin o Mar, 27/01/2015 - 22:27Este luns, 26 de xaneiro, comezaron as actividades do programa de mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia correspondente ao alumnado de 2º ESO. Nesta primeira sesión a profesora, a profesora de matemáticas Covadonga Rodríguez-Moldes adentrounos na comprensión da cuarta dimensión a través da construción dun hipercubo.
A vindeira sesión estará dedicada á oratoria. (Ver Programa con datas non definitivas).
![]() |
![]() |
|
Actividades de Educación Física no mes de xaneiro
Enviado por admin o Mér, 21/01/2015 - 23:46
|
|
ORIENTACIÓN |
TORNEO DE FÚTBOL SALA
|
Na Olimpíada Matemática, 2015
Enviado por admin o Ven, 16/01/2015 - 16:31As alumnas de 1.º Bacharelato Laura, Aida, Cintia e Raquel participaron este venres na Olimpíada Matemática Galega acompañadas do profesor José Luis Mayobre.
Enlace: + Fotos OMG, 2015
O Club de Lectura na Revista Galega do Ensino
Enviado por admin o Sáb, 20/12/2014 - 14:41Para coñecerdes a historia do club de lectura, non perdades a lectura deste emotivo artigo publicado en Eduga (Revista Galega do Ensino). Descubride quen é a Polgariña que ao longo dos últimos cinco anos foi deixando pequenas sementes de grandes iniciativas de animación á lectura no instituto.
Eduga (Revista Galega do Ensino), n.º 68 / xullo-decembro 2014
Cesta pro excursión fin de curso (4.º ESO)
Enviado por admin o Sáb, 20/12/2014 - 13:47![]() |
As catro últimas cifras do número premiado no sorteo do cupón da ONCE do 17 de decembro de 2014 foron o 5697. O agradaciado coa cesta da Nadal sorteada para recadar fondos para a viaxe de fin de curso dos alumnos de 4.º ESO resultou ser a familia de Rubén González Rodriguez. A entrega realizouse o pasado venres. Parabéns!!!
|
Final do Campionato de Polinomios
Enviado por admin o Mar, 16/12/2014 - 23:29Logo de varias semanas de partidas durante case todos os recreos, o venres pasado celebrouse a esperada final do Campionato de Polinomios. O equipo TRAPECIO, formado por Martín Pérez (2.º Bac. e Martín Martán (1.º ESO), demostrou ser o mellor equipo dos 50 equipos participantes. O segundo clasificado foi o equipo Ǝ (existe) composto por Miguel Á Fernández (2.º Bac.) e Julián Fernández (1.º ESO). Tamén quedou en lugar destacado os equipo ÁLXEBRA de Almudena Vila (1.º Bac.) e Ariadna Regueiro (1.º ESO); PRISMA Bran Rodríguez (2.º Bac) e Jorge Morado (1.º ESO); BOLZANO de Verónica Gonzáles (2.º Bac.) e Uxía Fernández (1.º ESO); e ALFA de Carmen Samartín (2.º Bac.) e Icía Díaz (1.º ESO).
A directiva da ANPA entregou os trofeos e diplomas.
![]() |
![]() |
||
![]() |
![]() |
Ademais da gran participación con máis de cen alumnos implicados, o gran traballo de organización do departamento de Matemáticas, e a colaboración económica da ANPA, o mellor do campionato foi a convivencia entre o alumnado de distintos cursos e niveis. Parabéns a todos.
Exposición "Áreas Mariñas Protexidas"
Enviado por admin o Dom, 07/12/2014 - 12:47Ao longo deste mes teremos connosco a exposición sobre as Áreas Mariñas Protexidas confeccionada polo CEIDA. A exposición foi cedida polo Concello de Mugardos. A biblioteca elaborou un cuestionario de busca de información.
![]() |
![]() |
![]() |
Pulseiras solidarias no Día do Voluntariado (5 de decembro)
Enviado por admin o Ven, 05/12/2014 - 17:48No Día Internacional do Voluntariado (5 de decembro), o alumnado de 1.º ESO participou na actividade impulsada pola Rede de Centros Escolares Solidarios (RCES). A primeira hora contactaron con outros centros da rede por videoconferencia e durante os recreos venderon as pulseiras confeccionadas por eles mesmos. Recadaron en total 82 euros que, logo de varias propostas analizadas na clase de Atención Educativa, se doarán a UNICEF.
![]() |
![]() |
Eleccións ao Consello Escolar, 2014
Enviado por admin o Ven, 28/11/2014 - 20:15Estes son os resultados das eleccións ao Consello Escolar celebradas este venres, 28 de novembro.
PAIS, NAIS, TITORES LEGAIS | ||||
Candidatas electas | Isabel Margaretto Rodríguez | |||
Estela Pérez Filgueiras | ||||
Suplentes | Domingo Rubianes Souto | |||
José María Rumbo Prieto | ||||
Teresa de Jesús Rumbo Prieto |
ALUMNADO | ||||
Candidatos electos | Pablo Javier Rañales Pérez | |||
Carlos Bello Pita | ||||
Suplentes | Sara Romero | |||
Cristian Sánchez Rocha | ||||
Sara Salido Hermosilla |
PROFESORADO | ||||
Candidatos electos | Begoña Allegue Rodríguez | |||
José Luís Mayobre Antón | ||||
Francisco Canoura Quintana | ||||
Suplente | Telmo de Paz de Luis |
Poderanse presentar reclamacións por un prazo de quince días perante o Delegado Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Votación dos alumnos
Votación das nais
Votación dos profesores
Proclamación de cadidaturas ao Consello Escolar
Enviado por admin o Lun, 24/11/2014 - 23:41Spot para a Rede de Centros Escolares Solidarios
Enviado por admin o Xov, 13/11/2014 - 19:45
Outros spots: Arelarproxectos
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- …
- seguinte ›
- última »
![RSS - blogue deadmin Distribuir contido](/centros/iesdemugardos/misc/feed.png)