Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Educación física

Recoñecemento 2.º reto do Camiño Inglés

Este xoves entregamos o recoñecemento aos participantes que superaron os segundos 50 km simbólicos do Camiño Inglés rexistrados na aplicación Strava. O acto consistiu na entrega de diplomas, medallas e trofeos. 

Parabéns aos participantes e animamos a toda a comunidade educativa a sumarse ao terceiro reto xa en marcha.

Fin do segundo reto do Camiño Inglés e comezo do terceiro

           Este luns finalizamos o 2º reto do Camiño Inglés. A comunidade educativa do IES Mugardos segue avanzando quilómetros e vaise achegando a Santiago cada vez máis. Xa só queda a derradeira etapa para finalizar o reto deste curso. Nesta etapa teremos que percorrer 70 quilómetros para finalizar e chegar á catedral. 

Durante este percorrido atopamos grupos moi parcipativos loitando por ser os máis activos do IES, e grupos cunha igualdade máxima para alcanzar os premios. Destacamos o grupo de 1º ESO, cunha igualdade máxima e unha motivación moi boa. Parabén polo esforzo!!!

O 3º reto comezará o venres 14 de abril e finalizará o domingo 18 de xuño. O obxectivo son 70 quilómetros. Durante o día 14 recibiredes a invitación para unirse ao reto.

 

Recoñecemento primeiro reto do Camiño Inglés

Este venres entregamos o recoñecemento aos participantes que superaron os primeiros 50 km simbólicos do Camiño Inglés rexistrados na aplicación Strava. O acto consistiu na entrega de diplomas, medallas e trofeos. 

Parabéns aos participantes e animamos a toda a comunidade educativa a sumarse ao segundo reto xa en marcha.

Recoñecemento do 1.º reto Camiño Inglés

10/03/2023 12:30
10/03/2023 12:45
Europe/Madrid

Entrega de melladas e diplomas

Venres, 10 de marzo (2.º recreo)

Pavillón

Superado o 1.º reto strava do Camiño Inglés

Persoas que acabaron o 1° reto.

 

Torneo XOGADE de fútbol sala fenimino

  O xoves 19 de xaneiro tivo lugar o comezo do torneo feminino de fútbol sala organizado polo programa XOGADE. As nosas rapazas competían nos cursos de primeiro e segundo da ESO formando dous equipos con mestura de idades.
As alumnas do IES Mugardos estiveron practicando e formando equipo durante as semanas previas aproveitando os recreos para xogar ao fútbol no pavillón. Nestes momentos foron coñecéndose e formando amizades.
Chegou o día, a primeira sede foi no CPI Plurilingüe Virxe da Cela en Monfero. Durante a viaxe en autobús ata o instituto as alumnas aproveitaron para ir quentando...a voz. Un concerto en homenaxe a Shakira cantando todos os seus temas especialmente o tema dedicado a Piqué...notábase o bo ambiente entre as nenas e as gañas de falar de fútbol.
Unha vez no pavillón do instituto as nosas rapazas abriron o torneo xogando elas. A entrega, as ganas de xogar e as caras de felicidade deixaban clara a ilusión que tiñan por participar neste evento. Os resultados son o de menos xa que o obxectivo era fomentar o deporte feminino e forxar amizades entre elas, aínda así gañáronse varios partidos polo bo facer das alumnas.
Quedamos á espera do seguinte evento que enfrontará ás alumnas do IES Mugardos coas alumnas do IES As Mariñas de Betanzos e do IES Breamo de Pontedeume.
Ata o momento gran ambiente e moi bos recordos os vividos, oxalá este tipo de eventos expándase e a todos “nos salpique”.
 

Liga de fútbol feminina (2.º e 3.º ESO)

19/01/2023 10:30
19/01/2023 14:00
Europe/Madrid

Dentro da iniciativa  "Xogade", unha selección de alumnas de 2º de ESO e de 3º de ESO participarán nun campionato de fútbol que se celebrará en Monfero.

Únete aos retos do Camiño de Santiago. Aplicación STRAVA

 Este ano contamos no instituto cun proxecto centrado no Camiño de Santiago que ademais de buscar un achegamento cultural tamén propón un fomento de estilos de vida saudables a través de camiñadas, carreiras e saídas en bicicleta. 

  

EN QUE CONSISTE?

Lanzaranse 3 retos progresivos ao longo do curso baseados na consecución de distancias marcadas onde alumnos/as, profesores/as e familiares poderán tentar alcanzar estas metas, competindo a maiores por subiren ao pódium de cada reto.

1º RETO

Desde o 19 de decembro até o 19 de febreiro. Deberemos alcanzar unha distancia de 50km percorridos.

2º RETO

Desde o 20 de febreiro até o 10 de abril. Deberemos alcanzar unha distancia de 50km percorridos.

3º RETO

Desde o 11 de abril até o 18 de xuño. Deberemos alcanzar unha distancia de 70km percorridos.

Cómpre salientarmos que aínda que lográsemos alcanzar a distancia do reto antes da súa finalización, sempre podemos tentar aumentar a nosa quilometraxe e competir por ser os máis activos do IES Mugardos.

Estes 3 retos virán acompañados de información cultural achega do Camiño Inglés. Deste xeito descubriremos lugares descoñecidos a visitar durante este proceso.

 + INFORMACIÓN:
        Consulta a documentación e comeza o reto!!!

 

Campionato escolar de remoergómetro

Ao longo da mañá do martes, 8 de novembro, o pavillón do instituto acolleu o primeiro campionato de remo-ergómetro organizado polo Club do Mar para todos os centros educativos do concello de Mugardos. O alumnado participou por niveis educativos, desde terceiro de primaria ata cuarto de secundaria.

Asemade, estanse a disputar durante os recreos as probas dos Xogos Olímpicos.

Campionato escolar de remoergómetro

08/11/2022 09:15
08/11/2022 13:30
Europe/Madrid

Campionato escolar de remoergómetro

PARTICIPANTES: Centros de ensino do concello de Mugardos

ORGANIZA: Club do Mar de Mugardos

Excursión ao complexo acuático de Cerceda

O alumnado de 2.º ESO, acompañado dos profesores Mikel Pasabant e José Luis Mayobre,  gozou este luns dunha intensa xornada de no Aquapark de Cerceda.

Programa Corresponsables da Federación Galega de Tenis. Inscrición

 

 

O IES de Mugardos en colaboración coa ANPA O Castro acolle o programa Corresponsables da Federación Galega de Tenis. Trátase de clases de tenis completamente de balde (monitores e materiais) para os nenos e nenas menores de 16 anos. O período de actividade realizarase segundo a elección preliminar das familias entre as entidades suscritas ao programa e meses e horarios dispoñibles. No noso caso comezará no vindeiro mes de xullo polas mañás e continuará polas tardes o primeiro trimestre do vindeiro curso (tardes). O formulario de inscrición permite gran flexibilidade de elección entre horarios e meses.

 - Menores de 16 anos.

- Grupos reducidos (entre 4 e 8) formados segundo a idade e logo o nivel.

 LUGAR:

Pavillón e pista deportiva do instituto

 HORARIO:

Xullo, en días e quendas de mañá a elixir os días

Setembro, outubro e novembro: de luns a xoves en quendas de tarde a elixir os días

 INSCRICIÓN

Establécese un prazo de inscrición centralizado a través da FGTenis. Na súa páxina web está dispoñible todo o catálogo de actividades e entidades que as acollen.

 Fomulario de inscrición do IES de Mugardos

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScGY8Xv_xrz9UgXYwjLyXhS5dNpt1yHTYpdRkvznjs64Bv3MA/viewform

 

 Ademais, tamén poderíamos ter esta actividade gratuíta en varios clubs de tenis da zona, sobre todo para o mes de agosto:

  

 

 

PING PONG LEAGUE (Recreos activos)

31/01/2022 00:00
26/03/2022 00:00
Europe/Madrid

Actividade no Club de Remo de Mugardos

Na semana do 7 ao 11 de xuño, todo o alumnado do IES Mugardos tivo a oportunidade e participar nunha actividade de promoción do Club de Remo de Mugardos. As sesións resultaron dunha colaboración entre o departamento de Educación Física e o club local, que tivo a ben dispoñer das embarcacións e dos monitores para realizar unha actividade ao aire libre, con todas as medidas de seguridade e de balde.

Os rapaces e rapazas puideron comprobar coma o esforzo é ineludible neste deporte, no que o adestramento é moi esixente pero a perseverancia da os seus froitos.

Unhas xornadas distintas para esquecer este curso tan duro que a rapazada superou con tanto ánimo. Parabéns a todos e todas!

Ao longo das segunda semana de xuño, todo o alumnado da ESO baixou á ribeira para realizar unha actividade práctica de coñecemento do remo. Grazas ao Club de Remo de Mugardos por abrir as súas portas aos centros educativos.

Para todas as familias animamos a seguir con esta toma de contacto cos deportes do mar coa inscrición na Escola de verán.

 

4.º ESO - Iniciación ao remo no Club do Mar

08/06/2021 12:45
08/06/2021 14:25
Europe/Madrid

Iniciación ao remo

Club do Mar de Mugardos

 

4ª ESO: martes 8 a 5ª e 6ª horas.

3.º ESO - Iniciación ao remo no Club do Mar

11/06/2021 10:45
11/06/2021 12:45
Europe/Madrid

Iniciación ao remo

Club do Mar de Mugardos

3º ESO: venres 11 a 3ª e 4ª horas, 

 

2.º ESO - Iniciación ao remo no Club do Mar

08/06/2021 09:35
08/06/2021 11:35
Europe/Madrid

Iniciación ao remo

Club do Mar de Mugardos

2º ESO: martes 8 a 2ª e 3ª horas, 

 

1.º ESO - Iniciación ao remo no Club do Mar

09/06/2021 10:45
09/06/2021 12:45
Europe/Madrid

Iniciación ao remo

Club do Mar de Mugardos

1º ESO: mércores 9 a 3ª e 4ª horas,

Ruta a pé

Ruta a pé, toda a tarde do martes 20 e abril, na que participou o alumnado de 1.º Bacharelato A e C; 4.º ESO B e 2.º ESO. Camiñata de convivencia e exercicio saudable.

Ruta cicloturista (4.º ESO)

 

    

 O pasado venres 26 de marzo, o grupo de 4º ESO B realizou unha ruta en bicicleta pola contorna, coa idea de percorrer as paraxes máis vistosas que temos a carón de nós. O percorrido polo Faro, o Castelo da Palma, O Mirador da Bailadora e Roibeiras deulles aos rapaces participantes a oportunidade de poñer a proba tanto as súas habilidades coma a súa resistencia, xa que houbo para todos.

 Tivemos a grande sorte de vernos acompañados dunhas boas raiolas de sol e da tranquilidade da mañá. A natureza consigue moitas veces o que os docentes non acadamos entre catro paredes, que é devolverlles a tranquilidade! Voltamos felices.

Carreira de orientación deportiva

O pasado venres os alumnos e alumnas de 1º da ESO gozarn dunha sesión de dúas horas para facer unha carreira de orientación na contorna do centro. A actividade tivo lugar no Baño, aproveitando o fermoso día de sol que nos acompañou.
A xornada foi preparada polo alumnado de 3º da ESO durante varias sesións previas, e consistiu na colocación de balizas de orientación en rumbos previamente medidos e establecidos por eles mesmos. Cada grupo de 1º da ESO contou cun "padriño" ou "madriña" de excepción, xa que contamos coa colaboración dos alumnos de Tecnoloxía de 1º de Bacharelato, co seu profesor Diego Calvo á cabeza. Os padriños guiaron ós pequenos na interpretación dos mapas e acompañáronos durante os desprazamentos e na carreira (mesmo algún correu todo o tempo con eles).
Os rapaces e rapazas de 3º da ESO establecéronse en "postas" ás cales acudían os distintos grupos a realizar pequenas e divertidas probas antes de buscar a seguinte baliza, e asinaban a tarxeta de control de cada grupo.
Aínda que houbo algún grupo que foi quen de atopar case todas as balizas, prevaleceu o espírito participativo e a convivencia nesta xornada na que os pequenos tiveron oportunidade de convivir cos maiores nunha contorna segura, aprendendo que se pode gozar do medio natural preservándoo e coidándoo.
 

Pautas fin de curso

PAUTAS PARA FINALIZAR O CURSO E PARA RECUPERAR AS MATERIAS DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

O alumnado que ten APTA (cualificación de 5 ou máis na 2ª avaliación) a materia de EDUCACIÓN FÍSICA, PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES e/ou ACTIVIDADE FÍSICA E VIDA SAUDABLE pode optar a subir nota presentando as tarefas propostas on-line na 3ª avaliación, tendo acceso á totalidade da cualificación de cada matéria.

O alumnado que ten INSUFICIENTE (cualificación de 4 ou menos na 2ª avaliación) na materia de EDUCACIÓN FÍSICA, PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES e/ou ACTIVIDADE FÍSICA E VIDA SAUDABLE pode aprobar o curso e optar á totalidade da cualificación de cada materia presentando os seguintes documentos nas aulas virtuais propostas (Edixgal no caso de 1º e 2º da ESO e Classroom no resto, agás aqueles alumnos/as que non teñen acceso a estes medios e aos cales se lles fará chegar pola vía acordada):

  • Libreta da 2ª avaliación redactada polo propio alumno/a (alumnado de 1ºESO, 3ºESO e 4ºESO).
  • Traballo da 1ª e 2ª avaliación correxidos no caso do alumnado de 1º Bacharelato, xunto coas actividades de recuperación e reforzo propostas na 3ª avaliación.
  • Actividades de recuperación e reforzo propostas na 3ª avaliación, enviadas polos medios correspondentes, no caso do resto do alumnado.

Outra información de interés:

·      Para todos os alumnos e alumnas que non teñen acceso aos medios dixitais citados, o centro educativo fará de intermediario para facerlles chegar as tarefas correspondentes.

·      O alumnado que ten aprobada a 2ª avaliación ten aprobado o curso, ao tratarse de materias de avaliación continua. Aínda así, animámosvos a seguir traballando na vosa formación e mellora, xa que o curso que ven agradecerémolo todos e todas!

Educación Física (Bacharelato)

1º- Bacharelato    2.º Bacharelato
Tarefas de reforzo e profundización no curso da aula virtual do IES Mugardos. Na espera da súa activación polo administrador, o traballo publícase na aula creada en Classroom: “El amor en los tiempos del cólera”. Nesta aula solicítanse tarefas que contribúen ao reforzo dos contidos do nivel educativo e á súa aplicación práctica.   Materiais formativos e de traballo no curso da aula virtual do IES Mugardos. Á espera da súa activación polo administrador, o traballo publícase na aula creada en Classroom: “El baile de la victoria”. Tarefa interdisciplinar con varias tarefas intermedias de entrega secuenciada, aplicable á situación actual.

https://classroom.google.com/u/0/h

 

Educación Física (3.º e 4.º ESO)

Tarefas na aula creada en classroom (entran a través do seu correo de Gmail, de Google), cunha aula creada para cada un dos niveis educativos onde xa teñen tarefas asignadas: “Sesións Complementarias”  (que en breve cambiará de nome, axustándose a cada grupo).

 https://classroom.google.com/u/0/h

Surf, megajump e visita ao INEF

O alumnado de Actividade Física (2.º Bac) realizou este martes a excursión á praia de Bastiagueiro para desenvolveren unha práctica de surf. Tamén aproveritaron a xornada cunha acticidade de magajump e unha visita ao INEF.

VIII PREMIO ESTUDO E DEPORTE

 

 

 

GALA DE ENtREGA DOS PREMIOS E MENCIÓNS

Venres, 21 de xuño

 

MIGUEL SEOANE, da Agrupación de Montaña e Escalada Bestarruza

MIKEL PASABANT, deportista galego de alto nivel (vela)

  

 

 

1.º Premio Plan Proxecta Apuntámonos a non beber

1.º PREMIO -  Plan Proxecta "Apuntámonos a non beber"

A Consellería de Sanidade vén de comunicarnos a resolución do Plan Proxecta "Apuntámonos a non beber" na que dous traballos do alumnado de  1.º ESO acadaron o premio na categoría de Análise da publicidade de bebidas alcohólicas.

As dúas clases de 1.º ESO traballaron ao longo do curso dentro da materia de Promoción de hábitos de vida saudables impartida polo profesor Camilo Soto.

A vindeira semana gozarán dunha xornada de lecer nas instalación de Aquapark, en Cerceda.

Parabéns!!!

1.º ESO - A    
Análise da campaña dae Beefeater Pink

   

    1.º ESO- B  
Análise campañas en instagram
(Martini, Estrella de Galicia, Absolut, Beefeater...)

 

 

 

 

Comunicado Sergas

INFORMACIÓN DO PROXECTA Apuntámonos a n on beber

VII Premio Estudo e Deporte

 

 Neste grupo de caras sorrintes e contaxiosa alegría queremos representar o mellor do curso 2017-2018 que hoxe despedimos, como desde hai xa sete edicións, coa entrega dos Premios Estudo e Deporte. Son unha magnífica representación de todos os niveis educativos do instituto e dos 36 clubs deportivos ou asociacións nos que o noso alumnado practica algún tipo de actividade física. De todos eles estamos moi orgullosos e recoñecemos o seu esforzo e talento.

No acto acompañáronos, por unha banda os representantes o equipo feminino de balonceso Star Center Uni Ferrol: a capitá do equipo, Patricia Cabrera, e o entrenador da magnífica temporada pasada, Lino López. Coas súas palabras e bágoas de emoción, Patri pedíalle ás rapazas que loitaran pola igualdade no deporte e aos rapaces que as apoiasen! Toda unha lección dos sentimentos e valores do deporte.

Tamén contamos coa presenza de Maca Cabaleiro, toda unha pioneira na promoción do deporte feminino e primeira muller que saíu de España para xogar ao balonceso. Contounos os inicios do baloncesto feminino na comarca en Mugardos e as dificultades que deberon superar.

    .    

 

Parabéns a todos/as os participantes!!!

Grazas aos clubs, ANPA e Concellos.

Distribuir contido